TVG2 - CSAG
BIBOPALULA: O parrulo campión
Parrulo está triste porque quere facer as mesmas cousas que os seus amigos. Os paxaros da Banda do Bosque apréndenlle que el ten outras aptitudes extraordinarias.
MADDIE E TRIGGS: O vento
Maddie enfádase co aire porque lle levou un paxaro de papel, pero vivirá unha aventura máxica en que descubrirá todo o que pode facer o vento.
MADDIE E TRIGGS: O parque para cans
A Triggs encántalle o parque para cans e intentará convencer unha cadeliña tímida de que é o mellor lugar do mundo.
TIMMY TIME: Timmy flota
A clase constrúe barcos, pero a Timmy tócalle con Stripey, que está moi constipado e destrúe por erro o barco de Otus.
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento vai ó cárcere
Durante a ausencia de Gato Chato, que foi á casa do seu tío Antoine, a Can Cheirento acúsano do roubo da televisión de Caniche e Basset. Gégé, convencido de que é o ladrón, méteo no cárcere. Mentres, Bulldog e Chihuahua aproveitan para mudarse á canella e descubrir o superpoder de Can Cheirento.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Sapotis
As irmás cativas de Alya acaban “akumatizadas” e convertidas en Sapotis, uns pequenos monstros descontrolados que provocan o caos na cidade.
SONIC BOOM: Eggman director
O doutor Eggman está rodando unha película e pídelle a Sonic que interprete nela o personaxe de si mesmo. Aínda que ao principio non quere, Sonic acaba traballando na película e convértese nunha estrela que ten ata dobre para as escenas perigosas. Chegado o día da estrea, Eggman está convencido de que a súa obra terá unha boa acollida por parte do público.
SONIC BOOM: O concurso de Chilepáns
Sonic vai ser o xuíz do concurso anual de chilepáns e todos queren facer a mellor salsa para ganar. Alguén fálalle a Knuckles dun pemento extraordinario e entrégalle un mapa para poder atopalo. Despois de superar varias probas, chega a un lugar onde coñece un pobo estraño ao que lle acabará axudando a recuperar o seu fogar.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 440
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 334
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
POLO REGO: POLO REGO II 85
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
POLO REGO: POLO REGO II 86
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
FONTEALBA: FONTEALBA 21
Mentres que a relación entre Elsa e Carlos parece tocar fondo, Amalia dálle a entender a Luís que está ao tanto do seu con Belén. Vera, cada vez máis preocupada pola perna, segue disposta a declarar. Aurora está a argallar a maneira de que Asun substitúa a Gonzalo en Hortodouro. Por outro lado, Nina descobre uns documentos sobre a venda de Fontealba.
FONTEALBA: FONTEALBA 22
Aurora presiona cada vez máis a Gonzalo para que se sinta incómodo no laboratorio. Parece que Carlos e Nina comezan a entenderse outra vez, pero a recente rutura con Elsa complica a situación. Roberto cae unha vez máis ante Marisa, ainda a risco de seren pillados. A operación secreta da venda de Fontealba sae á luz.
FONTEALBA: FONTEALBA 23
Luís está moi enfadado con Aurora por intentar vender Fontealba, ao tempo que en Hortodouro a posición de Gonzalo periga cada vez máis. Asun intenta aliviar a situación, pero a presión de Aurora é implacable. Roberto teme que Perfecta diga algo do seu con Marisa, polo que tentea a situación. Vera descobre por Elsa que a súa enfermidade non ía tan ben como parecía.
FONTEALBA: FONTEALBA 24
A situación na casa dos Vilar non amaina: Vera ten medo pola perna e está enfadada con Gonzalo, que sente que o seu posto en Hortodouro periga. Xorden problemas co Rácing e Amalia descoñece os plans que Luís leva a cabo sen consultala. Pola súa parte, Nina inventa a existencia dun noivo en Londres para que Carlos non se faga ilusións. O que esta descoñece é que Aurora está a indagar sobre o seu pasado.
FONTEALBA: FONTEALBA 25
Aurora amósalle a información de Nina a seu pai e este non da crédito. Ademais, pode tomar unha decisión que perxudicará gravemente os irmáns Vilar. Na casa dos Douro, Perfecta e Toño vense envoltos nunha situación comprometida con Marisa. Aínda tocado pola conversa con Luís, Rosendo está decidido a desvelarlle a dona Amalia toda a verdade sobre o contrato do Rácing.
RECANTOS CON FEITIZO: RECANTOS FEITIZO COMPOSTELA, A TRADICIÓN DOS OURIVES
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.
ESTACHE BO!: Pastel de bacallau
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 08.05.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 08.05.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 08.05.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 08.05.2026
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 163'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O terceiro programa desta semana do 'Atrápame se podes' segue incrementando o seu bote ata os 21.400 €. Laura, da Coruña; Elena, de Vigo; Mon, de Cervo; Jose, de Miño, e Uxía, da Coruña, afrontan o seu terceiro día de concurso.
ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 163'
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O terceiro programa desta semana do 'Atrápame se podes' segue incrementando o seu bote ata os 21.400 €. Laura, da Coruña; Elena, de Vigo; Mon, de Cervo; Jose, de Miño, e Uxía, da Coruña, afrontan o seu terceiro día de concurso.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 106
Comezamos outra semana máis no ‘Eu sei + ca ti’ e repiten con nós os campións da pasada, “Condadiño con nós” (Denís, María e Zalo). Xunto a eles van participar estes cinco días “Os Agüistas” (Esteban, Javi e Pablo), que chegan dende Ourense, e “Os Habibis” (Iria, Manu e Seiji), que veñen dende Lugo. Todos eles van loitar por chegar á gran final e abrir a caixa forte que agocha os seis mil euros.
RIBEIRAS DE SALITRE: Porto do Porto do Son
Serie documental dirixida e presentada por X.H. Rivadulla Corcón, que viaxa cada semana a un porto de Galicia para mergullarse no seu día a día e trasladar as actividades e traballos que alí acontecen, falando coas persoas que os desenvolven: mariñeiros, redeiras, axentes da policía portuaria, mariscadores, traballadores das lonxas, poxadores, armadores, estibadores...
RIBEIRAS DE SALITRE: Canido, o Vigo da pesca artesanal
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. Hoxe o programa navegará pola ría de Vigo, fronte ao porto de Canido, onde se traballa o mar desde tempos que se perden na memoria e onde se gardan con máis intensidade e paixón as esencias da pesca artesanal na Confraría de Pescadores de Vigo.
RIBEIRAS DE SALITRE: A Guarda, a xenerosidade dun mar bravo
Serie documental presentada por X. H. Rivadulla Corcón, que amosa a alegría de vivir na cultura mariñeira, dando a coñecer os homes e mulleres que traballan para o mar, no propio mar e nas ribeiras. Hoxe o programa comparte xornada de traballo cos percebeiros da Guarda.
LÉOCHO: LÉOCHO II 11 / LIBROS PRECIOSOS
Os libros tamén son obxectos fermosos, teñen edicións especiais, encadernacións orixinais ou materiais curiosos. A nosa protagonista, Fina Casalderrey, Premio Nacional de Literatura Infantil; ten moitos libros preciosos. Buscamos recomendacións literarias na libraría Ler, falamos con Kiko Dasilva e desprazámonos ata o hospital Clínico de Santiago para coñecer a Rosalía Morlán, unha enfermeira que escribe poesía, narrativa e teatro.
RESETÉAME: ROSALÍA DE CASTRO
Juan Meniño, o reporteiro da literatura galega, segue os pasos de Rosalía de Castro por Padrón e Santiago. Na obra da poeta atopa temas como o amor a Galicia, o feminismo e a dor existencial.
ZIGZAG: ZIGZAG 3402
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
BALONCESTO LIGA LEB: BALONCESTO LIGA 1º FEB XORNADA 32: OBRADOIRO CAB - GUIPUZKOA
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 08.05.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 08.05.2026
BANCO DE DAVE
Baseado nas experiencias da vida real de Dave Fishwick, a trama conta a historia de como un home de Burnley de clase traballadora e un millonario feito a si mesmo loitaron para establecer un banco comunitario.
A BOAS HORAS: A BOAS HORAS 14.03.2026
A G2 emite este novo espectáculo en directo que revolucionará as madrugadas da fin de semana na Radio Galega. Humor, música, xogos e improvisación para converter a noite nun gran punto de encontro durante cinco horas de radio en directo. Toño Casais será o mestre de cerimonias dun equipo no que pode pasar de todo, acompañado polo televisivo Isi e pola reporteira Alexandra Tojo.
POLO REGO: POLO REGO II 85
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.