div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BIBOPALULA: O moneco de neve

No bosque apareceu un animal novo e os paxaros da Banda do Bosque queren coñecelo. É branco, ten o nariz de cor laranxa e está feito de neve.

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: O balón de fútbol

Maddie está farta de que o balón do seu veciño Phillip acabe sempre no seu xardín e lle estrague o xogo, pero ignora que pode haber unha razón oculta.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: A mosca

Unha mosca entra no cuarto de Maddie, e Triggs e papá intentarán escorrentala de todos os xeitos.

07:20 h

TIMMY TIME: TIMMY TIME 15

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy fai bum

Despois de escoitar os tronos durante unha treboada, Timmy queda fascinado cos ruídos fortes e asusta a Apricot.D

07:30 h

CAN CHEIRENTO: QUE PENSA CAN CHEIRENTO?

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: O home-zapping

Un televisor roto desata a creatividade do noso pequeno protagonista.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Qué pensa Can Cheirento?

Can Cheirento non sabe onde puxo a espiña da sorte de Gato Chato. Ponse a pensar, queda a durmir e acaba no país dos soños. Nese estraño lugar atopa o ordenador central onde están almacenados tódolos seus recordos. Isto podería axudarlle a atopar a espiña.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: O pequeno artista

Aínda que o artista sexa pequerrecho, a súa perspectiva é verdadeiramente única.

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Robustus

Max constrúe un pequeno robot, moi sensible e chamado Markov, que se converte en Robostus, un dispositivo capaz de darlles vida aos obxectos inanimados.

08:05 h

SONIC BOOM: A gran batalla de robots

Knuckles pensa que é moi bo inventor e para demostralo proponlle a Tails que se enfronten nunha batalla de robots. O doutor Eggman tamén se anota ao combate e intentará poñer en marcha un plan malvado para acabar con Sonic.

08:15 h

SONIC BOOM: Non fun eu, foi o ourizo armado

Na gorida do doutor Eggman e na vila roubaron varias cousas, todos andan enfadados e bótanlle a culpa a Sonic. Para demostrar que non é culpable, Sonic terá que buscar o ladrón e Knuckles axudaralle a investigar.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 439

09:30 h

POLO REGO: POLO REGO II 83

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

10:00 h

POLO REGO: POLO REGO II 84

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

10:30 h

COMISIÓN DE FESTAS: Santa Margarita de Callobre

A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. O programa vai de troula a Callobre, no concello da Estrada, onde honran a Santa Margarida e á Virxe do Carme.

11:20 h

FONTEALBA: FONTEALBA 17

Aurora preséntase no despacho do seu pai e atópao reunido con Belén en actitude sospeitosa. Marisa segue buscando un membro da familia que lle baile a auga para seguir co seu plan de medrar a costa dos Douro e de paso encher de celos a Roberto. Elsa pídelle desculpas a Carlos por organizar a cea con Nina, pero a cambio pretende que el lle conte a historia da súa relación con ela desde o principio. Asun está a piques de chegar á casa e non saben como decirlle o da morte de Abel nin como reaccionará, xa que non se puido despedir de seu irmán pequeno.

12:10 h

FONTEALBA: FONTEALBA 18

A morte de Abel fixo que se reúnan de novo todos os membros da familia Douro. Os problemas na relación entre Elsa e Carlos continúan. Desde que chegou Nina as cousas non fixeron máis que empeorar entre eles. Na empresa as cousas tamén seguen tensas. Gonzalo está sendo moi duro con Asun, que soamente quere axudalo, pero el está tan cego en contra dos Douro que non ve as boas intencións da rapaza. Belén, a secretaria do Racing, está a pensar en deixar o seu home, animada pola aventura que está avivir con Luís Douro.

13:00 h

FONTEALBA: FONTEALBA 19

Asun xa foi informada da morte do seu irmán pequeno e a casa dos Douro volveu converterse nun drama. Tamén soubo da relación que mantiña Abel con Vera Vilar e decide visitala. Carlos está moi preocupado porque Elsa non pasou a noite na casa. Está moi enfadada pola cita que tivo o seu mozo Carlos con Nina. Marisa volve á carga, pero esta vez decide intentalo con Fonso, co que terá que empregar todas a súas armas de sedución.

13:50 h

FONTEALBA: FONTEALBA 20

Vera reveloulle a Luís a verdade sobre o accidente: ela conducía a moto e non Abel. Gonzalo preocúpase e desconfía de que contarlle iso a Luís poida acarrearlle problemas a Vera. Elsa vai á casa dos Douro para falar con Nina e aclarar todo dunha vez. Cando Carlos saiba desta visita porase nervioso polo que puideran falar as dúas. E Belén, decepcionada tanto con Rosendo coma con Luís, comeza a pensar en marchar da cidade e esquecer todo.

14:40 h

ESTACHE BO!: PEITUGA DE POLO ESPECIADA

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 07.05.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 07.05.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 07.05.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 07.05.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 162'

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Laura, da Coruña; Elena, de Vigo; Mon, de Cervo; Jose, de Miño, e Uxía, da Coruña, teñen a segunda oportunidade para levar o bote do 'Atrápame se podes'. A suculenta cifra de cartos en xogo sitúase en 21.200 €.

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 162'

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Laura, da Coruña; Elena, de Vigo; Mon, de Cervo; Jose, de Miño, e Uxía, da Coruña, teñen a segunda oportunidade para levar o bote do 'Atrápame se podes'. A suculenta cifra de cartos en xogo sitúase en 21.200 €.

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 105

Último programa da nosa particular semana para os equipos chamados “Os da Sariña” (Budiño, Dolo e Pepa), “Os Silenciadores” (Dani, Gerar e Lu) e “Condadiño con nós” (Denís, María e Zalo). Dous destes tríos van ter hoxe a última oportunidade de chegar á gran final e abrir a caixa forte, mentres que o outro, o que máis puntos acumulase nestes cinco días, aínda terá opción de abrila a vindeira semana, xa que vai continuar concursando.

17:55 h

CONSUMO SENTIDO

Cinco especialistas en transporte e motor, alimentación, saúde, dereitos do consumidor e tecnoloxía resolven as dúbidas de situacións nas que os consumidores nos poidamos encontrar na vida diaria.

18:25 h

CONSUMO SENTIDO: CONSUMO SENTIDO 2

Cinco especialistas en transporte e motor, alimentación, saúde, dereitos do consumidor e tecnoloxía resolven as dúbidas de situacións nas que os consumidores nos poidamos encontrar na vida diaria.

18:55 h

CONSUMO SENTIDO

Cinco especialistas en transporte e motor, alimentación, saúde, dereitos do consumidor e tecnoloxía resolven as dúbidas de situacións nas que os consumidores nos poidamos encontrar na vida diaria.

19:25 h

CONSUMO SENTIDO: CONSUMO SENTIDO 4

Cinco especialistas en transporte e motor, alimentación, saúde, dereitos do consumidor e tecnoloxía resolven as dúbidas de situacións nas que os consumidores nos poidamos encontrar na vida diaria.

19:55 h

CONSUMO SENTIDO: CONSUMO SENTIDO 5

Cinco especialistas en transporte e motor, alimentación, saúde, dereitos do consumidor e tecnoloxía resolven as dúbidas de situacións nas que os consumidores nos poidamos encontrar na vida diaria.

20:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3401

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

21:00 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1518

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 07.05.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 07.05.2026

22:35 h

A MARIÑEIRA

María, Pandullo e a súa filla Rosa viven pracidamente nunha vila da costa galega, Quilmás. Na compaña dos seus amigos Patrocinio e Modesto, agardan a súa segunda filla, Federica. O mar e a terra dispénsanlles o que precisan os seus corpos e a República, o Estatuto e os libros, o que a súa alma devece. Nin no seu peor soño imaxinaban o que en poucos días ocorrería. En xullo de 1936 as súas vidas mudan para sempre, os fascistas toman o poder e comezan a persecución de todo sospeitoso de desafección ao novo réxime. Algúns morren e outros escapan monte arriba, buscando no monte Pindo un lugar onde refuxiarse e vivir preto dos seus. Tanto os que se botan ao monte como os que morren deixan as súas familias soas. As mulleres quedan obrigadas a se faceren cargo da casa, da familia e a procurar que non lles falte de nada aos seus homes. Este foi o caso da protagonista, María, a mariñeira de Quilmás, que para saír adiante con Rosa e Federica, as súas fillas, loita contra a fame, a inxustiza e a opresión dos que se aproveitan das desgrazas alleas.

00:00 h

DOCUMENTAL: Cantigas de Celso Emilio

Documental sobre a poesía social e comprometida do escritor de Celanova, que inspirou a música de numerosos artistas galegos nos últimos anos de franquismo e durante a transición democrática. En concreto, esta peza documental fai un percorrido por unha serie de temáticas coma as “cantigas de irmau”, de liberdade, de denuncia, de maldicir, de amor, de pobo ou da falsa despedida, entre outras, a través de figuras coma os cantantes Xosé Luís Rivas, Xavier González del Valle, Miro Casabella, Uxía Senlle, Serxio García, Luís Emilio Batallán ou Baldomero Iglesias. Tamén recolle os testemuños do escritor e académico Alonso Montero, amigo persoal e biógrafo de Celso Emilio, e da súa dona, María Luisa Moraima Loredo.

00:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3401

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

01:00 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2045

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

POLO REGO: POLO REGO II 83

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

06:30 h

PIPPI MEDIASLONGAS: Escapada con Pippi (Parte III)

div-crtvg-top2

Publicidade