div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BIBOPALULA: Un día aburrido

No bosque é un día tan normal que os da Banda só pensan nas cousas boas de estar aburridos.

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: Xeado

Nun día moi caloroso de verán, Maddie, Triggs e a avoa van á tenda do señor Luar mercar unhas cousiñas e aproveitan para pedir un xeado.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: Meditación

Maddie e Triggs non se poñen de acordo en que facer no xardín. Cando ven a cunca tibetana de mamá, deciden probar a meditación.

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy non sabe bailar

A clase explora diferentes estilos de baile como o hula ou o hip hop, pero Timmy só quere bailar hip hop.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento e a caixa máxica

Gato Chato lelle o conto de Aladín e da lámpada máxica a Can Cheirento, que soña con ter un xenio.

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Corazón de pedra (Orixe Parte 2)

Continúa o flashback sobre a orixe de Ladybug e Cat Noir, onde Marinette cre que Adrien é un abusón e dubida en converterse no seu alter ego.

08:05 h

SONIC BOOM: Buster

Amy é algo bruta cos animais e os amigos aconséllanlle que teña unha mascota para aprender a querelos. O malo é que acaba levando á casa un robot un pouco estraño e noxento que lles desagrada a todos e que acabará dándolles unha sorpresa desagradable.

08:15 h

SONIC BOOM: Ovos chocos

Eggman prepara unha receita para transformar a Sonic en alguén tan malvado coma el. Así e todo, a cousa non lle sae como planeou e ao final terá que aliarse con el para solucionar a desfeita que provoca.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 435

09:30 h

CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 333

Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.

09:45 h

POLO REGO: POLO REGO II 75

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

10:15 h

POLO REGO: POLO REGO II 76

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

10:45 h

COS PÉS NA TERRA (Axustes): J.A.Pazos (Unindo Galicia e Asia)

10:50 h

VALDERREI

Serie.

11:25 h

FONTEALBA: FONTEALBA 1

Os Douro son unha familia numerosa e acomodada, con gran prestixio na súa vila. Hoxe preséntaselles un gran día, a voda da irmá maior, Aurora. Todos na familia queren que sexa un fermoso día e non falte detalle. Mentres tanto, Abel, o irmán pequeno, parece que se encariña dunha rapaza moi próxima aos Douro.

12:10 h

FONTEALBA: FONTEALBA 2

Segundo día de matrimonio para Aurora e Roberto. Aurora amenceu sen o seu marido a mañá seguinte á noite de vodas, debido a motivos de traballo, segundo el. Luís segue coa idea de facerse cargo do Rácing, ainda que na casa non conte con apoio. Abel continúa visitando a Vera sen que ninguén o saiba, parece que esta rapaza non é coma as demais.

12:55 h

FONTEALBA: FONTEALBA 3

As cousas póñense tensas na casa dos Vilar: Gonzalo atópase con Abel, que foi visitar a Vera. Pero ese non é o único problema que se lle presenta a Gonzalo, xa que van despedilo do seu posto de biólogo en Hortodouro, perdendo un dos soldos, que lle permite manterse a el e a Vera. Por outro lado, os espectadores descubrirán o plan de Roberto e Marisa: enganar os Douro e medrar á súa costa. Mentres tanto, Luís non para de pensar no fútbol: está obcecado en mercar o Rácing para cambiar a súa imaxe na cidade.

13:35 h

FONTEALBA: FONTEALBA 4

Fonso e Aurora están molestos co seu pai, queren explicacións despois de atopar destrozado o regalo de vodas que Fonso fixera para a súa irmá con tanto cariño. Roberto e Marisa tentan a sorte véndose ás agachadas na casa dos Douro. Abel parece cambiado, pode ser que Vera fixera aflorar un sentimento novo no seu interior. Por outro lado, Rosendo está cada vez máis celoso da relación que manteñen Belén e Luís.

14:20 h

RECANTOS CON FEITIZO: Temperán, viaxando no tempo no Salnés

‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.

14:30 h

ESTACHE BO!: Macarróns con chourizo

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 01.05.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 01.05.2026

Presenta Marta Darriba.

div-crtvg-top2

Publicidade