div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BIBOPALULA: A eclipse

Esta noite o señor Moucho ensínalle á Banda do Bosque algo que ocorre moi poucas veces.

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: O osiño de Triggs

O osiño de peluche de Triggs está moi sucio, pero o can non se dá separado del para lavalo.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: A árbore de Maddie

Maddie queda abraiada con todos os usos que teñen as pólas das árbores.

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy necesita un baño

Despois dun partido de fútbol cheo de lama, Timmy tenta evitar o baño, pero acaba por ensuciar media clase.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento torna en Morcego Cheirento

Can Cheirento esperta co nariz moqueando. Jean avísao: é un morcego sedento de sangue! A pesar da advertencia, Can Cheirento quere levar o animaliño á casa, e está disposto a transformarse en Morcego Cheirento!

07:45 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Cupido sombrío

Humillado, Kim acaba “akumatizado” e trócase en Cupido Sombrío.

08:05 h

SONIC BOOM: Eggman desenchufado

O doutor Eggman acaba farto da tecnoloxía e decide desconectar todos os aparellos e as máquinas que ten para vivir de xeito sinxelo. O problema xorde cando alguén lle invade a gorida e empeza a atacar sen ton nin son a todo o mundo.

08:15 h

SONIC BOOM: Máis alá dos cubots

A Tails e ao doutor Eggman desaparécenlles ferramentas e Orbot e Cubot marchan en busca duns renegados que poden ser os ladróns. Cando os encontran levan unha sorpresa ao ver quen son e Orbot terá que tomar unha decisión importante.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 427

09:30 h

POLO REGO: POLO REGO 59

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

10:00 h

POLO REGO: POLO REGO 60

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

10:30 h

COMISIÓN DE FESTAS: Santa María de Ordes

A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. 'Comisión de Festas' coñecerá esta semana o grupo de xente nova que organiza a Santa María de Ordes, unha celebración con moita sona na comarca.

11:30 h

VALDERREI

Serie.

12:10 h

VALDERREI

Serie.

12:45 h

VALDERREI

Serie.

13:15 h

VALDERREI

Serie.

14:00 h

VALDERREI

Serie.

14:30 h

ESTACHE BO!: Bomba de pataca con pisto

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 21.04.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 21.04.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 21.04.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 20.04.2026

16:40 h

NO FOCO: NO FOCO 18.04.2026

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

17:00 h

ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 150'

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O 'Atrápame se podes' remata semana co bote situado nos 18.800 €. Será a última oportunidade que teñan de gañalo Quique, de Cabana de Bergantiños; Xil, de Moeche; Álvaro, do Val Miñor; María Dolores, de Mugardos, e Marga, de Narón.

17:40 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 93

Fran Nogueira recibe no estudio do ‘Eu sei + ca ti’ o trío de equipos formado por “Estradenses polo mundo” (Ales, Ángel e Javi), “Guarisnais” (Belén, Cris e Marta) e “Os da Sariña” (Budiño, Pepa e Suso). Todos eles deben ir superando as distintas fases do programa para poder presentarse na gran final e ter a oportunidade de introducir unha combinación na caixa forte. Se é a correcta, levan os seis mil euros do bote; en caso contrario, gañan os 225 euros do premio do día.

18:15 h

LATITUDE GALEGA: Nova Jersey. Luis Crujeiras

18:30 h

CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 424

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.

19:30 h

ADN GALEGO: Burgos

O espazoviaxará por todo o territorio español para contar as historias dos galegos e galegas que traballan e desenvolven a súa vida noutros lugares. Galegos que fixeron a súa vida en Burgos contarán hoxe a súa experiencia no programa.

20:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3388

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1508

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 21.04.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

AURORA

Aurora, unha avoa dunha aldea das Neves, e Area, mulleres procedentes de mundos totalmente dispares e con gran diferencia de idade entre elas, establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversaciones ligadas á muerte, á familia, á guerra e á muller. A cámara é o terceiro personaxe nesta permanente tolemia en que a mirada, ao igual que elas, varía orgánicamente no tiempo.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 21.04.2026

23:35 h

IMOS INDO

O espazo “Imos Indo” racha as constricións dos programas de entrevistas clásicos, fusionando o xénero talk show co divulgativo e empregando localizacións completamente naturais. O presentador, Quique Morales, e os seus convidados percorrerán cada unha das etapas que conforman o Camiño dos Faros, na Costa da Morte. No traxecto e a través das súas conversas, os espectadores descubrirán aspectos íntimos da vida dos persoeiros elixidos e coñecerán xentes da zona. O programa “Imos Indo” chega hoxe ao seu final coa derradeira etapa do Camiño dos Faros, a que separa Nemiña de Fisterra, onde Quique Morales, estará acompañado por Nieves Rodríguez, a coñecida presentadora do espazo “Vaia Troula”. Este percorrido de pouco máis de 26 quilómetros levaraos ata o faro de Fisterra, o final do traxecto.

00:25 h

VIDA

Baixo a dirección de Rubén Riós, relata dunha maneira realista o día a día das persoas con discapacidade intelectual. Os protagonistas son Óscar Rodríguez (Pablo) e Mónica Ferreiro (Elena), dous mozos que aprenderon a superar algunhas das barreiras coas que se atopaban na súa vida. Entre os personaxes secundarios aparecen nomes tan coñecidos como Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, María Mera e Estíbaliz Veiga.

00:40 h

MÁIS CA VIDA: MÁIS CA VIDA 1

Dirixido por Rubén Riós, recolle desde un enfoque realista e natural todo aquilo que de xeito indirecto contribuíu á creación da curtametraxe ‘Vida’. O documental, rodado en Ourense, plasma en imaxes os ensaios aos que tiveron que enfrontarse os rapaces e rapazas protagonistas de cara á rodaxe, cos seus interrogantes, dificultades, medos e ledicias.

01:30 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2033

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

POLO REGO: POLO REGO 59

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

06:25 h

COS PÉS NA TERRA (Axustes): David López (Un home todoterreo)

06:30 h

PIPPI MEDIASLONGAS: PIPPI MEDIASLONGAS 8

div-crtvg-top2

Publicidade