div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BIBOPALULA: O parrulo perdido

Hoxe no bosque hai un son raro, parece que alguén está a chorar.

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: O vento

Maddie enfádase co aire porque lle levou un paxaro de papel, pero vivirá unha aventura máxica en que descubrirá todo o que pode facer o vento.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: O parque para cans

A Triggs encántalle o parque para cans e intentará convencer unha cadeliña tímida de que é o mellor lugar do mundo.

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy fai o traballo

É hora de limpar a gardería, pero Timmy prefire xogar fóra e aprende que xogar mentres se recolle non é boa idea.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento vai á praia

Can Cheirento faise amigo dun mexillón que encontrou nunha pizza.

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Princesa Fragancia

Rose transfórmase nunha malfeitora capaz de controlar co seu perfume a Cat Noir.

08:05 h

SONIC BOOM: Aventura na selva

Sonic pensa que ten máis maña ca Sticks para sobrevivir na natureza e ela non está de acordo. Para aclaralo forman dous equipos, Sonic con Knuckles e Sticks con Amy, e compiten nunha carreira na que terán que botar man da intelixencia e da súa habilidade para chegar á meta.

08:15 h

SONIC BOOM: Alcalde Knuckles

Knuckles queda substituíndo o alcalde mentres vai de pesca e encárgase de selar as leis e peticións que chegan ao concello. A cousa complícase cando algunhas das ordenanzas aprobadas alteran a convivencia na vila e fan que os veciños estean descontentos.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 426

09:30 h

POLO REGO: POLO REGO 57

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

10:00 h

POLO REGO: POLO REGO 58

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

10:25 h

COMISIÓN DE FESTAS: Romaría de Neixón-Cespón

A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. Os organizadores da espectacular romaría de Neixón-Cespón, en Boiro, protagonistas hoxe no programa 'Comisión de Festas'.

11:25 h

RECANTOS CON FEITIZO: Compostela, Pazo de San Lourenzo

‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.

11:35 h

VALDERREI: VALDERREI 45

Serie.

12:15 h

VALDERREI: VALDERREI 46

Serie.

12:45 h

VALDERREI: VALDERREI 47

Serie.

13:25 h

VALDERREI: VALDERREI 48

Serie.

13:55 h

VALDERREI

Serie.

14:35 h

ESTACHE BO!: Pudin de chía con froitos vermellos

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 20.04.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 20.04.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 20.04.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:35 h

ATRÁPAME SE PODES: 'ATRÁPAME SE PODES III 149'

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' xa se sitúa nos 18.600 €. Quique, de Cabana de Bergantiños; Xil, de Moeche; Álvaro, do Val Miñor; María Dolores, de Mugardos, e Marga, de Narón, volverán intentar subir ao máis alto das escaleiras coa cuantía acumulada intacta.

17:10 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 92

Nova oportunidade de abrir a caixa forte para o trío de equipos formado por “Guarisnais” (Belén, Cris e Marta), “Os da Sariña” (Budiño, Pepa e Suso) e “Estradenses polo mundo” (Ales, Ángel e Javi). Ademais de loitaren por chegar á gran final, deben acumular o maior número de puntos posibles no marcador semanal, pois o equipo que sume máis ao longo dos cinco días pode continuar no programa.

17:50 h

QUE CASAS!: QUE CASAS! 63

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia e de galegos que viven fóra do noso país pasan pola pantalla da TVG con este programa. Hoxe farase unha ambiciosa viaxe que levará a audiencia por fermosos lugares da xeografía galega. Pero tamén chegará ata unha cidade que está exactamente a 899 quilómetros da capital de Galicia. En todas estas paraxes amosaranse galegos que viven en lugares sorprendentes. Uns habitan a vella casa restaurada dos seus antepasados, outros acaban de mercar un apartamento que quixeron reformar, e outros optaron incluso por morar no mesmo habitáculo en que desenvolven o seu traballo.

18:45 h

QUE CASAS!: QUE CASAS! 64

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia e de galegos que viven fóra do noso país pasan pola pantalla da TVG con este programa. Hoxe un empresario, un doutor, un publicista e un enxeñeiro amosarán as súas vivendas. O espazo da TVG achegarase a Oza-Cesuras, Oleiros, Ames e Madrid para visitar unha casa modular, unha pequena mansión rural, un loft de estilo neoiorquino e unha casa tradicional da terra.

div-crtvg-top2

Publicidade