TVG2 - CSAG
MOTEL VALKIRIAS: MOTEL VALQUIRIAS 8
Western fronteirizo gravado entre Galicia e Portugal e protagonizado por tres mulleres que se atopan nunha situación límite. Uns matóns secuestran a Lucía e a Eva na última entrega de 'Motel Valkirias'. O clan dos Mendonça reúnese con Severo, o gran xefe na sombra.
DESAFÍOS CRIMINAIS: Rescatados do inferno
Docushow procedemental de carácter policial que revela a verdade dos crimes que conmocionaron Galicia. ‘Desafíos criminais' descobre as claves do crime de Aranga: dous asasinados, desmembrados e agochados nunha fosa séptica. O 20 de novembro de 2008, Ubaldina Tajes acode ao cuartel da Garda Civil de Noia. Desde o día 9 de novembro non sabe nada do seu fillo.
DESAFÍOS CRIMINAIS: Cazar a un mentireiro
Docushow procedemental de carácter policial que revela a verdade dos crimes que conmocionaron Galicia. Hoxe achégase a un asasinato en Toques, que se intentou agochar como incendio forestal. Dous irmáns e o seu primo son detidos pola mala relación que mantiñan coa vítima, un veciño da parroquia.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2029
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
POLO REGO: POLO REGO 51
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.