TVG2 - CSAG
BIBOPALULA: Bubi, a bubela rebelde
As bubelas marchan co cambio de estación a lugares máis cálidos.
MADDIE E TRIGGS: Xeado
Nun día moi caloroso de verán, Maddie, Triggs e a avoa van á tenda do señor Luar mercar unhas cousiñas e aproveitan para pedir un xeado.
MADDIE E TRIGGS: Meditación
Maddie e Triggs non se poñen de acordo en que facer no xardín. Cando ven a cunca tibetana de mamá, deciden probar a meditación.
TIMMY TIME: Timmy quere a boina
Timmy aprende a non roubar cando Ruffy lle colle o seu oso de peluche.
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento voa!
O globo de Bárbara engánchase nun balcón e Can Cheirento decide recuperar o globo.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Zombeizona
A doce señorita Bustier transfórmase en Zombica por culpa dunha “akuma”. Armada dun lapis de labios negros, pretende espallar o amor e os bicos pola cidade...á forza.
SONIC BOOM: O xigante durmido
Sonic e Knuckles espertan un xigante de pedra que empeza a destruír todo o que encontra. Os amigos buscan unha solución para que volva quedar durmido e Eggman acabará botando unha man tamén.
SONIC BOOM: Non me xulgues
Sticks ve un alce birollo e cre que lle botou unha maldición. Os amigos axudaranlle a buscar alguén que a libre dela e cando o encontran teñen que superar varias probas para demostrar a súa valía.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 421
POLO REGO: POLO REGO 47
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
POLO REGO: POLO REGO 48
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
COMISIÓN DE FESTAS: Romaría Vikinga de Catoira
A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas.
VALDERREI: VALDERREI 23
Serie. Félix está disposto a facer o que sexa para que Ester volva.
VALDERREI: VALDERREI 24
Serie. Henrique nega ter maltratado a Isa, que se decata de que a Xandra lle pasa algo.
VALDERREI: VALDERREI 25
Serie. Alicia e Henrique teñen unha aventura. Hai un nacemento en Valderrei. Xandra axuda a Isa co parto.
VALDERREI: VALDERREI 26
Serie. Henrique confésalle ao seu amigo Miguel que lle pegou a Isa.
VALDERREI: VALDERREI 27
Serie. Isa recibe a visita de Alicia por sorpresa. A Nuria non lle gusta e non entende que ela e Isa sexan amigas.
ESTACHE BO!: Ñoqui con salsa de tomate
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.04.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 13.04.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 13.04.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 13.04.2026
ATRÁPAME SE PODES: "ATRÁPAME SE PODES III 144"
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios.
ATRÁPAME SE PODES: "ATRÁPAME SE PODES III 144"
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 87
O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
QUE CASAS!: QUE CASAS! 60
As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. Os espectadores da TVG poderán ver hoxe, no programa “Que Casas!”, a vivenda dunha señora que fixo construír nela un pequeno baño turco a modo de spá. Os reporteiros do espazo tamén visitarán una casa antiquísima onde vive un home que conta cunha sala para tocar e gozar da música e outra cunha piscina de pedra que semella ser unha poza que levase toda a vida no xardín do seu propietario.
QUE CASAS!: QUE CASAS! 61
As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. Hoxe os espectadores verán un antigo galiñeiro e unha adega que foron reconvertidos en vivenda. Tamén coñecerán unha casa cuxo xardín está coroado pola cabeza dun elefante que cazou o home do que enviuvou a súa propietaria actual.
QUE CASAS!: QUE CASAS! 62
As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa, que entrará este martes en tres fascinantes pazos e visitará un xardín salvaxe.
ZIGZAG: ZIGZAG 3381
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1503
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 13.04.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
BONANZA: A treboada
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 qm2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 13.04.2026
GANDHI
Despois de estudar avogacía en Londres, Gandhi viaxa a Suráfrica para exercer a súa profesión, pero resulta tratado como cidadán de terceira clase. Promove revoltas e retorna ao seu país na compaña da familia para loitar de xeito pacífico contra os colonizadores británicos.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2027
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
LATITUDE GALEGA: Casablanca. Xabier Quiroga
POLO REGO: POLO REGO 47
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.