div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BIBOPALULA: O papaventos

Hai un paxaro estranxeiro na zona!

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: Campás

Maddie, Triggs e a avoa soben ao campanario da vila a investigar por que xa non soan todas as campás.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: Os opostos atráense

Maddie e Triggs enfádanse e papá media para que pensen o que lles gusta do outro e fagan as paces.

07:20 h

TIMMY TIME: A máscara de Timmy

Timmy fai unha máscara de dinosauro pero acáballe molestando para xogar e comer.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: O tesouro de can cheirento

Can Cheirento pensa que Vivi e Mimi son piratas e que van desenterrar un tesouro. El axúdalles a atopalo, xunto con Gato Chato. Tras sabelo, todos os seus amigos tamén deciden axudarlles nesta busca do tesouro.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Pequeno tesouro

As moedas que caen ao sumidoiro poden sumar.

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Prime Queen

Nadia Chamack convértese en Prime Queen. Pretende que Ladybug e Cat Noir admitan que están namorados diante das cámaras en directo para disparar os índices de audiencia.

08:05 h

SONIC BOOM: O compañeiro

Tails queda malferido despois dun enfrontamento co malvado Eggman.

08:15 h

SONIC BOOM: Teño vivindo na casa un xenio malvado

O doutor Eggman preséntase un día na casa de Sonic, di que lle destruíu a fortaleza unha tormenta e pídelle a Sonic que o deixe vivir con el mentres lla reconstrúen.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 418

09:30 h

POLO REGO: POLO REGO 43

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. As leccións de hoxe de versarán sobre como facer cestos con madeira e como utilizar fertilizantes sintéticos, entre outros temas.

10:00 h

POLO REGO: POLO REGO 44

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.

10:30 h

COMISIÓN DE FESTAS: San Paio de Ventosela

A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas.

11:30 h

VALDERREI: VALDERREI 6

Serie.

12:05 h

VALDERREI: VALDERREI 7

Serie.

12:35 h

VALDERREI: VALDERREI 8

Serie.

13:05 h

VALDERREI: VALDERREI 9

Serie.

13:40 h

VALDERREI: VALDERREI 10

Serie.

14:15 h

ESTACHE BO!: Tomates recheos

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:35 h

ESTACHE BO!: Sopa picante de feixóns con albóndigas

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 08.04.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 08.04.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 08.04.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 08.04.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: "ATRÁPAME SE PODES III 142"

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' alcanza xa os 17.200 euros. Será o segundo día de concurso para Fanny, da Coruña; Ana, de Narón; Estefanía, de Cabana de Bergantiños; Chema, de Maceda, e Pablo, de Melide.

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 85

O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

17:50 h

PARADAS NO CAMIÑO

Neste capítulo comezaremos esta aventura percorrendo a ruta portuguesa do Camiño de Santiago. Que necesitamos á hora de comezar a nosa peregrinación a Santiago de Compostela? Cristina, a nosa peregrina, daranos os consellos necesarios para facelo. Neste episodio viaxaremos a través da ruta marítima deste itinerario. Visitaremos concellos como Oia, Nigrán ou Vigo.

17:55 h

PARADAS NO CAMIÑO: PARADAS NO CAMIÑO 2

Neste capítulo sairemos desde Tui cara a Santiago de Compostela, percorrendo a ruta central do Camiño de Santiago Portugués. Coñeceremos parte das festividades locais de Tui, as opcións de hospedaxe e descubriremos o patrimonio cultural desta vila.

18:00 h

PARADAS NO CAMIÑO: PARADAS NO CAMIÑO 3

Neste capítulo descubriremos concellos como O Porriño, unha vila da que non podemos marchar sen probar o pan e os seus callos; ou Redondela, concello onde se unen as dúas variantes do Camiño Portugués, a da costa e a do interior.

18:05 h

PARADAS NO CAMIÑO: PARADAS NO CAMIÑO 4

No capítulo 4 pasaremos por unha zona onde se cultiva a uva albariña e descubriremos onde podemos degustar un bo viño albariño e unha deliciosa empanada de zamburiñas. Pasaremos por concellos coma Caldas de Reis ou Pontecesures onde coñeceremos o seu patrimonio cultural.

18:10 h

PARADAS NO CAMIÑO: PARADAS NO CAMIÑO 5

Neste capítulo pasaremos por un dos concellos máis importantes da lenda do Apóstolo, Padrón. Coñeceremos a historia de como chegou o corpo do Apóstolo Santiago a Galicia e da importancia deste feito para a vila. De Padrón descubriremos as súas festividades, o seu patrimonio natural e cultural e a súa gastronomía.

18:15 h

PARADAS NO CAMIÑO: PARADAS NO CAMIÑO 6

Estamos no final desta aventura. Antes de entrar en Santiago de Compostela coñeceremos o Castro Lupario, en Rois, un xacemento arqueolóxico fortificado prerromano, e a súa vinculación coa Raíña Lupa e có Apóstolo Santiago. Da nosa gastronomía descubriremos un restaurante onde preparan unha das mellores tortillas de patatas de Galicia. Neste capítulo chegaremos ao final desta aventura, ao noso destino, a Santiago de Compostela.

18:20 h

UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA

Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural.

19:05 h

UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA: UN GUIRI NA RIBEIRA SACRA 2

Coa súa mochila, cámara e guitarra en man, o profesor londiniense Michael Sellick emprende unha fermosa odisea polos recunchos máis fascinantes da Ribeira Sacra a modo de peregrinación para descubrir unha terra que preserva a esencia galega, sen renunciar ao atractivo turístico, paisaxístico e cultural. O percorrido de hoxe partirá da serra de San Mamede para visitar o mosteiro de Montederramo e o de Santa María de Espadañedo, así como un taller de olaría en Niñodaguia, entre outros lugares.

19:55 h

CURSO ACELERADO DE GALEGUIDADE: CURSO ACELERADO DE GALEGUIDADE 1 / O TEMPO

Manual imprescindible para coñecer os diversos temas que configuran a personalidade dos galegos e das galegas. O programa mestura a voz dos expertos con preguntas a pé de rúa para descubrir tamén canto saben de nós os estranxeiros residentes na comunidade autónoma, pois eles son os alumnos perfectos para este curso. A audiencia descubrirá hoxe, a través de 5 leccións, como o tempo inflúe e moldea a nosa maneira de ser.

20:25 h

QUERIDO GALEGO: QUERIDO GALEGO 1

A belga Nathalie expresa na carta a un amigo o seu vencello coa cultura e a literatura galegas, e como atopou en Santiago o seu lugar no mundo.

20:35 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3377

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados.

21:00 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1501

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 08.04.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 08.04.2026

22:30 h

MOTEL VALKIRIAS: MOTEL VALQUIRIAS 5

Western fronteirizo gravado entre Galicia e Portugal e protagonizado por tres mulleres que se atopan nunha situación límite. Esta noite, en ‘Motel Valkirias’, Luís Castro secuestra a Carolina na procura de pistas sobre o paradoiro de Elixio.

23:15 h

MOTEL VALKIRIAS: MOTEL VALQUIRIAS 6

Western fronteirizo gravado entre Galicia e Portugal e protagonizado por tres mulleres que se atopan nunha situación límite. As tres mulleres protagonistas investigan con Luís os últimos pasos de Elixio.

00:05 h

DESAFÍOS CRIMINAIS: O secuestro de Abel

Docushow procedemental de carácter policial que revela a verdade dos crimes que conmocionaron Galicia. Esta primeira entrega revive o secuestro de Abel Diéguez, un caso que puxo en xaque os investigadores da Garda Civil.

00:35 h

DESAFÍOS CRIMINAIS: Ninguén será esquecido

Docushow procedemental de carácter policial que revela a verdade dos crimes que conmocionaron Galicia. Unha mostra de ADN no cadáver, clave na resolución dun asasinato en Ordes que aborda hoxe 'Desafíos criminais'. Antes do crime, a vítima chamara ao 112 para denunciar unha pelexa en que estaba involucrada. A Garda Civil cre que a rifa estaba relacionada co tráfico de drogas.

01:00 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2024

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

POLO REGO: POLO REGO 43

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. As leccións de hoxe de versarán sobre como facer cestos con madeira e como utilizar fertilizantes sintéticos, entre outros temas.

06:30 h

PIPPI MEDIASLONGAS: Escapada con Pippi (Parte III)

div-crtvg-top2

Publicidade