div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

BIBOPALULA: O anel

Pegui atopou un anel no bosque. Os seus amigos dinlle que o ten que devolver pero ela quere quedar con el. Algo terá que ver que as pegas gustan das cousas brillantes.

07:05 h

MADDIE E TRIGGS: Botas enlamadas

A familia sae de sendeirismo, pero o camiño convértese nunha lameira. Papá e Maddie intentarana cruzar de varios xeitos para non luxar as botas novas.

07:10 h

MADDIE E TRIGGS: Polo mundo adiante

Maddie repasa as postais que lle enviou o tío George desde distintos lugares do mundo e viaxa sen moverse da casa.

07:20 h

TIMMY TIME: TIMMY TIME 24

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy trae un sorriso

Os animaliños da clase abusan da manta de Apricot e Timmy axúdalle a recuperala.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: TINIEST MAN IN THE WORLD, THE 26

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Supercán Cheirento

Can Cheirento quere ser un superheroe, pero para iso precisa descubrir os seus superpoderes.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Patos famentos

Non se debe alimentar os patos do parque, e menos se miden máis ca ti.

07:45 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O Coleccionista

Mentres Ladybug tenta revelar a identidade secreta de Lepidótero, “akumatizan” a Gabriel Agreste, o pai de Adrien, e transfórmase no Coleccionista.

08:05 h

SONIC BOOM: Heroes por quendas

O doutor Eggman pensa que non perdería sempre as batallas se Sonic e os amigos non o atacasen todos xuntos e convénceos para que combatan por quendas.

08:15 h

SONIC BOOM: Todos unidos para derrotar un ourizo

O doutor Eggman reúne na gorida os malfeitores da vila e tamén aparece un personaxe misterioso. Entre todos buscarán un líder que os dirixa para derrotar a Sonic e os amigos.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 417

09:30 h

POLO REGO: POLO REGO 41

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Os seguidores do programa coñecerán hoxe como facer unha horta na casa, un ungüento con herbas silvestres, unha larpeirada de laranxa e un sementeiro de fabas.

09:55 h

POLO REGO: POLO REGO 42

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Os mestres do programa ensinan hoxe a facer un compostoiro caseiro, a podar unha árbore e a preparar unha larpeirada de fiúncho, entre outras propostas.

10:25 h

COMISIÓN DE FESTAS: Nosa Señora do Carme de Aguiño

A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas.

11:25 h

VALDERREI: VALDERREI 1

Serie.

12:10 h

VALDERREI: VALDERREI 2

Serie.

12:40 h

VALDERREI: VALDERREI 3

Serie.

13:15 h

VALDERREI: VALDERREI 4

Serie.

13:50 h

VALDERREI: VALDERREI 5

Serie.

14:25 h

RECANTOS CON FEITIZO: Marronda, o paraíso de baleira

‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.

14:30 h

ESTACHE BO!: Taco Cochinita Pibil

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 07.04.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 07.04.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 07.04.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 07.04.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES III

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios.

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: "ATRÁPAME SE PODES III 141"

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Esta semana o 'Atrápame se podes' parte cun bote de 17.000 euros. Cinco concursantes comezan a súa andaina no programae: Fanny, da Coruña; Ana, de Narón; Estefanía, de Cabana de Bergantiños; Chema, de Maceda, e Pablo, de Melide.

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 84

O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

17:55 h

GALICIA E O SEGREDO DA LONXEVIDADE

Por que ten Galicia tantos habitantes lonxevos? Queremos dar coa fórmula da mellor calidade de vida. Temos unha certeza: o mundo en que a barreira dos cen anos sexa sobrepasada con frecuencia xa empezou.

18:35 h

GALICIA E O SEGREDO DA LONXEVIDADE: GALICIA E O SEGREDO DA LONXEVIDADE 2

19:20 h

ADN GALEGO: Málaga

O espazoviaxará por todo o territorio español para contar as historias dos galegos e galegas que traballan e desenvolven a súa vida noutros lugares. Hoxe chega a Málaga, a sexta cidade máis poboada de España, e tamén visita os principais núcleos da provincia.

20:20 h

RECANTOS CON FEITIZO: A Pontenova, o legado do ferro

‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.

20:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3376

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Os espectadores de ‘ZigZag’ coñecerán hoxe o novo traballo do artista grovense Dani Cornes, un dos referentes da música galega na actualidade.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1500

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 07.04.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

TRALAS LUCES: TRALAS LUCES 1

Un mundo en perigo de extinción e un oficio en decadencia: os feirantes. Homes e mulleres nunha viaxe física e emocional, que viven en dous mundos: por un lado o da balbordenta feira e os seus sons, músicas e luces de cores, e polo outro o mundo que se agocha detrás das luces dese decorado. Aí oculta está a itinerancia e o desarraigo, a vida permanente na periferia.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 07.04.2026

23:20 h

IMOS INDO

O espazo “Imos Indo” racha as constricións dos programas de entrevistas clásicos, fusionando o xénero talk show co divulgativo e empregando localizacións completamente naturais. O presentador, Quique Morales, e os seus convidados percorrerán cada unha das etapas que conforman o Camiño dos Faros, na Costa da Morte. No traxecto e a través das súas conversas, os espectadores descubrirán aspectos íntimos da vida dos persoeiros elixidos e coñecerán xentes da zona. Hoxe, coa participación da actriz Isabel Blanco, percorrerá esta semana o tramo Camariñas-Muxía.

00:10 h

IMOS NAVEGANDO

Paisaxe, emoción e aventura, neste programa que percorre as rutas marítimas e fluviais galegas. O presentador, Rubén Prieto, guía a experiencia, acompañado cada semana por un convidado diferente. No primeiro programa, Rubén Prieto viaxará a bordo do Eureka, acompañado da actriz e presentadora Belinda Washington, para facer a ruta entre Ribadeo e Cariño.

01:05 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2023

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

POLO REGO: POLO REGO 41

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Os seguidores do programa coñecerán hoxe como facer unha horta na casa, un ungüento con herbas silvestres, unha larpeirada de laranxa e un sementeiro de fabas.

06:25 h

LATITUDE GALEGA: Xenebra. María Isabel Lista

06:30 h

PIPPI MEDIASLONGAS: Escapada con Pippi (Parte II)

div-crtvg-top2

Publicidade