TVG2 - CSAG
BIBOPALULA: A néboa
Coidado con non mancarse na néboa!
MADDIE E TRIGGS: Torta disparatada
Maddie, Triggs e papá estanlle facendo unha torta á avoa.
MADDIE E TRIGGS: O club de xadrez
Maddie séntese soa o primeiro día no club de xadrez, pero axiña fai unha amiga que a illa deserta convértese nun paraíso.
TIMMY TIME: Timmy flota
A clase constrúe barcos, pero a Timmy tócalle con Stripey, que está moi constipado e destrúe por erro o barco de Otus.
CAN CHEIRENTO: Máis pulgas para Can Cheirento
Can Cheirento ten pulgas, iso é algo que xa sabemos, pero as súas pulgas acollen no lombo do can outras pulgas que quedaron sen casa. O que pasa é que son demasiadas pulgas para tan pouco sitio e pídenlle a Can Cheirento que lles busque outro lugar onde vivir.
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Un pouco de diñeiro
O diñeiro voa cando está nas mans do home máis pequerrechiño do mundo.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O faraón
Un malandrín cos poderes dos antigos deuses exipcios quere sacrificar a Alya. Ladybug e Cat Noir terán que enfrontarse a un exército de momias para rescatala.
SONIC BOOM: Máis alá dos cubots
A Tails e ao doutor Eggman desaparécenlles ferramentas e Orbot e Cubot marchan en busca duns renegados que poden ser os ladróns. Cando os encontran levan unha sorpresa ao ver quen son e Orbot terá que tomar unha decisión importante.
SONIC BOOM: Un tío corrente
Cando o doutor Eggman ataca a vila e Mike, un amigo de Knuckles, quere axudar a defendela, Sonic faille un comentario que a todos lles parece ofensivo. A vila enteira está contra Sonic e Amy proponlle que faga un curso de sensibilidade para que o perdoen.
MEIGALLOS
A pequena Malva, fan de calquera dispositivo tecnolóxico, vivirá unha aventura cunha misión de rescate cargada de acción, suspense e diversión. Co misterioso secuestro da súa avoa 'curandeira', inicia unha viaxe por lugares descoñecidos e perigosos, tendo que enfrontarse cuns antagonistas interesados en roubar as fórmulas tradicionais da súa avoa e comercializar os produtos na súa fábrica de cosméticos.
POLO REGO: POLO REGO 37
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Hoxe, ensinará as mellores maneiras de afastar as pragas dos cultivos e preparará unha ensalada de xermolos.
POLO REGO: POLO REGO 38
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Entre os contidos de “Polo Rego”, amosarase un superalimento da horta, a elaborar un cesto, un aderezo con aceda e a reforzar os cultivos cun té de plátano.
SEN CÓDIGO POSTAL: Castro de Rei
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O espazo ‘Sen Código Postal’ descubrirá hoxe os interesantes segredos que garda a senlleira vila lucense de Castro de Rei.
SEN CÓDIGO POSTAL: Arbo
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. 'Sen Código Postal' fará esta semana enoturismo polo concello de Arbo, onde tamén degustará a súa famosa lamprea.
SEN CÓDIGO POSTAL: Navia de Suarna
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia.
SEN CÓDIGO POSTAL: Baños de Molgas
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia.
NO FOCO: Como se fai un cociñeiro
NO FOCO: Como se fai un cociñeiro
ESTACHE BO!: Xurelo sobre crema fría de tomate
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 03.04.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 03.04.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 03.04.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.