TVG2 - CSAG
BIBOPALULA: Onde está a miña voz?
Merli perde a voz e non pode cantar!
MADDIE E TRIGGS: Toc, toc
Maddie e Triggs esperan con impaciencia unha carta do tío George.
MADDIE E TRIGGS: Discotrén
Maddie quéixase do aburrido que é visitar a súa avoa, pero non sabe que vivirá unha aventura musical moi emocionante totalmente inesperada.
TIMMY TIME: TIMMY TIME 14
TIMMY TIME: Timmy fotógrafo
Hora da foto da clase, pero a Timmy cústalle non ensuciarse, sobre todo porque a cámara non funciona ben
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: TINIEST MAN IN THE WORLD, THE 20
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: O Fotomatón
Sacar un simple retrato é unha odisea para o home máis pequerrecho do mundo.
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento no Palacio do Elisio
O presidente da República Francesa quere adoptar un can. Can Cheirento vai ser o escollido e vai vivir no Palacio do Elisio.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Animam
Xusto cando Marinette, Adrien e os seus amigos visitan o zoolóxico de París, un dos seus gardiáns, “akumatizado”, convértese nun animal malvado que cambia de forma.
SONIC BOOM: Duelo de irmáns
Sonic e Knuckles cóidanlle da casa a Amy mentres marcha de viaxe e acaban estragándolle o sofá. Para arranxar a desfeita acaban presentándose a un concurso no que terán que demostrar que son dous irmáns que se coñecen ben.
SONIC BOOM: Aventura na selva
Sonic pensa que ten máis maña ca Sticks para sobrevivir na natureza e ela non está de acordo. Para aclaralo forman dous equipos, Sonic con Knuckles e Sticks con Amy, e compiten nunha carreira na que terán que botar man da intelixencia e da súa habilidade para chegar á meta.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 413
POLO REGO: POLO REGO 33
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. O programa ensinará consellos útiles para afiar unha motoserra, construír sementeiros ou preparar zumes de lingua de ovella
POLO REGO: POLO REGO 34
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.
COMISIÓN DE FESTAS: Lumarea de San Xoán - Camariñas
A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. Os espectadores de ‘Comisión de Festas’ verán hoxe como a Asociación Lumarea prepara a espectacular festa de San Xoán en Camariñas.
SEN CÓDIGO POSTAL: Ribadumia
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia.
SEN CÓDIGO POSTAL: Mugardos
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. 'Sen Código Postal' visita este sábado Mugardos, unha vila da comarca de Ferrol con moita historia.
SEN CÓDIGO POSTAL: Salvaterra de Miño
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. Salvaterra de Miño, unha vila milenaria situada na raia, é esta semana o destino de 'Sen Código Postal'.
ESTACHE BO!: Grelos con bacallau e crema de cabaza
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
RECANTOS CON FEITIZO: Temperán, viaxando no tempo no Salnés
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.
LATITUDE GALEGA: LATITUDE GALEGA CASABLANCA JORGE LOIS DÍEZ
ESTACHE BO!: Focaccia italiana con requeixo e polbo
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
ESTACHE BO!: Xurelo sobre crema fría de tomate
Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 01.04.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 01.04.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 01.04.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 01.04.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 128
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Esta semana o 'Atrápame se podes' arranca cun bote de 4.000 euros e os aspirantes a levalo son: Jairo, de Palas de Rei; Andrea, de Camariñas; Fátima, de Ordes; Lalo, de Verín, e Xoaquín do Grove.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 81
O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
BARRABÁS
Pilatos, a petición do pobo xudeu, solta a Barrabás no canto de Xesucristo. O popular bandido tenta saber da causa pola que crucificaron ó Galileo e tamén da doutrina que predicaba. A súa curiosidade levarao por camiños sorprendentes.
BARRABAS
ENGURRAS
Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico, fanse amigos. Emilio, que padece un principio de alzhéimer, conta inmediatamente coa axuda de Miguel e outros compañeiros que tratarán de evitar que vaia parar á pranta dos deshauciados. O seu disparatado plan tingue de humor e tenrura o tedioso día a día da residencia, pois para eles acaba de comezar unha nova vida.
TAL COMO FACEMOS: TAL COMO FACEMOS 29
Programa documental que amosa como cambiou Galicia nas últimas décadas, como é hoxe en día e como constrúe o seu futuro. 'Tal como facemos' amosa esta semana como mudou o cinema galego.
GALICIAN FRIKI: GALICIAN FRIKI 4
Durante o Samaín celebrouse en Sedes (Narón) unha arrepiante Festaotaku chea de "cosplayers", coñecemos a escola profesional de banda deseñada o Garaxe Hermético e a actriz Lidia Veiga preséntase como unha "friki palleirana".
COS PÉS NA TERRA (Axustes): COS PÉS NA TERRA CARLOS RUBIO (UN CESTO DE ILUSIÓN)
FÚTBOL SALA: FINAL COPA GALICIA FÚTBOL SALA MASCULINO 2026
FÚTBOL SALA: Final Copa Galicia fútbol sala masculino 2026: O Parrulo-Noia Portus Apostoli
Os espectadores da G2 e os usuarios da OTT poderán gozar, en directo, do mellor partido da categoría masculina co man a man entre os dous equipos da nosa comunidade que compiten na Primeira División: o Parrulo Ferrol e o Noia.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 01.04.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
MOTEL VALKIRIAS: MOTEL VALQUIRIAS 3
Western fronteirizo gravado entre Galicia e Portugal e protagonizado por tres mulleres que se atopan nunha situación límite. Esta noite, en 'Motel Valkirias', o axente Salgado chega a Portugal para investigar a morte de Elixio. Eva descobre o rexistro que vai facer a Policía e alerta as compañeiras de que hai que desfacerse do vehículo.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 01.04.2026
MOTEL VALKIRIAS: MOTEL VALQUIRIAS 4
Western fronteirizo gravado entre Galicia e Portugal e protagonizado por tres mulleres que se atopan nunha situación límite. Sen camión e sen probas do delito, rematan os problemas para Eva, Carolina e Lucía. As mulleres volven á súa vida cotiá: Eva vai a un casting e Carolina recibe uns posibles compradores do motel. Mentres, Luís Castro desespérase buscando o camión ata que atopa a Telmo, un home que lle proporciona as respostas que estaba buscando. Unhas respostas que poñerán en perigo a Carolina, a Eva e a Lucía.
HISTORIAS DE AQUÍ: Clangor (I)
Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. A docuficción lembra hoxe o atentado da discoteca compostelá Clangor, en pleno auxe da movida universitaria. Coa entrega titulada ‘Viaxe á fin da noite santiaguesa’, a serie documental trasládase ao 10 de outubro de 1990 para coñecer o testemuño das vítimas deste suceso, que deixou tres falecidos e medio cento de feridos.
HISTORIAS DE AQUÍ: Clangor (II)
Espazo que fusiona o documental e a ficción para dar unha perspectiva única sobre acontecementos, personaxes icónicos e fitos culturais que deixaron unha pegada imborrable na memoria colectiva dos galegos. A docuficción lembra hoxe o atentado da discoteca compostelá Clangor, en pleno auxe da movida universitaria. Coa entrega titulada ‘Viaxe á fin da noite santiaguesa’, a serie documental trasládase ao 10 de outubro de 1990 para coñecer o testemuño das vítimas deste suceso, que deixou tres falecidos e medio cento de feridos.
SONDESEU-ENTRETERRAS
SONS DO MUNDO
CORRENTE DO GOLFO NA QUINTANA
Na emblemática Praza da Quintana de Santiago de Compostela, o proxecto 'Corrente do Golfo', de Alberto Conde e Diana Tarín, levou ao público nun emocionante viaxe a través da historia musical, explorando as raíces culturais que unen a Cuba e España. Este concerto de latin-jazz afonda na influencia de músicos e pedagogos cubanos e españois cuxa formación en escolas europeas foi fundamental na creación dos xéneros afrocubanos e o jazz cubano. O evento non só foi unha actuación musical, senón unha experiencia emocional que destacou a riqueza da fusión cultural e musical entre ambos os dous países, celebrando unha herdanza compartida que transcende fronteiras e une corazóns.
POLO REGO: POLO REGO 33
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. O programa ensinará consellos útiles para afiar unha motoserra, construír sementeiros ou preparar zumes de lingua de ovella
POLO REGO: POLO REGO 34
Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos.