div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: O timbre da bici

Papá leva a Maddie á escola na bicicleta e, polo camiño, imaxinan que viven unha viaxe espacial intergaláctica nun foguete moi veloz.

07:05 h

BIBOPALULA: Burbullas

No bosque vai moito frío e a Banda busca un sitio quentiño.

07:10 h

BIBOPALULA: Festival de inverno

Todos os paxaros prepáranse para decorar as súas casas con moitas cores.

07:15 h

TIMMY TIME: Timmy quere a boina

Timmy aprende a non roubar cando Ruffy lle colle o seu oso de peluche.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: TINIEST MAN IN THE WORLD, THE 1

07:30 h

CAN CHEIRENTO: As pilas de Can Cheirento

As dúas pilas do tocadiscos de Can Cheirento e Gato Chato morren.

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Volpina

Lila, unha rival que finxe ser amiga de Ladybug, é humillada por Marinette diante de Adrien e transfórmase en Volpina, unha malvada que fai realidade as ilusións.

08:05 h

SONIC BOOM: Duelo de irmáns

Sonic e Knuckles cóidanlle da casa a Amy mentres marcha de viaxe e acaban estragándolle o sofá. Para arranxar a desfeita acaban presentándose a un concurso no que terán que demostrar que son dous irmáns que se coñecen ben.

08:15 h

SONIC BOOM: Aventura na selva

Sonic pensa que ten máis maña ca Sticks para sobrevivir na natureza e ela non está de acordo. Para aclaralo forman dous equipos, Sonic con Knuckles e Sticks con Amy, e compiten nunha carreira na que terán que botar man da intelixencia e da súa habilidade para chegar á meta.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 399

09:40 h

POLO REGO: POLO REGO 5

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. Os espectadores de “Polo Rego” terán hoxe leccións para aliviar as feridas dos animais, afastar as toupas, aproveitar a beldroega e facer enxertos.

10:05 h

POLO REGO: POLO REGO 6

Cada día, xente que traballa a terra, ben por oficio ou como afección, ofrecerá pequenas e sinxelas leccións coas que transmitirán o seu saber sobre a horta e os seus froitos. O espazo ten hoxe a receita para que á rapazada lle entre polos ollos a verdura e lle saiba a rabiar.

10:35 h

COMISIÓN DE FESTAS: San Cristovo de Muimenta

A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. O programa é hoxe testemuña de como organizan en Muimenta as celebracións patronais na honra de San Cristovo e Santa Mariña.

11:45 h

SEN CÓDIGO POSTAL: Arzúa

Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. No primeiro programa desta nova temporada, os espectadores coñecerán os lugares máis significativos de Arzúa.

12:40 h

SEN CÓDIGO POSTAL: Padrón

Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O programa desprázase hoxe ata Padrón para coñecer esta vila chea de encanto e de sorpresas.

13:40 h

SEN CÓDIGO POSTAL: Avión

Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. Da man do técnico deportivo da zona, ‘Sen Código Postal’ descubrirá hoxe o Avión máis descoñecido.

14:35 h

ESTACHE BO!: Salteado de cabaza, espinacas, garavanzo e ovo escalfado

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

14:35 h

ESTACHE BO!: RAVIOLIS DE CABACIÑA

Espazo gastronómico presentado polo ourensán Moisés Rodríguez, un cociñeiro próximo e familiar que amosará en cada edición, dun xeito sinxelo, como elaborar a receita dun prato que sorprenderá polo seu atractivo e sabor. Trasladaralle á audiencia a necesidade de modificar o estilo de vida cara a hábitos saudables a través da cociña.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 12.03.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 12.03.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 12.03.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 12.03.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 115

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Derradeira oportunidade de levar o bote do 'Atrápame se podes', que xa está en 13.800 euros, para a tripulación desta semana: Julia, de Viveiro; Teresa, de Cambados; Isabel, de Vigo; Fernando, de Ames, e Alfonso, de Ourense.

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 65

O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

17:55 h

BOTANDO UNHA MAN: BOTANDO UNHA MAN 3

Programa que ten como obxectivo explorar as iniciativas solidarias e de voluntariado na nosa comunidade. Na súa estrea, ‘Botando unha man’ coñecerá o mundo do deporte inclusivo achegándose a personaxes coma o triatleta Ángel López, a organizadora Carmen Touza, ou o voluntario Chopin. Tamén gozará dunha xornada lúdico-festiva na carreira inclusiva Enki da Coruña.

18:25 h

FÚTBOL: SEMIFINAL COPA DO REI XUVENIL: R. C. DEPORTIVO - F.C. BARCELONA

18:25 h

FÚTBOL: Semifinal Copa do Rei xuvenil: R. C. Deportivo- F.C. Barcelona

En directo.

20:15 h

TERRA DE CÓMICS: Luis Yang

O artista de cómic Luis Yang abre as portas do seu estudio, na Coruña, para compartir o proceso creativo do seu traballo, caracterizado por técnicas tradicionais de debuxo. No capítulo explóranse as súas influencias e a súa traxectoria dentro da banda deseñada. O artista de cómic Luis Yang abre as portas do seu estudio, na Coruña, para compartir o proceso creativo do seu traballo, caracterizado por técnicas tradicionais de debuxo. No capítulo explóranse as súas influencias e a súa traxectoria dentro da banda deseñada.

20:25 h

ESPAZO MURAL

O colectivo Mutante Creativo, formado por Sokram e Mou, realiza un mural no concello de Moeche, inspirado na Revolta Irmandiña. O colectivo Mutante Creativo, formado por Sokram e Mou, realiza un mural no concello de Moeche, inspirado na Revolta Irmandiña.

20:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3361

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Marcos Viso conversa sobre a súa nova mostra ‘A loita dun fío de voz’ en ‘Zigzag’, que tamén se achega ao último proxecto da artista Mar Caldas, exposto en Lugo.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1486

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 12.03.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

CLAC: CLAC 42 RETORNOS

Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior.

22:30 h

CLAC: CLAC 42 RETORNOS

Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior.

22:30 h

CLAC: Retornos

Dirixido e presentado pola xornalista Tania Fernández Lombao, este programa descubrirá cada semana na G2 un título do cinema galego cun coloquio e coa súa proxección posterior.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 12.03.2026

23:05 h

RETORNOS

(“Retornos”), de Luís Avilés, con Xavier Estévez, Manuela Vellés, María Bouzas, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Emilio Gutiérrez Caba, Solante Freitas, Antonio Durán “Morris”, Yoima Valdés, María Tasende, Luís Zahera, Federico Pérez. Gal/Port/Cuba/Arx, 2009, 84’, Drama-Thriller (13). Álvaro é un home que, tras fuxir de si mesmo durante dez anos, regresa á súa vila para asistir ao enterro de seu pai. Alí intentará reconciliarse co seu irmán e recuperar a súa filla Mar, pero non será doado. Todo se complica cando Álvaro atopa unha moza morta na estrada. Trátase de Lida, unha prostituta moi amiga de Mar. Álvaro, que teme pola seguridade da súa filla, comeza unha investigación nunha vila onde nada é o que parece e todos teñen algo que agochar.

00:35 h

TERRA DE PELÍCULA: Animando as cousas

Serie que presenta dunha maneira amena e divertida a historia do audiovisual en Galicia e os lugares onde se rodaron moitas das nosas series e películas. Conta coa participación dos protagonistas, tanto actores como guionistas e directores, para dar a coñecer o traballo e a ilusión de todo un sector que naceu hai non moitos anos e que acadou en pouco tempo a maioría de idade e o respecto en todo o mundo. O espazo 'Terra de película' achégase ao cinema galego, a través dos seus directores e películas.

01:00 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2006

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

div-crtvg-top2

Publicidade