TVG2 - CSAG
MADDIE E TRIGGS: O tío neneiro
Papá e mamá saen a cear e o tío George queda coidando de Maddie e Triggs cunha misión importante: non deixaren a casa patas arriba. Papá e mamá saen a cear e o tío George queda coidando de Maddie e Triggs cunha misión importante: non deixaren a casa patas arriba.
BIBOPALULA: As nubes
A señora Curuxa vai visitar á súa curmá, que vive na cidade. Ao seu regreso, ensínalle á Banda do Bosque as fotos que sacou na viaxe.
BIBOPALULA: O parrulo perdido
Hoxe no bosque hai un son raro, parece que alguén está a chorar.
TIMMY TIME: TIMMY TIME 22
TIMMY TIME: A marioneta de Timmy
Timmy perde a marioneta de calcetín feita por el e non a atopa, decide facer outra.
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: TINIEST MAN IN THE WORLD, THE 46
CAN CHEIRENTO: CAN CHEIRENTO VOLE Á LÚA
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Día de pícnic
Unha comida campestre pódese complicar por culpa dunha cortiza traizoeira.
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento volve á Lúa
Can Cheirento sálvalle a vida a Canela, pero ela pensa que foi outro quen a salvou.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: SIMÓN DI
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Simon Says
Un hipnotizador “akumatizado” convértese en Simón Di, un malfeitor capaz de facer que todos o obedezan cun mazo de cartas e que quere vingarse do pai de Adrien.
SONIC BOOM: Xogando aos amigos de mentira
O doutor Eggman ten un amigo novo e os robots Orbot e Cubot séntense desprezados e marchan da gorida.
SONIC BOOM: Apocalipse dobre
O doutor Eggman colle de axudante a Dave, o da hamburguesería. Farto de facer tarefas sen importancia, Dave rebélase e apodérase dunha máquina que pode acabar co mundo. Sonic e Tails terán que intervir para impedirllo.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 393
GRANDES LUGARES: Os Ánxeles (Melide) - Puga (Toén)- Campo (Trazo)
Espazo que amosa, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de varias poboacións galegas con moito para contar. Os oficios tradicionais, o viño e a actividade gandeira vertebran a vida dos 'Grandes Lugares' que visita hoxe a TVG.
GRANDES LUGARES: Randufe
ONDE VAI A XENTE: Xirandola - Silleda
ONDE VAI A XENTE: Surf - A Mariña
ONDE VAI A XENTE: Veciños - Sabucedo
ONDE VAI A XENTE: Mariñeiros - Bouzas
ONDE VAI A XENTE: Sidra - A Estrada
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 04.03.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 04.03.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 04.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 04.03.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 109
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' xa chegou aos 12.600 euros e Jorge, da Coruña; Fran, de Caldas de Reis; Xenaro, de Valga; Lucía, de Abadín, e Ana, de Santiago, van intentar facerse con el.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 59
O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
DIN QUE NON FALAN: Fillas de Casandra
Programa de entrevistas que ten como protagonistas mulleres relevantes na nosa comunidade. Presentado por Estíbaliz Veiga. A fusión musical e o feminismo de Fillas de Cassandra, protagonista este domingo no programa.
PESCADORES DE HISTORIAS: Entre mariscadoras
O programa, pesentado por Henrique Rivadulla Corcón, percorrerá os portos galegos para mostrar aos espectadores a singularidade da cultura mariñeira en cada lugar. Hoxe explicarase como a ostra chegou a ser o recurso máis importante para as mariscadoras do Barqueiro.
EN FEMININO SINGULAR: EN FEMININO SINGULAR II 19
Programa que ten como obxectivo concienciar a sociedade e as mulleres, en particular, sobre a necesidade de empoderamento para rachar os vestixios da desigualdade de xénero. Emma Lustres e Tatiana López, procedentes dos ámbitos audiovisual e científico, protagonistas nunha nova edición do espazo.
ELAS: Alecrín + Madialeva
Programa que pretende darlles visibilidade ás mulleres que deixan pegada dun xeito colectivo. 'Elas' pon o foco nas distintas agrupacións femininas da nosa terra, para crear un relato coral das mulleres galegas. Hoxe coñece o grupo Medialeva de Meis e a Asociación de Mulleres Rurais Alecrín.
DANZA NO FOCO: DANZA NO FOCO 5
O bailarín Eloi García improvisa a partir do texto da canción "Ghalopín" de El Martó, no cemiterio de Leiro, decorado polo artista NoveNoel. Hoxe, Marcia Vázquez improvisa a partir da letra da canción 'Banharemonos nas ondas', de Lamontagne & Picoamperio, na Praia de Gures.
ZIGZAG: ZIGZAG 3354
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'ZigZag' achegarase a 27ª edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra da man da súa coordinadora, Eva Mejuto.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1481
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 04.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
DALIA A MODISTA: DALIA A MODISTA 2
Serie que narra os acontecementos dunha vila galega nos anos 50 desde a perspectiva dunha costureira que traballa para mulleres ben situadas. A ficción convértese nunha mestura de intriga, amor e superación, ambientada no contexto histórico da posguerra con clases sociais moi diferenciadas. Tras a súa chegada a Prescedo, Dalia non tarda en acadar sona de costureira moderna e distinguida, e o seu bo facer coas teas e os patróns non tarda en chegar ao pazo dos Herbaloba. A costureira acepta o encargo da condesa Avelina de facerlle un vestido para a posta de longo da súa neta Elisa.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 04.03.2026
NOSOUTRAS: NOSOUTRAS 3
Proxecto cultural que, a través de vídeos divulgativos, intenta poñerlles nome a todas aquelas mulleres que destacaron historicamente no mundo da cultura en Galicia ou que foron abrindo camiño para as novas xeracións de creadoras. As novelas románticas nunca gozaron do prestixio da crítica por ser consideradas un entretemento menor de mulleres. Dentro desta lóxica é doado entender por que non soa demasiado o nome de May Carré, autora de máis de 150 novelas. 'Nosoutras' descobre hoxe a que se podería considerar a Corín Tellado galega.
HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: O SEGREDO DA PARDO-BAZÁN
Non hai ningunha referencia sobre a avoa paterna de Emilia Pardo-Bazán no legado da escritora. Parece que a familia quixo agochar os pormenores da tráxica morte de Joaquina Mosquera. E logrouno. Ata que, xa ben entrado este século, o grupo de investigación La Tribuna revelou o episodio.
HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: O segredo da Pardo Bazán
Non hai ningunha referencia sobre a avoa paterna de Emilia Pardo-Bazán no legado da escritora. Parece que a familia quixo agochar os pormenores da tráxica morte de Joaquina Mosquera. E logrouno. Ata que, xa ben entrado este século, o grupo de investigación La Tribuna revelou o episodio. Non hai ningunha referencia sobre a avoa paterna de Emilia Pardo-Bazán no legado da escritora. Parece que a familia quixo agochar os pormenores da tráxica morte de Joaquina Mosquera. E logrouno. Ata que, xa ben entrado este século, o grupo de investigación La Tribuna revelou o episodio.
EMILIA PARDO BAZÁN, A CONDESA REBELDE
Por mor da publicación da novela “A Tribuna” e o volume “A Cuestión Palpitante”, a polémica e o escándalo esténdense cada vez máis nos círculos conservadores. Ante a insistencia do seu home, Pepe Quiroga, para que se retracte, Emilia Pardo Bazán, apoiada polo súa familia, decide poñer fin ao seu matrimonio para dedicar a súa vida á literatura. Tras unha estancia en París onde mantén unha importante actividade literaria, múdase a Madrid, onde entra en contacto cos literatos máis destacados da época e onde coñece a Benito Pérez Galdós, con quen mantén unha relación amorosa. A parte de breves visitas a Galicia para ver os seus fillos, Emilia viaxa, imparte conferencias, polemiza, escribe artigos, novelas e contos. Grazas ao recoñecemento da sociedade madrileña e á súa inigualable actividade literaria, consegue ser socia do Ateneo de Madrid e catedrática de Literaturas Neolatinas na Universidade Central, cargo que abandona debido ao escaso interese por parte do alumnado, xa que só un estudante se atreveu a asistir ás clases impartidas por unha muller. Malia tantas dificultades, Pardo Bazán nunca perdeu a súa vitalidade e denunciou a desigualdade educativa entre o home e a muller do seu tempo, acadando grandes logros para a poboación feminina.
GARDIÁNS DA NOITE: O cazador e o seu demo
Tanjiro e Nezuko vanse da casa de Urokodaki e diríxense a unha vila na que desapartecen mozas e rapazas desde hai tempo. Alí, Tanjiro descubre que lle falta algo e que ás veces necesitará a axuda de Nezuko.
GARDIÁNS DA NOITE: Muzan kibutsuji
Despois de loitaren cun arrepiante monstro demoníaco, Tanjiro e Nezuco comezan a súa viaxe a Tokio. Cando chegan, a cidade impresiónaos coas súas luces e cores... E é en Tokio onde Tanjito ve o malvado que vai buscando.
GARDIÁNS DA NOITE: Un sedutor recendo a sangue
Tralo desagradable encontro co demo máis poderoso, Tanjiro salva dúas vidas e coñece unha demoníaca moza con boas intencións, moitos recursos e un axudante que tolea por ela.
GARDIÁNS DA NOITE: Demo do balón, demo das frechas
Os demos Tamayo e Yushiro acoden ao rescate de Tanjiro empregando as súas técnicas demoníacas, grazas ás cales Tamayo guía a Tanjiro e Nezuko ata a súa casa.
GARDIÁNS DA NOITE: Sempre xuntos
Tanjiro está no medio dunha batalla e debe resistir as técnicas do inimigo, véndose obrigado a usar diferentes posturas da súa técnica de respiración. Ao mesmo tempo, Nezuko está a loitar contra outro inimigo. Tamayo decátase de que a situación é demasiado perigosa, polo que decide usar as súas habilidades para axudar a Tanjiro.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 2000
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
RECANTOS CON FEITIZO: Lalín, a casa do patrón (Ángela Aboy)
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.