TVG2 - CSAG
MADDIE E TRIGGS: Os birlos
Mamá e papá levan a Maddie e Triggs a xogar aos birlos por primeira vez. Mamá e papá levan a Maddie e Triggs a xogar aos birlos por primeira vez.
BIBOPALULA: Que lle pasa a Carpin?
Carpin ten dor de barriga porque comeu unha baga velenosa.
BIBOPALULA: A canción do vento
Hoxe sopra moito o vento e a Pegui sóalle a música.
TIMMY TIME: TIMMY TIME 21
TIMMY TIME: Timmy the Train
Timmy e os seus compañeiros xogan aos trens, pero tanto el como Mittens queren ser os líderes e van ter que chegar a algún acordo.
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: TINIEST MAN IN THE WORLD, THE 45
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento vai á Lúa
Can Cheirento decide ir á Lúa visitar o seu curmán extraterrestre.
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: A hidromasaxe
Darse un baño relaxante con burbullas ten a súa complicación para o noso protagonista.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Bubbler
Nino, o mellor amigo de Adrien, queda “akumatizado” e convértese no Burbulleiro, un malandrín que atrapa adultos en burbullas que acaban flotando no ceo.
SONIC BOOM: OVOSCHOCOS
SONIC BOOM: Ovos chocos
Eggman prepara unha receita para transformar a Sonic en alguén tan malvado coma el. Así e todo, a cousa non lle sae como planeou e ao final terá que aliarse con el para solucionar a desfeita que provoca.
SONIC BOOM: Sentirse culpable
Sonic e Tails defenden os gogobas dunha manda de bandidos e a tribo agradécello cun banquete.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 392
GRANDES LUGARES: Carnés (Vimianzo)- O cadramón (O Valadouro) - Rebordechán (Crecente)
Espazo que amosa, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de varias poboacións galegas con moito para contar. Hoxe achegarase San Cristovo de Carnés, unha parroquia do sur do concello coruñés de Vimianzo, que revive tradicións e lendas, dinámica e traballadora, e que sente verdadeira devoción polo seu patrón, San Cristovo. Tamén estará en San Xurxo do Cadramón, unha parroquia do concello lucense de O Valadouro. Está na Mariña Central, nunha terra máxica, de espectacular paisaxe e de tradicións profundas. E a última parada deste domingo será Rebordechán, unha parroquia situada no norte do concello ourensán de Crecente. É un territorio colaborador, terra de augardente, de castañas e de receitas tradicionais.
GRANDES LUGARES: As Costeiras
ONDE VAI A XENTE: Coro da Ra - Santiago
Programa que achega a nosa realidade, para vivir as pequenas historias de cada día, da man de Alfonso Tellado, de 62 anos, xubilado da Bazán e de profesión 'galego retranqueiro'.
ONDE VAI A XENTE: Moteiros - Narón
Programa que achega a nosa realidade, para vivir as pequenas historias de cada día, da man de Alfonso Tellado, de 62 anos, xubilado da Bazán e de profesión 'galego retranqueiro'.
ONDE VAI A XENTE: Redeiras - Malpica
ONDE VAI A XENTE: Amandoval - Val Miñor
ONDE VAI A XENTE: Maxia - A Coruña
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 03.03.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 03.03.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 03.03.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 03.03.2026
NO FOCO: NO FOCO 28.02.2026
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 108
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Jorge, da Coruña; Fran, de Caldas de Reis; Xenaro, de Valga; Lucía, de Abadín, e Ana, de Santiago, participan por terceiro día consecutivo no 'Atrápame se podes' e aspiran a levar un bote que xa chegou aos 12.400 euros.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TI II 58
O actor Fran Nogueira presenta o concurso 'Eu sei + ca ti', con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
MÚSICA NO FOCO: MÚSICA NO FOCO 6
Cápsulas visuais onde autores da música contemporánea galega interpretan un dos seus temas nun marco natural.
MÚSICA NO FOCO: MÚSICA NO FOCO 3
Cápsulas visuais onde autores da música contemporánea galega interpretan un dos seus temas nun marco natural.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 417
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.
EN FEMININO SINGULAR: EN FEMININO SINGULAR II 18
Programa que ten como obxectivo concienciar a sociedade e as mulleres, en particular, sobre a necesidade de empoderamento para rachar os vestixios da desigualdade de xénero. Dúas mulleres que se dedican a un sector maioritariamente masculino como é a construción contarán hoxe a súa experiencia en 'En Feminino Singular'.
SE TI SOUBERAS: SE TI SOUBERAS 2
Pilar Neira é unha muller da Coruña que sempre amou o fútbol. Puido xogar no Karbo, o mítico equipo de fútbol feminino, e mesmo chegou a adestrar a Selección Galega. Hoxe, segue sendo adestradora nos campos da Torre e é todo un referente no fútbol e no deporte galego.
QUERO FALAR COA XEFA 8M
Programa presentado por Adrián Díaz, que descobre auténticos triunfadores no seu oficio, na súa profesión. Xente que amosa as súas ocupacións desde unha perspectiva diferente, con agarimo e moito humor .
ZIGZAG: ZIGZAG 3353
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O fotógrafo Javier Teniente presenta hoxe o seu álbum ‘Tras os montes’ nun 'ZigZag' que tamén se achegará á proposta do grupo Lumedoloop, o novo proxecto galego de hip hop.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1480
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 03.03.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
DALIA A MODISTA: DALIA A MODISTA 1
Serie que narra os acontecementos dunha vila galega nos anos 50 desde a perspectiva dunha costureira que traballa para mulleres ben situadas. A ficción convértese nunha mestura de intriga, amor e superación, ambientada no contexto histórico da posguerra con clases sociais moi diferenciadas.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 03.03.2026
NOSOUTRAS: NOSOUTRAS 6
Proxecto cultural que, a través de vídeos divulgativos, intenta poñerlles nome a todas aquelas mulleres que destacaron historicamente no mundo da cultura en Galicia ou que foron abrindo camiño para as novas xeracións de creadoras. Xornalista, crítica de cine, asesora literaria para Hollywood… María Luz Morales foi unha pioneira en moitos campos e a primeira muller en dirixir un xornal en España.
HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: A compositora esquecida
Eugenia Osterberger Luard, Eugenia Saunier despois de casada, permaneceu esquecida durante un século. A culpa téñena os seus apelidos estranxeiros que enmascaran a orixe galega da autora que recuperamos, xa neste século, grazas ao traballo de tres mulleres. Eugenia Osterberger Luard, Eugenia Saunier despois de casada, permaneceu esquecida durante un século. A culpa téñena os seus apelidos estranxeiros que enmascaran a orixe galega da autora que recuperamos, xa neste século, grazas ao traballo de tres mulleres.
NOSOUTRAS: NOSOUTRAS 2
Proxecto cultural que, a través de vídeos divulgativos, intenta poñerlles nome a todas aquelas mulleres que destacaron historicamente no mundo da cultura en Galicia ou que foron abrindo camiño para as novas xeracións de creadoras. Viaxou por todo o mundo, espertou a admiración de grandes mestres como Dalí ou Andy Warhol e foi sempre unha muller libre que dicía o que pensaba e facía o que quería en cada momento. Maruxa Mallo é unha das grandes artistas do movemento surrealista, e tamén unha icona da moda, como descubrirán os espectadores neste episodio.
A POETA ANALFABETA
Retrato dunha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria. Aos 88 anos Luz é unha testemuña viva das realidades máis duras do século XX, por ser muller, emigrante, pobre e roxa. Luz é unha muller brava, unha persoa profundamente política e un ser cunha humanidade excepcional. Como entende o mundo a esta poeta que, a pesar do tremor das mans, escribe todos los días? Que a move a tal esforzo? Que a mantén viva?
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
HAI MOITAS LÚAS: O funeral das flores
Tres rapaces orfos criados nunha vila da Italia do século XVIII pasan de ser mellores amigos a liderar unha guerra santa, xa como adultos, e como inimigos irreconciliables, chamados a defender aos seus antepasados. Shasha é a reencarnación de Atenea, Alone é o descendente de Hades e Tenma, de Pegaso.
HAI MOITAS LÚAS: Cabaleiros do Zodíaco
HAI MOITAS LÚAS: Os frutos da árbore da sabedoría
Tres rapaces orfos criados nunha vila da Italia do século XVIII pasan de ser mellores amigos a liderar unha guerra santa, xa como adultos, e como inimigos irreconciliables, chamados a defender aos seus antepasados. Shasha é a reencarnación de Atenea, Alone é o descendente de Hades e Tenma, de Pegaso.
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
HAI MOITAS LÚAS: Un día con vento agradable
Tres rapaces orfos criados nunha vila da Italia do século XVIII pasan de ser mellores amigos a liderar unha guerra santa, xa como adultos, e como inimigos irreconciliables, chamados a defender aos seus antepasados. Shasha é a reencarnación de Atenea, Alone é o descendente de Hades e Tenma, de Pegaso.
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
HAI MOITAS LÚAS: Estrela Xigante
Tres rapaces orfos criados nunha vila da Italia do século XVIII pasan de ser mellores amigos a liderar unha guerra santa, xa como adultos, e como inimigos irreconciliables, chamados a defender aos seus antepasados. Shasha é a reencarnación de Atenea, Alone é o descendente de Hades e Tenma, de Pegaso.
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
HAI MOITAS LÚAS: Advenimento
Tres rapaces orfos criados nunha vila da Italia do século XVIII pasan de ser mellores amigos a liderar unha guerra santa, xa como adultos, e como inimigos irreconciliables, chamados a defender aos seus antepasados. Shasha é a reencarnación de Atenea, Alone é o descendente de Hades e Tenma, de Pegaso.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1999
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
MÚSICA NO FOCO: MÚSICA NO FOCO 8
Cápsulas visuais onde autores da música contemporánea galega interpretan un dos seus temas nun marco natural.