TVG2 - CSAG
MADDIE E TRIGGS: O timbre da bici
Papá leva a Maddie á escola na bicicleta e, polo camiño, imaxinan que viven unha viaxe espacial intergaláctica nun foguete moi veloz.
BIBOPALULA: A festa da primavera
Carpin inventa un novo deporte: o "pexegocesto".
BIBOPALULA: Amigos postais
Pombo ten que entregarlle unha postal a Parrulo, pero non o atopa.
TIMMY TIME: Timmy trae un sorriso
Os animaliños da clase abusan da manta de Apricot e Timmy axúdalle a recuperala.
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: O osiño pequeno
O home máis pequerrechiño quere un peluche dunha máquina de gancho, pero son moi complicadas.
CAN CHEIRENTO: O retrato de Can Cheirento
Can Cheirento cheira mal, ten pulgas e é parvo. Vive nunha papeleira co seu mellor amigo Gatochato. Aínda que moitos evitan a Can Cheirento, é puro optimismo e esperanza.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Oso rancoroso
Chloe humilla o seu mordomo, que se transforma en Oso Rancoroso, capaz de manipular as persoas que toca e que está decidido a vingarse de Chloe.
SONIC BOOM: O día do Ourizo
Durante unha batalla do doutor Eggman contra Sonic e os amigos sucede algo que fai que se repita o mesmo día unha e outra vez. O doutor Eggman investiga e terá que pedirlle axuda a Tails para buscar unha solución.
SONIC BOOM: A salsa de tomate do Doutor Eggman
O doutor Eggman anda vendendo salsa de tomate na vila e os que a proban din que é deliciosa. Sonic sospeita que pode ser parte dalgún plan malvado de Eggman e Tails compra unhas latas para analizar no laboratorio se a salsa contén algún veleno.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 381
GRANDES LUGARES: Valeixe (A Cañiza - Pontevedra) / Esteiro (Muros - A Coruña) / O Aparral (As Pontes - A Coruña)
Un docusoap de entretemento que pretende amosar, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de poboacións galegas con moito para contar.
CONFIDENCIAS: A mentira
Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. O programa conversa hoxe coa Nerea Barros, actriz galega cunha longa e recoñecida traxectoria, sobre a mentira e a desinformación.
CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 11
Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. A emprendedora Yaiza Canosa reflexiona esta noite no programa ‘Confidencias’ sobre a resiliencia.
CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 12
Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. Ledicia Costas, unha das escritoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega, reflexiona hoxe en ‘Confidencias’ sobre a idolatría.
CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 13
Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. Hoxe entrevista o músico Miguel Costas. Con el falarase da concupiscencia.
CONFIDENCIAS: Andrés Suárez
O sacerdote Andrés Ramos propón conversas con persoeiros sobre a evolución da percepción do pecado e os valores humanos. O espazo trasládase hoxe á aldea de Pantín, en Valdoviño, para coñecer o cantautor Andrés Suárez.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 16.02.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 16.02.2026
Presenta Marta Darriba.