div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: A árbore de Maddie

Maddie queda abraiada con todos os usos que teñen as pólas das árbores.

07:05 h

BIBOPALULA: Unha canción diferente

Bubi convence a Parrulo e a Cegoña para facer unha canción, pero algo non soa ben. A Banda do Bosque anímase a axudalos para rematala.

07:10 h

BIBOPALULA: A viaxe da curuxa

A señora Curuxa visita á súa prima, que vive na cidade. Ao seu regreso, ensínalle á Banda do Bosque as fotos que sacou durante a viaxe.

07:15 h

TIMMY TIME: TIMMY TIME 18

07:15 h

TIMMY TIME: Timmy necesita un baño

Despois dun partido de fútbol cheo de lama, Timmy tenta evitar o baño, pero acaba por ensuciar media clase.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: TINIEST MAN IN THE WORLD, THE 28

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento e o can inútil

Gégé vaise presentar a unha competición de cans policía. Can Cheirento foise dar un baño no caldeiro do lixo, e Gégé, pensando que está en apuros, intenta salvalo, pero perde o olfacto pola peste do caldeiro.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: O xersei

Ao home máis pequerrechiño do mundo non lle serve nin o talle 36, pero por exceso.

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O rockeiro malvado

A estrela de rock Jagged Stone transfórmase nun ser malvado.

08:05 h

SONIC BOOM: As botas poderosas

Sonic fai un ruído estraño cando corre que lles rebenta os oídos a todos. Aínda que Sticks investiga o que lle pasa ao seu amigo, será o doutor Eggman quen acabe dándolle algo que parece solucionalo.

08:15 h

SONIC BOOM: Vacabot

O doutor Eggman fai un robot novo para destruír a Sonic que acaba revirándose contra el. Entón, Sonic e Tails terán que axudarlle a defenderse e acabarán traballando en equipo todos xuntos.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 380

09:30 h

CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 324

Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.

09:45 h

GRANDES LUGARES: Lañas (Arteixo - A Coruña) - Couboeira (Modoñedo - Lugo)

Un docusoap de entretemento que pretende amosar, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de poboacións galegas con moito para contar.

10:35 h

LIBRO DE FAMILIA: Volver a casa

A Garda Civil faise cargo dos implicados no secuestro de Armandiño. Gloria, a suposta mendiga, non acaba de declarar onde deixara o neno, que é atopado no monte por un matrimonio. Mentres, Elías e Rosamari flirtean co espiritismo.

10:40 h

CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 6

Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño.

11:35 h

CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 7

Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. Hoxe conversa com Augusto César Lendoiro, político de longa traxectoria, xestor deportivo e cultural, que levou a cabo un intenso labor como presidente do Real Club Deportivo da Coruña.

11:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Castelos no aire

O neno xa está na casa e don Román pasou a súa primeira noite no calabozo. Laura non cre que o seu home tivera que ver no secuestro, e que Gloria, a muller que o acusa, está tola. Deli non consegue esquecer o sucedido.

12:30 h

CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 8

Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño.

12:55 h

LIBRO DE FAMILIA: A ola express

A posta en liberdade de don Román pon en xaque as expectativas dos Freire e os Cabanas, que intentarán esgotar as posibilidades de implicalo no secuestro do neno. A chegada da ola express estraga os plans de Elías.

13:30 h

CONFIDENCIAS: CONFIDENCIAS 9

Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. Hoxe conversa sobre a Xustiza co excomisario do Corpo Nacional de Policía Enrique León.

13:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Un anaco de esperanza

Para os Cabanas e os Freire faise cada vez máis difícil descubrir toda a verdade sobre o secuestro de Armandiño e a implicación de don Román neste asunto. Manuel decide ir a visitar a Gloria ao cárcere coa esperanza de confirmar as súas sospeitas.

14:15 h

CONFIDENCIAS: A mentira

Programa de entrevistas que, ao xeito de duelo arredor dos sete pecados capitais, pretende achegarlles aos telespectadores diferentes visións acerca dos valores na sociedade actual. Presentado polo sacerdote Andrés Ramos e co actor Manuel Manquiña exercendo de avogado do diaño. O programa conversa hoxe coa Nerea Barros, actriz galega cunha longa e recoñecida traxectoria, sobre a mentira e a desinformación.

14:20 h

HISTORIAS MÍNIMAS: HISTORIAS MÍNIMAS II 27

Todo o mundo ten unha historia, mesmo a xente común. O programa recolle as de distintas persoas en menos de catro minutos de relato, coas experiencias que máis as marcaron.

14:50 h

NO FOCO: O atractivo da fotografía analóxica

15:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.02.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 13.02.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 13.02.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 13.02.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 96

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Arranca unha nova xeira no 'Atrápame e podes' e cun bote de nada máis e nada menos que 10.000 euros. Os aspirantes a facerse con el son: Miguel, da Pobra do Caramiñal; Iago, de Carral; Ramón, de Redondela; Nieves, da Coruña, e Laura, da Illa de Arousa.

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 46

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

17:50 h

PESCA TOTAL: PESCA TOTAL 13

Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. A travesía de ‘Pesca total’ chega ao seu final. Neste último programa, guiados pola presentadora Lucía Regueiro, coñecerase o gañador do gran premio de 7.500 euros. Tras varias xornadas de duro traballo a bordo do Playa de Sanxenxo, o capitán Sauro Martínez repasará a traxectoria dos catro aspirantes e tamén revivirá canda eles os momentos máis emocionantes no seu paso polo programa.

18:40 h

RIBEIRAS DE SALITRE: Porto de Laxe

Serie documental dirixida e presentada por X.H. Rivadulla Corcón, que viaxa cada semana a un porto de Galicia para mergullarse no seu día a día e trasladar as actividades e traballos que alí acontecen, falando coas persoas que os desenvolven: mariñeiros, redeiras, axentes da policía portuaria, mariscadores, traballadores das lonxas, poxadores, armadores, estibadores...

19:05 h

RIBEIRAS DE SALITRE: Porto de Cangas

Serie documental dirixida e presentada por X.H. Rivadulla Corcón, que viaxa cada semana a un porto de Galicia para mergullarse no seu día a día e trasladar as actividades e traballos que alí acontecen, falando coas persoas que os desenvolven: mariñeiros, redeiras, axentes da policía portuaria, mariscadores, traballadores das lonxas, poxadores, armadores, estibadores...

19:35 h

RIBEIRAS DE SALITRE: Porto da Guarda

Serie documental dirixida e presentada por X.H. Rivadulla Corcón, que viaxa cada semana a un porto de Galicia para mergullarse no seu día a día e trasladar as actividades e traballos que alí acontecen, falando coas persoas que os desenvolven: mariñeiros, redeiras, axentes da policía portuaria, mariscadores, traballadores das lonxas, poxadores, armadores, estibadores...

20:00 h

RIBEIRAS DE SALITRE: Porto de Rianxo

Serie documental dirixida e presentada por X.H. Rivadulla Corcón, que viaxa cada semana a un porto de Galicia para mergullarse no seu día a día e trasladar as actividades e traballos que alí acontecen, falando coas persoas que os desenvolven: mariñeiros, redeiras, axentes da policía portuaria, mariscadores, traballadores das lonxas, poxadores, armadores, estibadores...

20:35 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3339

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Patricia González e Alejandro Balbuena, integrantes de Acordeireta, presentan hoxe en ‘Zigzag’ o seu segundo traballo, ‘Baixo os remendos, nós’.

21:00 h

LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE II 22

Programa que ten como obxectivo tomarlles o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares onde traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices. Desde Lugo, os espectadores de ‘Latexos da Cidade’ saberán esta tarde como se controlan as pragas de varios tipos de bichería.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 13.02.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 13.02.2026

22:30 h

A TABERNA DO IRLANDÉS

Unha rica herdeira de Boston viaxa á Polinesia para se facer cargo do legado de seu pai, case un descoñecido para ela. O forte contraste entre a anarquía do lugar e a súa ríxida educación fai que todo na pequena illa do Pacífico lle pareza un disparate á acabada de chegar. Pouco a pouco, acabará contaxiada da ledicia que o enche todo e do estraño e plácido ritmo de vida na illa, animada ademais por dous mariñeiros americanos que nela acomodaron as súas vidas.

00:15 h

O PACIENTE INGLÉS

Á fin da Segunda Guerra Mundial, nunha vila de Toscana en ruínas, xúntanse catro personaxes: un misterioso ferido co corpo completamente queimado; unha xove enfermeira, un cínico supervivente e un zapador sij, especialista na desactivación de explosivos. Atrapados nun limbo de brumosos claroscuros, os catro estranxeiros irán recompoñendo o mosaico das súas vidas.

div-crtvg-top2

Publicidade