TVG2 - CSAG
MADDIE E TRIGGS: O parque para cans
A Triggs encántalle o parque para cans e intentará convencer unha cadeliña tímida de que é o mellor lugar do mundo.
BIBOPALULA: A eiruga
Os paxaros da Banda do Bosque coñecen unha eiruga que cambia de cores e que se dispón a facer algo aínda máis especial. O señor Moucho explícalles a súa transformación en bolboreta.
BIBOPALULA: O retorno do Titanic
O capitán Pelicano volve ao bosque cunha misión para Robin, Carpin, Pegui e Merli: compoñer un himno do Titanic.
TIMMY TIME: TIMMY TIME 16
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: TINIEST MAN IN THE WORLD, THE 26
CAN CHEIRENTO: CAN CHEITENTO VAI Ó CÁRCERE
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Patos famentos
Non se debe alimentar os patos do parque, e menos se miden máis ca ti.
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento vai ó cárcere
Durante a ausencia de Gato Chato, que foi á casa do seu tío Antoine, a Can Cheirento acúsano do roubo da televisión de Caniche e Basset. Gégé, convencido de que é o ladrón, méteo no cárcere. Mentres, Bulldog e Chihuahua aproveitan para mudarse á canella e descubrir o superpoder de Can Cheirento.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: A Monicrequeira
Marinette coida da pequena Manon, que se converte na malvada Monicrequeira mentres xoga ás bonecas con Ladybug, Cat Noir e uns malos moi malos.
SONIC BOOM: A fortaleza miserenta
O doutor Eggman está entusiasmado porque unha revista de decoración quere sacar a súa gorida na portada. Como o día que chegan para inspeccionarlla a cousa non vai como el esperaba, decide buscar axuda para redecorar e contrata alguén que ten moito estilo e bo gusto.
SONIC BOOM: O xigante durmido
Sonic e Knuckles espertan un xigante de pedra que empeza a destruír todo o que encontra. Os amigos buscan unha solución para que volva quedar durmido e Eggman acabará botando unha man tamén.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 378
GRANDES LUGARES: Baldráns (Tui-Pontevedra) -San Samertolameu (Moaña-Pontevedra)-Amoroce (Celanova-Ourense)
Un docusoap de entretemento que pretende amosar, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de poboacións galegas con moito para contar.
LIBRO DE FAMILIA
En Santalla están expectantes polas novas que poden chegar por medio do anuncio que puxo Freire na radio. Mentres, no hostal, o neno ten febre e vai a peor. Gloria quere levalo lonxe.
LIBRO DE FAMILIA
O neno segue con febre. A chamada do pediatra a Freire crea esperanzas na familia. Don Román desconfía de Gloria e manda a Álvaro á Coruña para investigar o asunto. Gloria intenta convencer a Álvaro para traizoar a don Román e cobrar o rescate pola súa conta.
LIBRO DE FAMILIA
O plan de Álvaro e Gloria vense abaixo. O neno segue enfermo e Gloria pretende levalo a América. Don Román leva o neno para devolvelo ante o temor de que o descubran. Román ordénalle que o deixe xunto á casa de Freire.
LIBRO DE FAMILIA
A aparición do fillo de Deli e Freire é motivo de alegría, pero o neno dálles moito traballo, non os deixa durmir e están completamente extenuados. Carmiña, Elías e Elvira compiten en coñecementos sobre puericultura.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 11.02.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 11.02.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 11.02.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 11.02.2026
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 94
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Esta semana o 'Atrápame se podes' arranca cun bote de 4.000 euros e os aspirantes a levalo son: Jairo, de Palas de Rei; Andrea, de Camariñas; Fátima, de Ordes; Lalo, de Verín, e Xoaquín do Grove.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 44
O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
COMO GALEGOS: Hans, Juli e Lino
COMO GALEGOS: Tracy, Ricardo e Gustavo
COMO GALEGOS!: Domingos, José e Yanko
ZIGZAG: ZIGZAG 3337
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. A autora infantil María Canosa presenta hoxe a súa nova obra ‘Dipnoi’ no ‘ZIGZAG’, que falará amais dos proxectos do artista Ramón Trigo e da estrea dun documental sobre Lodeiro para conmemorar o 30 aniversario do seu pasamento.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1469
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 11.02.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
AUGA SECA: AUGA SECA II 7
Thriller policial galego-portugués situado no tráfico de armas. Os espectadores verán como a morte de Fran fronte á comisaría supón un shock para todos, un golpe terrible para a familia Galdón e especialmente para Teresa, que está convencida de que Fran descubriu algo. Séntese culpable por involucralo nas súas sospeitas sobre os movementos da maquinaria da ‘auga seca’.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 11.02.2026
AUGA SECA: AUGA SECA II 8
Thriller policial galego-portugués situado no tráfico de armas. Hoxe, en 'Auga seca', despois de enterrar o seu fillo, Mauro reúnese con Lázaro para afianzar os seus acordos. Allea á operación, Irene céntrase en honrar a súa memoria, mantendo ao seu carón unha fráxil Silvia.
GARDIÁNS DA NOITE: Que outros avancen
GARDIÁNS DA NOITE: TEN ALGO QUE PERFECCIONAR
GARDIÁNS DA NOITE: VÍNCULOS FALSOS
GARDIÁNS DA NOITE: O DEUS DO LUME
GARDIÁNS DA NOITE: GUARDIANES DE LA NOCHE: KIMETSU NO YAIBA 20
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1981
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
RECANTOS CON FEITIZO: Monforte con Fátima Pego
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.
GRANDES LUGARES: Baldráns (Tui-Pontevedra) -San Samertolameu (Moaña-Pontevedra)-Amoroce (Celanova-Ourense)
Un docusoap de entretemento que pretende amosar, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de poboacións galegas con moito para contar.