TVG2 - CSAG
MADDIE E TRIGGS: O vento
Maddie enfádase co aire porque lle levou un paxaro de papel, pero vivirá unha aventura máxica en que descubrirá todo o que pode facer o vento.
BIBOPALULA: O moneco de neve
No bosque apareceu un animal novo e os paxaros da Banda do Bosque queren coñecelo. É branco, ten o nariz de cor laranxa e está feito de neve.
BIBOPALULA: O parrulo campión
Parrulo está triste porque quere facer as mesmas cousas que os seus amigos. Os paxaros da Banda do Bosque apréndenlle que el ten outras aptitudes extraordinarias.
TIMMY TIME: Timmy fai bum
Despois de escoitar os tronos durante unha treboada, Timmy queda fascinado cos ruídos fortes e asusta a Apricot.D
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Microman
Hai cousas que non debes meter nun microondas, nin hámsters nin homes pequerrechiños.
CAN CHEIRENTO: Qué pensa Can Cheirento?
Can Cheirento non sabe onde puxo a espiña da sorte de Gato Chato. Ponse a pensar, queda a durmir e acaba no país dos soños. Nese estraño lugar atopa o ordenador central onde están almacenados tódolos seus recordos. Isto podería axudarlle a atopar a espiña.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Horrificator
Mentres filman unha película de terror para a clase de Marinette, unha das actrices transfórmase nun monstro baboso que se alimenta doo medo dos demais.
SONIC BOOM: Xogando aos amigos de mentira
O doutor Eggman ten un amigo novo e os robots Orbot e Cubot séntense desprezados e marchan da gorida.
SONIC BOOM: Apocalipse dobre
O doutor Eggman colle de axudante a Dave, o da hamburguesería. Farto de facer tarefas sen importancia, Dave rebélase e apodérase dunha máquina que pode acabar co mundo. Sonic e Tails terán que intervir para impedirllo.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 377
GRANDES LUGARES: Hospital (Quiroga - Lugo), Santo Estevo de Oca (A Estrada - Pontevedra)
Un docusoap de entretemento que pretende amosar, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de poboacións galegas con moito para contar.
LIBRO DE FAMILIA
Lupe segue na cadea e don Román busca outra colaboradora, Gloria, para levar a cabo os seus plans contra Freire, Deli e o seu futuro fillo. Elvira e Carmiña rivalizan por asistir unha coella que está a piques de parir na casa dos Cabanas.
LIBRO DE FAMILIA
Todos están preocupados pola desaparición do fillo de Freire e Deli. Ela non atopa consolo e o indiano trata de manterse sereno pensando que se trata dunha confusión. A relación entre Tomás e Laura sobe un grao máis.
LIBRO DE FAMILIA
María e Marcos deciden ter o seu primeiro encontro, pero non acaban de atopar un lugar íntimo. María pídelle a Carmiña que sexa a súa Celestina. Os dous mozos conseguen o seu propósito burlando unha artimaña de Carmiña para delatalos.
LIBRO DE FAMILIA
A relación entre Deli e Freire vai a peor. Ela non lle perdoa non tela ao tanto das investigacións. El, desolado, trata de ocuparse no traballo do almacén. Don Román goza vendo destrozada a familia dos Freire.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 10.02.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 10.02.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 10.02.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 10.02.2026
NO FOCO: NO FOCO 07.02.2026
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
NO FOCO: Galicia, á cabeza de España en testamentos
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 93
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Terceira oportunidade que ten a nosa tripulación desta semana para levar o bote, que xa está nos 9.400 euros. Ana de Ames, Nuria da Pobra do Caramiñal, Esther de Antas de Ulla, Manuel da Illa de Arousa e Anxo de Boqueixón. Algún deles subirá os cinco chanzos do 'Atrápame se podes' sen fallar ningunha pregunta?
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 43
O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
LATITUDE GALEGA: Dubai. Cris Carro
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 414
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid. Presentado por María Cheda.
ADN GALEGO: Zaragoza
O espazoviaxará por todo o territorio español para contar as historias dos galegos e galegas que traballan e desenvolven a súa vida noutros lugares. A TVG percorre Zaragoza, a quinta cidade máis poboada de España, para coñecer historias con ‘ADN galego'.
ZIGZAG: ZIGZAG 3336
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. O novo disco da banda compostelá Pastor Eléctrico e a exposición ‘San Sebastián, corpo de beleza e dor’, argumentos do 'ZigZag' de hoxe.
HORA GALEGA: Memoria animada cos veciños de Narón
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1468
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 10.02.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 10.02.2026
O PAIS DOS MIXTOS
Documental que recolle o pasado, presente e futuro do Couto Mixto, situado na raia fronteiriza entre España e Portugal, formado polas aldeas de Santiago, Rubiás e Meaus nos concellos de Calvos de Randín e Baltar (Ourense), unidas durante séculos polos seus privilexios e consciencia de pobo.
RELANZOS: Vilas e revoltas
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1980
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
LATITUDE GALEGA: Dubai. Martín Monteagudo
GRANDES LUGARES: Hospital (Quiroga - Lugo), Santo Estevo de Oca (A Estrada - Pontevedra)
Un docusoap de entretemento que pretende amosar, desde un punto de vista optimista e particular, a historia afectiva e social de poboacións galegas con moito para contar.