div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: Ondas

Maddie e Triggs fan un castelo de area na praia, pero a marea ameaza con derrubalo e deixar sen fogar a súa nova amiga, a mariñeira Nancy.

07:05 h

BIBOPALULA: A postal

Pombo, o mensaxeiro, perde de novo unha postal.

07:10 h

BIBOPALULA: O merlo branco

Merli preséntalle ao resto da Banda do Bosque un merlo igual que el pero con plumas brancas.

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy o artista

Timmy e Mittens pintan retratos un do outro, mentres Yabba, Stripey e Otus pintan retratos fóra.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Pequeno xigante

O noso pequeno heroe convértese nun xigante que causa o caos na cidade!

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento fede a pobre

Can Cheirento quérelle regalar un patinete eléctrico a Caniche polo seu aniversario, pero entre él e Gato Chato non dan xuntado os cartos necesarios.

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Ilustrator

Un estudante namorado de Marinette queda “akumatizado” e convértese en Ilustrator, un malfeitor ao que se enfrontará Cat Noir sen a axuda de Ladybug.

08:05 h

SONIC BOOM: Non se permiten robots

Eggman pode acabar expulsado da súa gorida por culpa dunha ordenanza municipal e terá que esforzarse para convencer a Asociación de propietarios de que é un bo veciño. Eggman pode acabar expulsado da súa gorida por culpa dunha ordenanza municipal e terá que esforzarse para convencer a Asociación de propietarios de que é un bo veciño.

08:15 h

SONIC BOOM: Contraproducente

Despois de ver a Soar falando nun programa de televisión, Knuckles decátase de que cometeu erros no pasado e fai o propósito de desculparse con aqueles aos que lles fixo mal. Despois de ver a Soar falando nun programa de televisión, Knuckles decátase de que cometeu erros no pasado e fai o propósito de desculparse con aqueles aos que lles fixo mal.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 371

09:30 h

GRANDES LUGARES: Arcos (Chantada), A Magdalena (Ribadavia), Parada (Barro)

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais. A edición actual de “Grandes Lugares”, o programa da TVG visitará as aldeas de Santa María de Arcos, no concello de Chantada; Parada, no concello pontevedrés de Barro e o lugar da Magdalena, no concello de Ribadavia.

10:25 h

LIBRO DE FAMILIA

Milucho e don Venancio están máis ca fartos de ver a vila chea de lixo. O novo barman fala co seu tío Senén para que desde o Concello fagan algo, de feito, acaba apostando que en dous días terá a vila limpa.

11:35 h

LIBRO DE FAMILIA

Mentres todos lle agradecen a Marcos a súa intercesión no asunto da leña, don Román intriga con Lupe. El quere vinganza e non ten paciencia. Utilizarán a Marcos para os seus plans vinculados á plantación de eucaliptos, farano seu socio para implicalo.

12:35 h

LIBRO DE FAMILIA

Cosme vai a Maceiras a cobrar a pensión. As mulleres da vila empezan a mobilizarse para cobrar tamén. Marcos xa está a traballar no concello co seu pai, en prexuízo de Senén, que se ve apartado das súas funcións.

13:45 h

LIBRO DE FAMILIA

Marcos está preocupado por María despois do accidentado plantón. O seu pai quítalle importancia e alecciónao sobre a 'arte' de tratar as mulleres. Laura chega á vila e intentará poñer orde no mundo que a rodea.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 02.02.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 02.02.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 02.02.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 02.02.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 87

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Segundo día no 'Atrápame se podes' para Xurxo, de Chantada; Manuel, de Bueu; Alberto, de Cambre; Carmela, da Pobra do Caramiñal, e Ana, de Mazaricos. Calquera deles pode levar o bote, que xa medrou ata os 8.200 euros.

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 37

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

17:50 h

QUE CASAS!: QUE CASAS! IV 35

As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. Casas restauradas, apartamentos urbanos e ata un barco serán as vivendas protagonistas dunha nova edición do programa.

div-crtvg-top2

Publicidade