div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: O microondas

Mamá demóstralles a Maddie e Triggs que o microondas é unha opción para cociñaren rápido comida moi sa.

07:05 h

BIBOPALULA: A primeira vez

Cegoña ten medo a voar e non se atreve a saír do niño.

07:10 h

BIBOPALULA: Que lle pasa a Carpin?

Carpin ten dor de barriga porque comeu unha baga velenosa.

07:20 h

TIMMY TIME: TIMMY TIME 23

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy o construtor

A clase constrúe tendas de campaña, pero Timmy ten problemas. Otus ofrécese a axudar, pero el pensa que non lle fai falta.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: TINIEST MAN IN THE WORLD, THE 13

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento vai a Nova York

Can Cheirento recibe unha postal. Unha tal Jacqueline quedou con el ó pé da Estatua da Liberdade. Gato Chato intentar disuadir o seu amigo de ir a Nova York, pero Can Cheirento está impaciente por coñecer a famosa Jacqueline.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Un pequeno paso

O noso protagonista decide emprender a súa propia carreira espacial

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xélido

Philippe, un adestrador de patinaxe artística, transfórmase en Xélido, un patinador malvado que pretende converter París nun reino de xeo.

08:05 h

SONIC BOOM: Cidadáns exemplares

Sonic e os amigos reciben un premio por defender sempre os veciños dos ataques do doutor Eggman e o alcalde contrata un asesor para axudarlles a dar exemplo de conduta aos máis pequenos da vila. Sonic e os amigos reciben un premio por defender sempre os veciños dos ataques do doutor Eggman e o alcalde contrata un asesor para axudarlles a dar exemplo de conduta aos máis pequenos da vila.

08:15 h

SONIC BOOM: A Vinganza de Ano Vello

Sonic e os amigos están preparando unha festa para celebrar o paso do Ano Vello ao Ano Novo e todos están contentos. O doutor Eggman aproveita os últimos momentos do ano para intentar cumprir o obxectivo que se propuxo cando empezou. Sonic e os amigos están preparando unha festa para celebrar o paso do Ano Vello ao Ano Novo e todos están contentos. O doutor Eggman aproveita os últimos momentos do ano para intentar cumprir o obxectivo que se propuxo cando empezou.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 369

09:30 h

GRANDES LUGARES: Toques e Tabeaio (A Coruña) - Sumoas (Xove - Lugo)

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais. “Grandes Lugares” visitará as aldeas de Toques, na comarca de Terra de Melide; San Martiño de Tabeaio, no concello coruñés de Carral, e Sumoas, no concello lucense de Xove.

10:25 h

LIBRO DE FAMILIA: Far West

Lupe aproveita a ausencia de Laura na casa para levar a cabo certas intrigas con don Román. Quere vingarse de Freire e de Manuel polo que cre ela foi unha humillación. Ofrécese para entregarlle documentos e datos económicos do almacén. Lupe aproveita a ausencia de Laura na casa para levar a cabo certas intrigas con don Román. Quere vingarse de Freire e de Manuel polo que cre ela foi unha humillación. Ofrécese para entregarlle documentos e datos económicos do almacén.

11:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Soños de papel

Elías escoita falar uns veciños sobre a importancia do papel na vida diaria e no desenvolvemento industrial dunha zona. O taxista, inspirado, ve unha posible nova liña de negocio na fabricación deste. Elías escoita falar uns veciños sobre a importancia do papel na vida diaria e no desenvolvemento industrial dunha zona. O taxista, inspirado, ve unha posible nova liña de negocio na fabricación deste.

12:40 h

LIBRO DE FAMILIA: Xogar co lume

Mentres Freire e Manuel están no convento decidindo sobre a conveniencia de que Deli regrese a Santalla, o almacén arde como o mesmísimo inferno. Todos na vila acoden a sofocar o incendio, pero a remolacha quedou moi danada. Mentres Freire e Manuel están no convento decidindo sobre a conveniencia de que Deli regrese a Santalla, o almacén arde como o mesmísimo inferno. Todos na vila acoden a sofocar o incendio, pero a remolacha quedou moi danada.

13:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Monicreques

A feira en Santalla xa non é o que era, agora a xente vai máis a outras vilas. Os veciños pensan nun espectáculo de monicreques para revivila, pero o encargado está retirado, polo que eles mesmos se encargarán do espectáculo. A feira en Santalla xa non é o que era, agora a xente vai máis a outras vilas. Os veciños pensan nun espectáculo de monicreques para revivila, pero o encargado está retirado, polo que eles mesmos se encargarán do espectáculo.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 29.01.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 29.01.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 29.01.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 29.01.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 85

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Última oportunidade de levar o bote do 'Atrápame se podes', que xa está en 7.800 euros, para a tripulación desta semana: Xurxo, de Camelle; Raquel, de Teo; Mark, da Coruña; Pili, de Lugo, e María, de Porto do Son.

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 35

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa. O bote de 6.000 € de ‘Eu sei + ca ti’ cae hoxe na TVG. O concurso presentado por Fran Nogueira vivirá unha edición chea de emoción, en que tres equipos loitarán por abrir a caixa forte e levar o gran premio: Os Cucos (Gara, Martín e Meri), As do Castro (Belén, Candela e Pili) e Os Escalenos (Antonio, Marcos e Suso).

17:55 h

A XANTAR!: A XANTAR II 26

Programa que amosa os mellores comedores galegos, onde cantidade, calidade e prezo non están rifados.

18:30 h

A XANTAR!: A XANTAR II 27

Programa que amosa os mellores comedores galegos, onde cantidade, calidade e prezo non están rifados.

19:00 h

A XANTAR!: A XANTAR II 28

Programa que amosa os mellores comedores galegos, onde cantidade, calidade e prezo non están rifados. Hoxe amosa tres dos mellores locais de Galicia especializados no servizo a domicilio.

19:30 h

A XANTAR!: A XANTAR II 29

Programa que amosa os mellores comedores galegos, onde cantidade, calidade e prezo non están rifados. Hoxe amosa tres dos mellores locais de Galicia especializados na fusión do produto tradicional galego con outras nacionalidades.

19:55 h

A XANTAR!: A XANTAR II 30

Programa que amosa os mellores comedores galegos, onde cantidade, calidade e prezo non están rifados.

20:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3326

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Alejandro Gándara e Ariadna Silva, directores do documental ‘360 curvas’, visitan hoxe ‘ZigZag’, que tamén fala da violinista Raquel Areal, do Festival de Rotterdam e do grupo muradán Lisdexia.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1462

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 29.01.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 29.01.2026

22:30 h

NOSOUTRAS: NOSOUTRAS 4

Proxecto cultural que, a través de vídeos divulgativos, intenta poñerlles nome a todas aquelas mulleres que destacaron historicamente no mundo da cultura en Galicia ou que foron abrindo camiño para as novas xeracións de creadoras. Ao falar de Castelao, todo o mundo ten unha idea máis ou menos exacta da importancia da súa figura, pero nada diso sería así de non ser por Virxinia Pereira, quen foi moito máis que 'a muller de Castelao'. 'Nosoutras' achégase hoxe á súa figura, sepultada baixo a enorme sombra do rianxeiro máis universal.

22:35 h

ANTES DE NÓS:O CASTELAO MÁIS ÍNTIMO

Making of de ‘Antes de nós’, primeira longametraxe realizada sobre Castelao, dirixida por Ángeles Huerta, con guión de Pepe Coira e participada pola Televisión de Galicia. A rodaxe, levada a cabo en distintos escenarios de Galicia, é un drama histórico que descobre momentos únicos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao xunto á súa muller Virxinia Pereira, unha muller clave para entender a figura do político.

22:35 h

ANTES DE NÓS: O CASTELAO MÁIS ÍNTIMO

Making of de ‘Antes de nós’, primeira longametraxe realizada sobre Castelao, dirixida por Ángeles Huerta, con guión de Pepe Coira e participada pola Televisión de Galicia. A rodaxe, levada a cabo en distintos escenarios de Galicia, é un drama histórico que descobre momentos únicos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao xunto á súa muller Virxinia Pereira, unha muller clave para entender a figura do político.

23:20 h

CASTELAO E OS IRMANS DA LIBERDADE

Dirixido por Xan Leira, céntrase na figura de Daniel Alfonso Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950) como paradigma do home galego comprometido coa transformación da súa terra. Igual que Gandhi na India ou Mandela en Sudáfrica, Daniel Castelao expresa en si mesmo a vontade dun pobo por mudar para sempre cunha realidade social, cultural e económica secularmente adversa. Primeiro coa arte e despois coa palabra e a acción política, Castelao convértese, desde o comezo da II República Española, no líder dun pobo na súa intención por cambiar cunha orde social inxusta.

00:35 h

CRÓNICAS DA TRANSICIÓN: A resiliencia galeguista: interior e exterior

Serie documental que pon o foco na Transición en Galicia, unha etapa de incerteza e esperanza cara á democracia. O golpe de Estado de 1936 trunca o soño galeguista, que acadara o seu cénit unhas semanas antes coa aprobación do Estatuto de Autonomía. Moitas galegas e galegos, como Castelao, tiveron que exiliarse e continuar co activismo na distancia. Outros, como Ramón Piñeiro, lideraron o galeguismo desde dentro, preservando a lingua e a cultura a través de faladoiros e de iniciativas como Editorial Galaxia.

01:35 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1968

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

NO FOCO: Antigos comercios moi vivos

06:00 h

GRANDES LUGARES: Toques e Tabeaio (A Coruña) - Sumoas (Xove - Lugo)

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais. “Grandes Lugares” visitará as aldeas de Toques, na comarca de Terra de Melide; San Martiño de Tabeaio, no concello coruñés de Carral, e Sumoas, no concello lucense de Xove.

div-crtvg-top2

Publicidade