div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: A ÁRA árbore de Maddie

Maddie queda abraiada con todos os usos que teñen as pólas das árbores.

07:05 h

BIBOPALULA: A árbore do medo

Haberá monstros no bosque?

07:10 h

BIBOPALULA: O furacán

Hai un ruído moi forte no bosque, parece que vén unha tormenta.

07:20 h

TIMMY TIME: A marioneta de Timmy

Timmy perde a marioneta de calcetín feita por el e non a atopa, decide facer outra.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento busca a Gato Chato

A Gato Chato cáelle un bote de pintura enriba e vólvese negro. Can Cheirento non o recoñece e sae buscalo, pois está moi preocupado. Gato Chato intenta por tódolos medios volver ó seu color para tranquilizar o seu amigo.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Oficial de ‘tráxico’

Ao mellor non é boa idea poñer o home máis pequerrecho do mundo a dirixir o tráfico

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Sapotis

As irmás cativas de Alya acaban “akumatizadas” e convertidas en Sapotis, uns pequenos monstros descontrolados que provocan o caos na cidade.

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: CAPITÁ HARDROCK

08:05 h

SONIC BOOM: Un tío corrente

Cando o doutor Eggman ataca a vila e Mike, un amigo de Knuckles, quere axudar a defendela, Sonic faille un comentario que a todos lles parece ofensivo. A vila enteira está contra Sonic e Amy proponlle que faga un curso de sensibilidade para que o perdoen. Cando o doutor Eggman ataca a vila e Mike, un amigo de Knuckles, quere axudar a defendela, Sonic faille un comentario que a todos lles parece ofensivo. A vila enteira está contra Sonic e Amy proponlle que faga un curso de sensibilidade para que o perdoen.

08:15 h

SONIC BOOM: GUERRA DE ESTRELAS

Knuckles sae na prensa e acaba sendo o famoso de moda co que todos queren contar, así que cando o Macaco Chistoso ten que deixar de presentar o seu programa unha temporada, a todos lles parece que Knuckles será o suplente perfecto.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 368

09:30 h

GRANDES LUGARES: Partovia (O Carballiño) Brocos (A Golada) Oza (Teo -A Coruña)

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.

10:25 h

LIBRO DE FAMILIA: Taquigrafía e mecanografía

Laura confésalle a súa identidade a don Venancio, buscando no crego consolo e apoio. Mentres, don Román segue instigando a Álvaro para que se propase con ela, coa dobre intención de rirse del e humillala a ela. Laura confésalle a súa identidade a don Venancio, buscando no crego consolo e apoio. Mentres, don Román segue instigando a Álvaro para que se propase con ela, coa dobre intención de rirse del e humillala a ela.

10:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Far West

Lupe aproveita a ausencia de Laura na casa para levar a cabo certas intrigas con don Román. Quere vingarse de Freire e de Manuel polo que cre ela foi unha humillación. Ofrécese para entregarlle documentos e datos económicos do almacén. Lupe aproveita a ausencia de Laura na casa para levar a cabo certas intrigas con don Román. Quere vingarse de Freire e de Manuel polo que cre ela foi unha humillación. Ofrécese para entregarlle documentos e datos económicos do almacén.

11:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Soños de papel

Elías escoita falar uns veciños sobre a importancia do papel na vida diaria e no desenvolvemento industrial dunha zona. O taxista, inspirado, ve unha posible nova liña de negocio na fabricación deste. Elías escoita falar uns veciños sobre a importancia do papel na vida diaria e no desenvolvemento industrial dunha zona. O taxista, inspirado, ve unha posible nova liña de negocio na fabricación deste.

11:35 h

LIBRO DE FAMILIA: Feitizo de amor

A actitude agarimosa de Lupe non convence a Freire. A coruñesa intenta convencer o indiano para visitar a cidade herculina e presentarlle a súa familia. Freire non se sente con ánimos, pero ela non desiste e, convencida por Carmiña, intenta facerlle un meigallo. A actitude agarimosa de Lupe non convence a Freire. A coruñesa intenta convencer o indiano para visitar a cidade herculina e presentarlle a súa familia. Freire non se sente con ánimos, pero ela non desiste e, convencida por Carmiña, intenta facerlle un meigallo.

12:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Xogar co lume

Mentres Freire e Manuel están no convento decidindo sobre a conveniencia de que Deli regrese a Santalla, o almacén arde como o mesmísimo inferno. Todos na vila acoden a sofocar o incendio, pero a remolacha quedou moi danada. Mentres Freire e Manuel están no convento decidindo sobre a conveniencia de que Deli regrese a Santalla, o almacén arde como o mesmísimo inferno. Todos na vila acoden a sofocar o incendio, pero a remolacha quedou moi danada.

12:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Un día na praia

María pídelle a Manuel que os leve á praia. Os Cabanas deciden levarse á praia a Carmiña para afastala do frenético Elías. Os Lamela semellan refacer a súa vida familiar, aínda que a muller e o fillo non acaban de baixar a garda. María pídelle a Manuel que os leve á praia. Os Cabanas deciden levarse á praia a Carmiña para afastala do frenético Elías. Os Lamela semellan refacer a súa vida familiar, aínda que a muller e o fillo non acaban de baixar a garda.

13:30 h

LIBRO DE FAMILIA: Monicreques

A feira en Santalla xa non é o que era, agora a xente vai máis a outras vilas. Os veciños pensan nun espectáculo de monicreques para revivila, pero o encargado está retirado, polo que eles mesmos se encargarán do espectáculo. A feira en Santalla xa non é o que era, agora a xente vai máis a outras vilas. Os veciños pensan nun espectáculo de monicreques para revivila, pero o encargado está retirado, polo que eles mesmos se encargarán do espectáculo.

13:45 h

LIBRO DE FAMILIA: Ollos que non ven

Manuel segue sen fiarse de Lupe e Freire non quere vincularse sentimentalmente á coruñesa. Ambos deciden poñer a María a traballar no almacén para librarse da coruñesa. Lupe, a súa vez, urdirá un plan para vingarse deles. Manuel segue sen fiarse de Lupe e Freire non quere vincularse sentimentalmente á coruñesa. Ambos deciden poñer a María a traballar no almacén para librarse da coruñesa. Lupe, a súa vez, urdirá un plan para vingarse deles.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 28.01.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 28.01.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 28.01.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 28.01.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 84

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Penúltima oportunidade para Xurxo, de Camelle; Raquel, de Teo; Mark, da Coruña; Pili, de Lugo, e María, de Porto do Son, de levar o bote do 'Atrápame se podes', que medrou ata os 7.600 euros. Farase algún deles con el?

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 34

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

17:50 h

COMO GALEGOS: Pedro, Grit e Assane

18:55 h

COMO GALEGOS: Alejandro, Patri e Jürgen

19:50 h

COMO GALEGOS: Erick, Yuri e Iura

19:55 h

LATITUDE GALEGA: Múnic_Laura Macías

Alba Mancebo segue a pegada de galegos en Múnic.

20:00 h

RESCATES. NO FÍO DO MILAGRE: Salvamento na neve

‘Rescates. No fío do milagre’ retrata os casos reais máis extremos que levan aos equipos de salvamento a probar os seus propios límites. Por terra, mar e aire, gardacostas, sanitarios, pilotos ou mergulladores baixan ás simas máis fondas, soben aos cantís máis altos e traballan nas ondas máis bravas para salvar persoas que precisan axuda, conseguindo rescates ‘no fío do milagre’. Nas montañas do leste de Galicia a neve marca a última fronteira. Os especialistas do GREIM da Garda Civil en Trives fan prácticas coa súa cadela Dana para rescates extremos en xeo e avalanchas. Nos Ancares, Protección Civil e gardas forestais interveñen cada inverno para salvar vidas cando un manto branco cobre os bicos dos maiores cordais do país.

20:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3325

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Xesús Fraga e Xerardo Quintiá falan do seu libro ‘Tempo de correspondencia’ no 'ZigZag', que amais hoxe achegará unha mostra de pintura e novidades musicais galegas.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 1461

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 28.01.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 28.01.2026

22:30 h

CASTELAO A REVOLUCION GRAFICA EN GALICIA

Documental dirixido por Xan Leira, que se achega ao proceso histórico polo que o linóleo se converteu nun dos motores fundamentais da renovación estética e editorial de Galicia na década de 1920. O filme reconstrúe cronoloxicamente este fenómeno, a través das voces de especialistas de referencia, como Daniel Buján Núñez, Ángeles Tilve Jar, Carlos L. Bernárdez, Xoán Pastor Rodríguez, Miguel Anxo Seixas Seoane y Ricardo Gurriarán.

23:00 h

NO BICO UN CANTAR: Lela

Lela é unha das máis fermosas cancións de amor da música galega, nacida como parte do texto da obra de teatro 'Os vellos non deben de namorarse', escrita por Castelao. Pero houbo algúns feitos que as converteron nunha das pezas máis coñecidas do cancioneiro galego: primeiramente a incorporación ao repertorio dos coros polo músico coruñés Adolfo Anta Seoane e despois a gravación que fixo en 1979 o grupo Petapouco, formado en Barcelona e do que era integrante un coñecido camariñán: Xosé Luís Blanco Campaña. Nesta entrega do espazo da TVG, os espectadores coñecerán a historia das Cantigas de Camariñas da man do propio Xosé Luís Blanco, da familia de Adolfo Anta Seoane, de quen a cantou no Coro da Real Fábrica de Tabacos da Coruña e dos camariñáns, que falarán do sentimento que lles provoca cantar e escoitar esta peza que levou o nome da súa vila por todo o mundo. Co ambiente das palilladas, coa bravura do litoral camariñán e coa festa da Virxe do Carme de fondo, o programa ofrecerá as versións que desta fermosa cantiga fixeron Treixadura, Lucía Pérez, Xaime Estévez, Os Panchos do Jolfendro, o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, Vellos Ventos, o gaiteiro Xavier Blanco e o Cuarteto Egeria.

23:35 h

HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: O NACEMENTO DA "RIANXEIRA"

Hai feitos que cambiaron o curso da historia, personaxes que marcaron unha época e anécdotas esquecidas, ou apenas esbozadas nun pé de páxina, que merecen formar parte do argumento principal.

23:35 h

HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: O nacemento da 'Rianxeira'

Hai feitos que cambiaron o curso da historia, personaxes que marcaron unha época e anécdotas esquecidas, ou apenas esbozadas nun pé de páxina, que merecen formar parte do argumento principal. En 1947 Castelao regresa a Bos Aires desencantado da súa experiencia en París. A colectividade galega recíbeo cun agasallo singular: a canción ‘Ondiñas da nosa ría’, creada por dous paisanos seus. Acaba de nacer ‘A Rianxeira’, o himno oficioso de Galicia.

00:00 h

AS ESCENOGRAFÍAS DE CASTELAO

As escenografías creadas por Castelao para a Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra entre 1925 y 1934 son pezas fundamentais, que combinan aguada e tinta sobre papel. Inclúen telóns de boca como San David e Arcoíris, xunto con decorados como Pórtico románico, Rosetón ojival e Alcoba, destacando polo seu estilo artístico e gran formato.

00:15 h

GARDIÁNS DA NOITE: O CAZADOR E O SEU DEMO

00:40 h

GARDIÁNS DA NOITE: MUZAN KIBUTSUJI

01:05 h

GARDIÁNS DA NOITE: UN SEDUTOR RECENDO A SANGUE

01:25 h

GARDIÁNS DA NOITE: DEMO DO BALÓN, DEMO DAS FRECHAS

01:50 h

GARDIÁNS DA NOITE: SEMPRE XUNTOS

02:15 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1967

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

EXPEDIENTE OCULTO: Na Casa da Escusalla I

Novo formato de investigación, presentado pola xornalista especializada en sucesos Patricia Abet, que propón unha ollada rigorosa e transversal sobre crimes reais, actualidade xudicial e social, así como lendas e misterios de Galicia.

06:00 h

GRANDES LUGARES: Partovia (O Carballiño) Brocos (A Golada) Oza (Teo -A Coruña)

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.

div-crtvg-top2

Publicidade