div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: O parque para cans

A Triggs encántalle o parque para cans e intentará convencer unha cadeliña tímida de que é o mellor lugar do mundo.

07:05 h

BIBOPALULA: O papaventos

Hai un paxaro estranxeiro na zona!

07:10 h

BIBOPALULA: As estrelas

Hoxe hai un espectáculo nocturno.

07:15 h

TIMMY TIME: Timmy no kart

A clase vai facer carreiras de karts, e Timmy ten que aprender a importancia de agardar a súa quenda.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento vai á praia

Can Cheirento faise amigo dun mexillón que encontrou nunha pizza.

07:30 h

HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: Vampiros

Uns chupasangues moi terroríficos atacan o home máis pequerrechiño do mundo

07:40 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Gorizilla

Lepidótero “akumatiza” o escolta de Adrien e convérteo en Gorizilla, un simio dotado dunha forza e un olfacto extraordinarios que persegue a Adrien por toda a cidade.

08:05 h

SONIC BOOM: Aventura na selva

Sonic pensa que ten máis maña ca Sticks para sobrevivir na natureza e ela non está de acordo. Para aclaralo forman dous equipos, Sonic con Knuckles e Sticks con Amy, e compiten nunha carreira na que terán que botar man da intelixencia e da súa habilidade para chegar á meta. Sonic pensa que ten máis maña ca Sticks para sobrevivir na natureza e ela non está de acordo. Para aclaralo forman dous equipos, Sonic con Knuckles e Sticks con Amy, e compiten nunha carreira na que terán que botar man da intelixencia e da súa habilidade para chegar á meta.

08:15 h

SONIC BOOM: Alcalde Knuckles

Knuckles queda substituíndo o alcalde mentres vai de pesca e encárgase de selar as leis e peticións que chegan ao concello. A cousa complícase cando algunhas das ordenanzas aprobadas alteran a convivencia na vila e fan que os veciños estean descontentos. Knuckles queda substituíndo o alcalde mentres vai de pesca e encárgase de selar as leis e peticións que chegan ao concello. A cousa complícase cando algunhas das ordenanzas aprobadas alteran a convivencia na vila e fan que os veciños estean descontentos.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 366

09:30 h

GRANDES LUGARES: San Xusto (Avión-Ourense), A Fontaneira (Baleira-Lugo), O Cantiño (I. de Arousa)

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.

10:30 h

LIBRO DE FAMILIA: O capador

Don Román ten nas súas mans o seu fillo e obrígao a aparentar na vila que entre eles todo vai moi ben. Pero o que preocupa a Marcos é a súa nai polas posibles represalias que poida sufrir do seu pai. Don Román ten nas súas mans o seu fillo e obrígao a aparentar na vila que entre eles todo vai moi ben. Pero o que preocupa a Marcos é a súa nai polas posibles represalias que poida sufrir do seu pai.

11:40 h

LIBRO DE FAMILIA: A forasteira

Sara envíalle unha carta a Deli na que lle conta como van as cousas por Santalla. Freire tamén lle envía unhas cartas, espertando os celos de Lupe. Laura chega a Santalla cun novo aspecto, co que se fai pasar pola súa prima Marie. Sara envíalle unha carta a Deli na que lle conta como van as cousas por Santalla. Freire tamén lle envía unhas cartas, espertando os celos de Lupe. Laura chega a Santalla cun novo aspecto, co que se fai pasar pola súa prima Marie.

12:55 h

LIBRO DE FAMILIA: Parlez-vous française

Álvaro queda prendado dos modais, do estilo e o do acento da suposta prima francesa de Laura. Don Román intenta humillar a Laura-Marie paseándoa pola vila. Búrlase do namoramento de Álvaro demostrándolle que a moza é como todas.

14:00 h

LIBRO DE FAMILIA: Sor Carmiña de Santalla

Carmiña visita a Deli no convento e padece unha especie de revelación, atraéndolle a vida no mosteiro. Freire ofrécelle traballo a Lupe no almacén, ao que Manuel se mostra reticente. Marcos faise pasar por enfermo para reter a María. Carmiña visita a Deli no convento e padece unha especie de revelación, atraéndolle a vida no mosteiro. Freire ofrécelle traballo a Lupe no almacén, ao que Manuel se mostra reticente. Marcos faise pasar por enfermo para reter a María.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 26.01.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 26.01.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 26.01.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 26.01.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 82

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Segundo día no 'Atrápame se podes' para Xurxo, de Camelle; Raquel, de Teo; Mark, da Coruña; Pili, de Lugo, e María, de Porto do Son. O bote xa medrou ata os 7.200 euros e calquera deles pode ser o afortunado que o leve para a casa.

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 32

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

div-crtvg-top2

Publicidade