TVG2 - CSAG
MADDIE E TRIGGS: Festín nocturno
Maddie e Triggs van ás agachadas ata a cociña pola noite para comer uns pasteliños, pero descobren que non son os únicos que desexan un festín nocturno.
BIBOPALULA: A néboa
Coidado con non mancarse na néboa!
BIBOPALULA: O Titanic
O Titanic pasa polo río do bosque
TIMMY TIME: TIMMY TIME 14
TIMMY TIME: Timmy fotógrafo
Hora da foto da clase, pero a Timmy cústalle non ensuciarse, sobre todo porque a cámara non funciona ben
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: TINIEST MAN IN THE WORLD, THE 7
CAN CHEIRENTO: CAN CHEIRENTO VOLE Á LÚA
HOME MÁIS PEQUERRECHIÑO DO MUNDO, O: O coche novo
Conducir é perigoso se non che chegan os pés aos pedais
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento volve á Lúa
Can Cheirento sálvalle a vida a Canela, pero ela pensa que foi outro quen a salvou.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Volpina
Lila, unha rival que finxe ser amiga de Ladybug, é humillada por Marinette diante de Adrien e transfórmase en Volpina, unha malvada que fai realidade as ilusións.
SONIC BOOM: Eggman director
O doutor Eggman está rodando unha película e pídelle a Sonic que interprete nela o personaxe de si mesmo. Aínda que ao principio non quere, Sonic acaba traballando na película e convértese nunha estrela que ten ata dobre para as escenas perigosas. Chegado o día da estrea, Eggman está convencido de que a súa obra terá unha boa acollida por parte do público. O doutor Eggman está rodando unha película e pídelle a Sonic que interprete nela o personaxe de si mesmo. Aínda que ao principio non quere, Sonic acaba traballando na película e convértese nunha estrela que ten ata dobre para as escenas perigosas. Chegado o día da estrea, Eggman está convencido de que a súa obra terá unha boa acollida por parte do público.
SONIC BOOM: O concurso de Chilepáns
Sonic vai ser o xuíz do concurso anual de chilepáns e todos queren facer a mellor salsa para ganar. Alguén fálalle a Knuckles dun pemento extraordinario e entrégalle un mapa para poder atopalo. Despois de superar varias probas, chega a un lugar onde coñece un pobo estraño ao que lle acabará axudando a recuperar o seu fogar. Sonic vai ser o xuíz do concurso anual de chilepáns e todos queren facer a mellor salsa para ganar. Alguén fálalle a Knuckles dun pemento extraordinario e entrégalle un mapa para poder atopalo. Despois de superar varias probas, chega a un lugar onde coñece un pobo estraño ao que lle acabará axudando a recuperar o seu fogar.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 365
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 321
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
GRANDES LUGARES: Vilarmide (A Pontenova) - Flariz (Monterrei) - Lavandeira(Cabanas)
A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.
LIBRO DE FAMILIA: Santa Misión
Elvira está a recadar cartos pola vila para a Santa Misión, ademais de continuar coa súa cruzada e cizaña contra Deli, quen regresa a Santalla. Sara conseguiralle traballo de costureira para que volva a ter a cabeza no seu sitio. Elvira está a recadar cartos pola vila para a Santa Misión, ademais de continuar coa súa cruzada e cizaña contra Deli, quen regresa a Santalla. Sara conseguiralle traballo de costureira a Deli para que volva a ter a cabeza no seu sitio.
LIBRO DE FAMILIA: O San Xoán
Noite de San Xoán, noite máxica. En Santalla anhelan a chegada da noite para levar a cabo sortilexios, rituais, preparar pócemas de amor e todo presidido polo fogo purificador. Noite de San Xoán, noite máxica. En Santalla anhelan a chegada da noite para levar a cabo sortilexios, rituais, preparar pócemas de amor e todo presidido polo fogo purificador.
LIBRO DE FAMILIA: Adeus ríos, adeus fontes
Chega unha carta de Segundo, que lle ofrece a Marisiña un traballo nunha casa de comidas en Bilbao. Os Cabanas non están moi seguros da conveniencia de lerlla. Todos na vila están sorprendidos polo comportamento de Marcos co seu pai. Chega unha carta de Segundo que lle ofrece a Marisiña un traballo nunha casa de comidas en Bilbao. Os Cabanas non están moi seguros da conveniencia de lerlla. Todos na vila están sorprendidos polo comportamento de Marcos co seu pai.
LIBRO DE FAMILIA: A malla
Santalla prepárase para a malla. Cosme sente nostalxia polos tempos pasados, sen maquinaria e onde non todo se movía por cartos. Don Román, propietario da única malladora, pretende abusar dos veciños e, concretamente, dos Cabanas. Santalla prepárase para a malla. Cosme sente nostalxia polos tempos pasados, sen maquinaria e onde non todo se movía por cartos. Don Roman, propietario da única malladora, pretende abusar dos veciños e, concretamente, dos Cabanas.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 23.01.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 23.01.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 23.01.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 23.01.2026
RECANTOS CON FEITIZO: Compostela, a música da catedral, con Fátima Pego
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 81
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. 'Atrápame se podes' recibe hoxe nova tripulación. Eles son: Xurxo, de Camelle; Raquel, de Teo; Mark, da Coruña; Pili, de Lugo, e María, de Porto do Son. Todos eles aspiran a levar o bote, que xa está nos 7.000 euros.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 31
O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
PESCA TOTAL
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro.
PESCA TOTAL: PESCA TOTAL 7
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Remata a primeira fase de ‘Pesca Total’, coa eliminación dun concursante. Dani vive a súa primeira xornada no mar, mentres que o capitán decidirá quen dos cinco aspirantes abandona a experiencia.
PESCA TOTAL: PESCA TOTAL 8
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Despois da eliminación dun concursante, comeza esta semana a segunda fase do programa.
LATITUDE GALEGA: Nova York. Anxo Brea
ZIGZAG: ZIGZAG 3321
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. Entrevista no ‘Zigzag’ co deseñador, ilustrador e escritor Pepe Barro, a quen a Fundació DIDAC lle dedica a exposición ‘O arquivo de Barro’.
LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE II 19
Programa que ten como obxectivo tomarlles o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares onde traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices. 'Latexos da Cidade' asistirá hoxe ao cambio de garda na Capitanía Xeral da Coruña e verá como se traballa nas alturas de Vigo.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 23.01.2026
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O LEGADO
Un afamado criador de ostras na baía de Arcachon é vítima dun intento de asasinato. As súas tres fillas, vendo que a policía non atopa ao culpable, realizan a súa propia investigación.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 23.01.2026
CONSPIRACIÓN
(“Conspiracy Theory”), de Richard Donner, con Mel Gibson, Julia Roberts, Patrick Stewarte, Cylk Cozart, Stephen Kahan, Terry Alexander, Alex McArthur. EUA, 1997, 128’, Thriller-Acción. Jerry Fletcher, un taxista neoiorquino paranoico, vive sumido en múltiples teorías conspiratorias, á vez que segue os pasos de Alice, filla dun xuíz que fora asasinado, da que está profundamente namorado. Jerry ten unha teoría sobre un complot para asasinar o presidente e acode a contarllo a Alice, que traballa no departamento de Xustiza. De súpeto, Jerry é obxecto dunha persecución implacable dirixida polo Dr. Jonas, ex-axente da CIA, en que se ve implicada Alice. O ex-axente trata de convencela para que o axude a atrapar a Jerry contándolle que este é vítima dun programa de manipulación da mente, aprobado polo goberno, para conseguir asasinos.