div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: Non, non, non

Maddie e Triggs axudan a mamá a coidar de Sally e descobren que as palabras poden ter outro significado se as di un bebé. Maddie e Triggs axudan a mamá a coidar de Sally e descobren que as palabras poden ter outro significado se as di un bebé.

07:05 h

BIBOPALULA: Cantar falando

Pegui quere cantar falando ou falar cantando, pero con moito ritmo.

07:10 h

BIBOPALULA: Vaia comedia!

Carpin descobre que Pombo é moi gracioso e anímao a contar as súas historias desde o escenario.

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy o artista

Timmy e Mittens pintan retratos un do outro, mentres Yabba, Stripey e Otus pintan retratos fóra.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento está namorado

A Can Cheirento non se lle dan moi ben as cousas dos namorados.

07:40 h

SONIC BOOM: A fortaleza miserenta

O doutor Eggman está entusiasmado porque unha revista de decoración quere sacar a súa gorida na portada. Como o día que chegan para inspeccionarlla a cousa non vai como el esperaba, decide buscar axuda para redecorar e contrata alguén que ten moito estilo e bo gusto.

07:50 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Rogercop

O alcalde despide un policía que logo se transforma en Rogercop, un malfeitor que quere impoñer a súa lei como ditador de París.

08:15 h

SUPER 4: Súper Gene

O Barón Negro encerra a Alex e a Ruby. Faísca e Gene quérenos ir rescatar, pero o Camaleón está avariado e terán que ir a pé.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 360

09:30 h

GRANDES LUGARES: Asados (Rianxo) + Fragas (Campo Lameiro) + Olveiroa (Dumbría)

Os veciños e as familias son os protagonistas deste programa, e nesta ocasión os reporteiros visitarán a parroquia de Asados, en Rianxo. Ademais, achegaranse ata a de Fragas en Campolameiro e a de Olveiroa, no concello coruñés de Dumbría.

10:30 h

LIBRO DE FAMILIA: O yeyé

Segundo regresa a Santalla feito todo un ye yé, despois duns anos de emigrado en Bilbao. Marisiña emociónase ao velo. Román segue adiante co seu plan de tolear a Laura e provoca un incendio na casa mentres esta está a durmir.

11:40 h

LIBRO DE FAMILIA: Feridas abertas

Lois Casal está disposto a atopar un vello tesouro das letras galegas: o traballo que Florencio Freire fixera para o Seminario de Estudios Galegos. O caso é que eses papeis foran substraídos hai tempo e moran no faiado de Román.

12:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Favores

Marisiña proba o traxe de noiva de Deli e bótalle unha mancha de cera. Acode a Elías e o remedio aínda é peor. Será Pabliño quen leve o traxe a Telmo, que finalmente conseguirá arranxalo. A xente murmura sobre a relación entre Telmo e Lupe.

13:50 h

LIBRO DE FAMILIA: Un día especial

É o aniversario de Marisiña, pero ninguén se decata. Os nenos len en alto o conto da Cincenta, e a moza pensa que son dúas almas xemelgas. Telmo segue adiante co seu plan de seducir a Lupe sen revelarllo a Deli.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 16.01.2026

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 16.01.2026

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 16.01.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 16.01.2026

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 76

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Comeza unha nova xeira no 'Atrápame se podes' con nova tripulación: Martín, de Ourense; David, de Soutomaior; Diego, de San Sadurniño; Milagros, de Cospeito, e María, de Castro de Rei. Esta semana o bote xa está nos 6.000 euros.

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 26

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

17:55 h

PESCA TOTAL

Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro.

18:40 h

PESCA TOTAL

Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Un acontecemento inesperado cambiará hoxe a carreira dos concursantes de 'Pesca total' cara ao gran premio final. Despois de vivir a primeira xornada completa no mar, Suso deberá acatar as ordes do capitán e demostrar que ten o que fai falta para converterse nun auténtico mariñeiro.

19:25 h

PESCA TOTAL

Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Tino, o aspirante de Moraña, vivirá hoxe a súa primeira xornada de traballo no barco de 'Pesca Total'. Os espectadores da TVG verán ver se é quen de adaptarse ao ritmo intenso da faena pesqueira e á disciplina que esixe o capitán Sauro Martínez.

20:10 h

PESCA TOTAL

Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Hoxe é o día de Natalia, a aspirante rusa do programa. Esta namorada do mar e da fauna mariña de Galicia contará co desafío a maiores de desembarcar sabendo falar galego.

21:00 h

LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE II 18

Programa que ten como obxectivo tomarlles o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares onde traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices. 'Latexos da Cidade' acompaña hoxe un carteiro de Santiago e uns rapaces de Vigo no seu primeiro día de escola.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 16.01.2026

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

BILLY ELLIOT

En 1984, durante unha folga de mineiros no condado de Durham, sucédense os enfrontamentos entre piquetes e policía. Entre os mineiros máis exaltados están Tony e o seu pai. Este empéñase en que Billy, o seu fillo pequeno, reciba clases de boxeo. Pero, aínda que o mozo ten un bo xogo de pernas, carece por completo de pegada. Un día, no ximnasio, Billy observa a clase de ballet da señora Wilkinson, unha muller de carácter severo que o anima a participar. A partir dese momento, Billy dedicarase apaixonadamente á danza.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 16.01.2026

00:10 h

OS IMPOSTORES

Roy Waller é un millonario estafador cheo de tics e manías, que traballa en asociación cun estafador chamado Frank Mercer. Tras perder as pastillas coas que controla o seu comportamento neurótico, Roy ponse nas mans do seu psiquiatra, o doutor Klein, quen o pon en contacto coa súa descoñecida filla, Angela, a que de seguida se contaxia dos procedementos delituosos do seu proxenitor.

02:00 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1955

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

RECANTOS CON FEITIZO: O Museo do Viño de Monforte con Fátima Pego

‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.

06:00 h

GRANDES LUGARES: Asados (Rianxo) + Fragas (Campo Lameiro) + Olveiroa (Dumbría)

Os veciños e as familias son os protagonistas deste programa, e nesta ocasión os reporteiros visitarán a parroquia de Asados, en Rianxo. Ademais, achegaranse ata a de Fragas en Campolameiro e a de Olveiroa, no concello coruñés de Dumbría.

div-crtvg-top2

Publicidade