TVG2 - CSAG
MADDIE E TRIGGS: O club de xadrez
Maddie séntese soa o primeiro día no club de xadrez, pero axiña fai unha amiga que a illa deserta convértese nun paraíso.
BIBOPALULA: O furacán
Hai un ruído moi forte no bosque, parece que vén unha tormenta.
BIBOPALULA: A primeira vez
Cegoña ten medo a voar e non se atreve a saír do niño.
TIMMY TIME: Timmy quere o tambor
Na clase de música, Timmy decide que quere tocar o tambor, pero Yabba colleo primeiro.
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento e a última páxina
Can Cheirento encontra un conto onde se narran as aventuras dun can heroe. Gato Chato lelle o libro, a historia é emocionante, pero resulta que a última páxina está arrancada e non poden saber como acaba.
SONIC BOOM: Azul de envexa
Chega á vila un muraño moi moderno e rechamante que con labia e acrobacias conquista a todo o mundo. Como lle rouba o protagonismo, Sonic ten celos del e acaba retándoo a unha carreira cunha aposta un tanto perigosa.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: PRINCESA FRAGANCIA
SUPER 4: O unicornio do terror
As fadas acoden a Medievalia pedindo axuda porque na Illa Encantada hai un unicornio malvado que ameaza con destruílo todo e facer que a violencia e o odio se estendan por todas os sitios.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 355
GRANDES LUGARES: Arneiro (Cospeito) + San Ourente de Entíns (Outes) + San Cosme de Nete (Vilalba)
LIBRO DE FAMILIA: Probas de amor
Manuel, Ramiro e Pancho por fín van saír do cárcere, pero antes María e Marisiña van poñer a proba os seus mozos. Despois de saber que Tomás era seu irmán, Adela dálle ao seu pai a elixir entre un dos dous.
LIBRO DE FAMILIA: Santalla non terá mina
Marcos marcha á mili, a marcha de María a Santiago é inminente e Ramiro pensa en ir cos Satélites. Elías finxirá amnesia para que Marisiña se desfaga en atencións á súa persoa. Telmo regresa para sorpresa de todos.
LIBRO DE FAMILIA: Semente nova
Román preocúpase en exceso do seu aspecto, o que incrementa as sospeitas de Laura, que pensa que volve ás andadas. María xa está en Santiago, onde súa compañeira de habitación intenta facer dela unha rapaza 'moderna'.
LIBRO DE FAMILIA: A monta
Cando mellor ía o negocio do almacén, Román fai das súas subíndolles os impostos. Laura está máis que segura de que o seu home ten unha amante. Rosa Mari e Pabliño poñen en apuros a máis dun adulto cando lles preguntan de onde veñen os nenos.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 09.01.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 09.01.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 09.01.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 09.01.2026
RECANTOS CON FEITIZO: O castelo de Soutomaior con Alejandra Tojo
‘Recantos con feitizo’ convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosará cinco lugares únicos, desde paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.
ATRÁPAME SE PODES. EDICIÓN NADAL: ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL III 14 - DUOS IMPOSIBLES
Edición especial do concurso presentada por Rodrígo Vázquez.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 21
O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa. O ‘Eu sei + ca ti’ inicia outra semana con dous novos equipos de concursantes. Por unha parte están 'Os Escalenos' (Antonio, Marcos e Suso), que son profesores en Baio, e, pola outra temos 'Os Kolas' (Alexis, Koldo e Lara), que chegan dende Laza. Continúan con nós os veterinarios lucenses de 'Vetsenfron' (Cathaysa, Nico e Roi), que intentarán, ao igual que os seus rivais, chegar á final e abrir a caixa forte.
EMBARCADOS: EMBARCADOS 7
Programa que se realiza integramente a bordo dun barco durante unha xornada de pesca. Os espectadores coñecerán como é vida dos mariñeiros mentres están no mar, como se realiza cada traballo e as distintas artes de pesca e cales son as historias persoais dos membros da tripulación.
EMBARCADOS: Praia de Nemiña, a vida en cada anzol
Programa que se realiza integramente a bordo dun barco durante unha xornada de pesca. Os espectadores coñecerán como é vida dos mariñeiros mentres están no mar, como se realiza cada traballo e as distintas artes de pesca e cales son as historias persoais dos membros da tripulación.
PESCA TOTAL
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro.
LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE II 17
Programa que ten como obxectivo tomarlles o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares onde traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices. 'Latexos da Cidade' coñecerá hoxe o día a día dos bombeiros de Ferrol e dos condutores do autobús turístico de Vigo.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 14.04.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 11.01.2026
PIRATAS
O capitán Red, un arrepiante corsario, temido pola súa temeridade e coñecido pola súa característica pata de pao, pretende conseguir un fabuloso trono de ouro procedente dos antigos aztecas.
BIG
Josh Baskin, un adolescente de 13 anos, decepcionado polo pouco caso que lle fai unha compañeira da súa clase, prendada dun rapaz maior, desexa con todas súas forzas ser un home feito e dereito. Certo día, nun parque de atraccións, atopa unha furna en que un misterioso meigo mecánico promete cumplir calquer desexo dos seus clientes. Josh pídelle ser maior e ao día seguinte esperta cun corpo de 30 anos pero coa mentalidade do cativo que aínda é. Nesta nova situación, Josh disfruta de certas vantaxes, pero tamén de numerosos inconvenientes.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1948
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
EXPEDIENTE OCULTO: Entramos na Casa da Peste 1
Novo formato de investigación, presentado pola xornalista especializada en sucesos Patricia Abet, que propón unha ollada rigorosa e transversal sobre crimes reais, actualidade xudicial e social, así como lendas e misterios de Galicia.