div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: A veterinaria

A Triggs dóelle moito unha pata e lévano á veterinaria. Alí, Maddie fará uns novos amigos que a axudarán a ser optimista e pensar que o seu mellor amigo curará.

07:05 h

BIBOPALULA: O anel

Pegui atopou un anel no bosque. Os seus amigos dinlle que o ten que devolver pero ela quere quedar con el. Algo terá que ver que as pegas gustan das cousas brillantes.

07:10 h

BIBOPALULA: O papaventos

Hai un paxaro estranxeiro na zona!

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy flota

A clase constrúe barcos, pero a Timmy tócalle con Stripey, que está moi constipado e destrúe por erro o barco de Otus.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento é actor

Para sorprender a Canela, Can Cheirento decide ir a unha audición para o papel do heroe Rampampam. Jean será o seu mestre de interpretación, pero tras un golpe, este convértese nun pingüín. Agora o obxectivo da instrución será viaxar ó Polo Norte!

07:40 h

SONIC BOOM: Portas cerradas

Amy descobre que Sticks ten moreas de cousas vellas acumuladas na casa e organiza unha venda no xardín. Despois, sen querer, provoca que unha manda de sapos trogloditas saian da súa gorida e rapten a Sticks. Sonic e os compañeiros terán que rescatala.

07:55 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xeadiador

Lepidóptero “akumatiza” o lendario xeadeiro parisiense e transfórmase en Xeadiador, que converte a xente en xeados que se derreten. Ladybug e Cat Noir terán que reaccionar para evitalo.

07:55 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: TORMENTOSA

08:15 h

SUPER 4: O laberinto do medo

Os nosos heroes van merendar ao Bosque Encantado porque Faísca di que é unha experiencia inesquecible. O que pasa é que ao chegaren alí, encóntranse de repente cun labirinto que fará que se enfronten aos seus medos máis profundos.

08:30 h

WALLACE E GROMIT: POLOS PELOS

Wallace e Gromit coñecen a Wendolene, quen fai negocio coa la nun momento onde este material é escaso, xa que un ladrón de ovellas anda solto. Gromit acaba na cadea acusado falsamente de roubar gando, ata que consegue fuxir dela. Entón, descobre que o ladrón é en realidade o can de Wendolene, un robot malvado. Grazas a uniren forzas, conseguen deter o can e devolverlle a súa bondade.

09:00 h

WALLACE E GROMIT: UN ASUNTO DE PAN OU MORTE

Unha serie de asasinatos de panadeiros perturba a cidade. Mentres, Wallace e Gromit coñecen a mesmísima cara dos anuncios de Pan Lixeiro, Piella, e mais a súa cadela Peluxiña. Wallace e Piella inician unha relación que acaba nunha pedida de man. Así e todo, Gromit descobre que Piella é a asasina de panadeiros e, coa axuda de Peluxiña, consegue deter o seu plan de acabar con Wallace.

09:30 h

GRANDES LUGARES: Sarandón (Vedra) - Ferreira de Pantón (Pantón)

Con apenas 400 habitantes, no lugar respírase un sentimento de pertenza e unhas ganas de festa que o converten nun lugar máxico. O programa tamén mergulla os espectadores no día a día dos veciños de Ferreira de Pantón, no corazón da Terra de Lemos, xente moi activa e traballadora que vive coas paisaxes da Ribeira Sacra como pano de fondo.

10:20 h

LIBRO DE FAMILIA

Serie que retrata tres familias galegas pertencentes a distintos estratos sociais, residentes en Santalla. Os Cabanas, labradores de toda a vida e propietarios dun ultramarinos, conviven cos Lamela, saga de caciques que teñen contas pendentes cos Freire, indiáns que regresan da emigración logo de facerse ricos en Venezuela. A familia é o núcleo central e todo xira en torno ao que lles sucede, directa ou indirectamente a cada un deles. Comeza na Galicia dos anos 70, en que empezan a emerxer as cooperativas, a industria e chegan os cartos da emigración.

11:25 h

LIBRO DE FAMILIA

Laura regresa de Barcelona con don Román. Don Román, acompañado por Senén, acudirá á casa de Freire a solucionar uns negocios que se traen entre mans. Marcos asina uns documentos que o acreditan como representante burocrático de Don Román.

12:30 h

LIBRO DE FAMILIA

Don Venancio está empeñado en mercar un campanario para a igrexa de Santalla. Don Román, facéndose vítima da súa apoplexía, decide venderlle súas terras a Freire a un elevado custo.

13:40 h

LIBRO DE FAMILIA

Don Román preséntase na casa de Freire por temor a que este delate a súa falsa cegueira. Intentarán chegar a un acordo do que supostamente ambos poidan saír beneficiados, aínda que de xeito diferente.

14:50 h

NO FOCO: A nostalxia dos sabores

14:55 h

NO FOCO: As cociñas de leña non pasan de moda

15:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 06.01.2026

Presenta Raúl Quián.

15:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 06.01.2026

Presenta Marta Darriba.

16:05 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 06.01.2026

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:20 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 06.01.2026

16:30 h

ATRÁPAME SE PODES. EDICIÓN NADAL: Dúos imposibles

Edición especial do concurso presentada por Rodrígo Vázquez.

16:35 h

ATRÁPAME SE PODES. EDICIÓN NADAL: ATRAPAME SE PODES, EDICION NADAL III - DUOS IMPOSIBLES

O 'Atrápame se podes' continúa cos seus programas especiais de Nadal e hoxe contará con cinco novos e pequenos protagonistas. Ramón, de Campo Lameiro; Aída, da Coruña; Borja, da Laracha; Lara, de Ourense, e Asier, de Noia, xogarán para conseguir unha chea de agasallos, entre eles a videoconsola.

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 18

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

17:50 h

ADN GALEGO: Salamanca

Programa que viaxará por toda a xeografía española para contar as historias dos galegos e galegas que traballan e desenvolven a súa vida noutros lugares. Hoxe realizará un percorrido pola cidade de Salamanca e arredores, pasando por Nava de Francia e La Alberca, para buscar historias con ADN Galego.

18:45 h

ADN GALEGO: Madrid

Programa que viaxará por toda a xeografía española para contar as historias dos galegos e galegas que traballan e desenvolven a súa vida noutros lugares. O equipo de “ADN Galego” volve a Madrid para contar máis historias xenuinamente galegas e para entrar nalgúns dos lugares máis emblemáticos da cidade como o Hotel Palace, o Palacio Real ou o Museo do Ferrocarril. E sempre da man dun galego.

19:40 h

ADN GALEGO: Cantabria

Programa que viaxará por toda a xeografía española para contar as historias dos galegos e galegas que traballan e desenvolven a súa vida noutros lugares. Na nova entrega deste martes, “ADN Galego” realizará un percorrido por Cantabria e pasará por Santander, Santillana del Mar, San Vicente de la Barquera, Santoña e Potes. O programa centrarase tamén nas pegadas de Galicia que hai en moitas das localidades visitando lugares típicos como o Museo e as Covas de Altamira,o Palacio da Magdalena e a praia do Sardinero, entre outros.

20:40 h

ADN GALEGO: Costa Brava

Programa que viaxará por toda a xeografía española para contar as historias dos galegos e galegas que traballan e desenvolven a súa vida noutros lugares. O programa “ADN Galego” viaxa a terra de sol, praia e tradición para visitar algúns dos lugares máis emblemáticos da Costa Brava como Blanes, Cassà de la Selva, Lloret de Mar, Sant Feliu de Guíxols, Tossa de Mar, Roses, Castelló d’Empúries, Selva de Mar, Empuriabrava e Cadaqués. Ademais, amosará parte da cultura catalá máis tradicional como a sardana e os castells propios da zona.

21:40 h

TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? D

Programa que pon en valor a música galega dándolle visibilidade a unha tradición moi nosa: os cantos de taberna. Percorrerá varias vilas galegas en busca das cantigas máis populares da música de taberna. A través dun concurso, tres grupos de cada vila defenderán ante un xurado que a súa cantiga entre na listaxe das máis coñecidas de toda Galicia.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 09.04.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 06.01.2026

22:30 h

A GRAN ILUSIÓN

Documental. O ilusionista Antonio Díaz, coñecido como o 'mago Pop', asombra a famosos e transeúntes de todo o mundo coas súas espectaculares actuacións.

23:20 h

CELTIC DANCE: O BAILE TRADICIONAL GALEGO E IRLANDÉS

A prestixiosa escola de danza Dominic Graham School e os centros galegos de música tradicional O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos falarán en 'Celtic Dance' do seu día a día, da preparación dos seus bailaríns e da súa dedicación para preservar e difundir a cultura tradicional de ambas as dúas terras.

00:30 h

HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO

Desde tempos inmemoriais, a deusa Atenea e o deus Hades enfróntanse cada 200 anos nunha batalla lendaria na Terra. Alone, un rapaz orfo de Italia, verá o seu mundo alterado co inicio da nova guerra santa. Tenma, o seu mellor amigo, descubrirá pronto o poder que posúe dentro de si mesmo.

00:50 h

HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO

Desde tempos inmemoriais, a deusa Atenea e o deus Hades enfróntanse cada 200 anos nunha batalla lendaria na Terra. Alone, un rapaz orfo de Italia, verá o seu mundo alterado co inicio da nova guerra santa. Tenma, o seu mellor amigo, descubrirá pronto o poder que posúe dentro de si mesmo.

01:15 h

HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO

Desde tempos inmemoriais, a deusa Atenea e o deus Hades enfróntanse cada 200 anos nunha batalla lendaria na Terra. Alone, un rapaz orfo de Italia, verá o seu mundo alterado co inicio da nova guerra santa. Tenma, o seu mellor amigo, descubrirá pronto o poder que posúe dentro de si mesmo.

01:40 h

HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO

Desde tempos inmemoriais, a deusa Atenea e o deus Hades enfróntanse cada 200 anos nunha batalla lendaria na Terra. Alone, un rapaz orfo de Italia, verá o seu mundo alterado co inicio da nova guerra santa. Tenma, o seu mellor amigo, descubrirá pronto o poder que posúe dentro de si mesmo.

02:05 h

HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO

Desde tempos inmemoriais, a deusa Atenea e o deus Hades enfróntanse cada 200 anos nunha batalla lendaria na Terra. Alone, un rapaz orfo de Italia, verá o seu mundo alterado co inicio da nova guerra santa. Tenma, o seu mellor amigo, descubrirá pronto o poder que posúe dentro de si mesmo.

02:30 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1945

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

VIVIR AQUÍ: Nutrirse de biotecnoloxía

Programa de reportaxes.

06:10 h

GRANDES LUGARES: Sarandón (Vedra) - Ferreira de Pantón (Pantón)

Con apenas 400 habitantes, no lugar respírase un sentimento de pertenza e unhas ganas de festa que o converten nun lugar máxico. O programa tamén mergulla os espectadores no día a día dos veciños de Ferreira de Pantón, no corazón da Terra de Lemos, xente moi activa e traballadora que vive coas paisaxes da Ribeira Sacra como pano de fondo.

div-crtvg-top2

Publicidade