TVG2 - CSAG
MADDIE E TRIGGS: Discotrén
Maddie quéixase do aburrido que é visitar a súa avoa, pero non sabe que vivirá unha aventura musical moi emocionante totalmente inesperada.
BIBOPALULA: O Titanic
O Titanic pasa polo río do bosque
BIBOPALULA: O terremoto
Parecía un día normal ata que, de súpeto, todas as árbores se puxeron a tremer. Pero non é un terremoto: os amigos da Banda do Bosque están a piques de coñecer ao animal máis forte da contorna.
TIMMY TIME: Timmy fai bum
Despois de escoitar os tronos durante unha treboada, Timmy queda fascinado cos ruídos fortes e asusta a Apricot.D
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento e o penso de gato
Can Cheirento cheira mal, ten pulgas e é parvo. Vive nunha papeleira co seu mellor amigo Gatochato. Aínda que moitos evitan a Can Cheirento, é puro optimismo e esperanza.
SONIC BOOM: A trampa do circo
Sonic e os amigos deciden axudarlle ao dono dun circo no que enfermaron os artistas para que o público non quede sen función. Ao final resulta ser unha trampa e Tails terá que intervir para salvalos.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Prime Queen
Nadia Chamack convértese en Prime Queen. Pretende que Ladybug e Cat Noir admitan que están namorados diante das cámaras en directo para disparar os índices de audiencia.
SUPER 4: Rock Star
Rock Brock e Gene desaparecen durante unha expedición e ninguén sabe onde están.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 351
Emisión en directo do faladoiro do programa da Radio Galega 'Galicia por Diante'.
GRANDES LUGARES: Bolmente (Sober) + Eiré (Pantón) + Segán (O Saviñao)
LIBRO DE FAMILIA
Serie que retrata tres familias galegas pertencentes a distintos estratos sociais, residentes en Santalla. Os Cabanas, labradores de toda a vida e propietarios dun ultramarinos, conviven cos Lamela, saga de caciques que teñen contas pendentes cos Freire, indiáns que regresan da emigración logo de facerse ricos en Venezuela. A familia é o núcleo central e todo xira en torno ao que lles sucede, directa ou indirectamente a cada un deles. Comeza na Galicia dos anos 70, en que empezan a emerxer as cooperativas, a industria e chegan os cartos da emigración.

HISTORIAS MÍNIMAS: HISTORIAS MÍNIMAS 2
Programa de confidencias único, en que persoas completamente anónimas relatarán a súa vida. Confórmase coa realidade de xente común, captada na rúa e sen ningún tipo de guión previo. O único requisito é que os testemuños que se contan son todos verdade e resultaron transcendentes para quen os viviu. Hoxe coñecerase a historia dun home que goza de sentilo vento no seu rostro mentres conduce un coche que dis que lle salvou a vida. Tamén se falará cun rapaz que aprendeu a tratar con cabalos tras unha mala experiencia e cunha rapaza que conta que naceu a 130 quilómetros por hora. Outras das historias centraranse nun home que quedou marcado tras coñecer un neno que estreaba zapatos novos, e doutro que tivo que aprender a falar sen palabras. Un ovni que emerxeu desde o fondo do mar, unha trasnada que se converteu no punto de partida dunha carreira criminal e a narración de alguén que foi quen de voar, serán outros dos relatos dun programa en que se comprobará que incluso os reloxos estragados marcan a hora correcta nalgún momento do día.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 05.01.2026
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 05.01.2026
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 05.01.2026
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 05.01.2026
ATRÁPAME SE PODES KIDS: ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL 10
O programa conta estes días con cativos como protagonistas. Un total de 25 nenos e nenas concursan, en quendas de cinco, por unha chea de agasallos que substituirán o bote habitual do programa. O 'Atrápame se podes' chega ao seu último programa da edición especial de Nadal de nenos. Os últimos participantes desta semana son Amaro, de Rianxo; Mía, de Carballo; Pelayo, de Ribadeo; Manuela, de Zas, e Brais, de Cambados. O que gañe poderá facerse coa cobizada videoconsola, pero o resto tamén vai levar unha chea de agasallos para a casa.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 17
O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
QUE CASAS!
As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. Casas restauradas, apartamentos urbanos e ata un barco serán as vivendas protagonistas dunha nova edición do programa.
QUE CASAS!: QUE CASAS! IV 24
As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. Casas restauradas, apartamentos urbanos e ata un barco serán as vivendas protagonistas dunha nova edición do programa.
QUE CASAS!: QUE CASAS! IV 25
As vivendas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia pasarán pola pantalla da TVG con este programa. Casas restauradas, apartamentos urbanos e ata un barco serán as vivendas protagonistas dunha nova edición do programa.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? D
Programa que pon en valor a música galega dándolle visibilidade a unha tradición moi nosa: os cantos de taberna. Percorrerá varias vilas galegas en busca das cantigas máis populares da música de taberna. A través dun concurso, tres grupos de cada vila defenderán ante un xurado que a súa cantiga entre na listaxe das máis coñecidas de toda Galicia.