TVG2 - CSAG
MADDIE E TRIGGS: A veterinaria
A Triggs dóelle moito unha pata e lévano á veterinaria. Alí, Maddie fará uns novos amigos que a axudarán a ser optimista e pensar que o seu mellor amigo curará.
BIBOPALULA: A inundación
Estes días choveu tanto que todo o bosque se transformou nunha poza xigante.
BIBOPALULA: A treboada
Durante unha gran treboada no bosque un lóstrego queimou unha árbore.
TIMMY TIME: TIMMY TIME 23
CAN CHEIRENTO: CAN CHEIRENTO É DETECTIVE
SONIC BOOM: AS BOTAS PODEROSAS
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: A MONICREQUEIRA
SUPER 4: BARBA DE RUBY
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 345
GRANDES LUGARES: Valdín (A Veiga) + Gondulfes (Castrelo do Val)
A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.
ESCOBA!: Quen nos dera!
Serie. Marina recibe a chamada dun tal Lorenzo que a vén visitar ao local social. Resulta que é un alumno que precisa clases particulares. Primeiro de arte, despois de educación sexual, e, por último, de lingua e literatura. Tal é a insistencia de Lorenzo para que Marina o axude que ela acaba pensando que está namorado dela. Cando se decate da realidade só quererá que a trague a terra.
ESCOBA!: O que se pica
Serie. Luís mete a para ao dicirlle a Amparo que Antonia vai dicindo por aí que non ten un can. Cando Marina chega ao local xa están as dúas alporizadas e acaba discutindo con ambas.
ESCOBA!: Lume!!!
Serie. Arturo, o home de Antonia, vai de viaxe e ela séntese moi soa. Pero o pobre Luís, el si que está só, sen niguén con quen compartir a vida ou polo menos ata agora. Menudos olliños lle pon a Cheché, a nova clienta. Aínda que é un pouco rariña, Luís está a gusto con ela, a pesar de que está todo o tempo lendo e cos tapóns escoitando música.
ESCOBA!: As apariencias non enganan...
Serie. Luís está toliño pola súa nova moza Cheché, aínda que ela é un pouco estraña e non lle fai moito caso, ata que empeza a falar de Carlota, para iso si que ten oído. A algunha das protagonistas non lle gusta nada esa rapaza para o coitadiño, pero menos lles gusta o novo director do local. A Marina ocórreselle pagarlle co diñeiro que levan aforrando para a viaxe a Barcelona para que lisque. Que sorpresa levarán cando vexan que o bote onde os gardaban está baleiro.
ESCOBA!: Non por moito mercar
Serie. Antonia ten tanta présa que marcha sen rematar a partida coas noias, que será o que ten que facer? Mesmo cando chegan as súas fillas non lles fai nin caso, ten que mercar, mercar e mercar, isto é unha enfermidade. Mercé está convencida de que sofre de "consumismo", pero a Nuria parécelle o máis natural do mundo, ata que lle pide cartos para mercar unha bañeira con hidromasaxe e ve perigar a herdanza.
ESCOBA!: Montaña rusa
Serie. Luís está enfadado con Cheché e atópase moi decaído. Carlota ofrécese para axudalo botando man das novas terapias alternativas que aprendeu, como imposición de mans, aromaterapia e acupuntura. O problema é que Luís está moi sensible e as novas técnicas teñen uns resultados un pouco máis fortes do que Carlota esperaba. Con tanto subidón e baixón anímico ao pobre Luís vaille dar algo!
ESCOBA!: De cine
Serie. Antonia chega ao local con Dolores e fai coma se non coñecese as compañeiras porque non teñen a clase e a cultura que ten ela. O que non sabe Antonia é que a que está a quedar de inculta e ridícula é ela mesma. O que si que é culto e Luís, ou polo menos depois de darse un bo golpe na cabeza. De tan culto que é vólvese pedante e fáltalle ao respecto a Carlota, que non está moi pola labor de aturarlle esas parvadas.
ESCOBA!: Goooooool!
Serie. Luís está moi nervioso: vaise celebrar o derbi entre o Celta e o Deportivo e pídelle permiso ás noias para poñelo no local. Elas non teñen problema, pero parece que non lles interesa demasiado. Ata que empezan a falar do partido, claro, entón as cousas cambian. Amparo e Antonia van co Celta e, pola contra, Marina e Sofía van co Deportivo. Con quen irá Don Ricardo? E Milagros?
ESCOBA!: Aamiña ou... non!
Serie. As noias reúnense no local para recibir os resultados das análises médicas. Cada unha ten o seu: o azucre alto, colesterol, a tensión polas nubes... Aínda que non é de estrañar, xa que non se moven máis que para ir da casa ao local e do local á casa.
ESCOBA!: Risoterapia
Serie. Marina trae ao local social unha profesora de risoterapia, para intentar animar as noias. Ao principio non parece que vaia ter moito éxito, pero en canto comezan a rir non hai quen as pare. A verdade é que as mozas teñen retranca para rato, o único problema é que algunha se pasa un pouquiño de graciosa e comezan as bromas pesadas.
ESCOBA!: Bo, bonito e barato
Serie. Antonia, que vén das rebaixas, leva ao local a súa última adquisición: un vestido que lle saíu baratísimo e que ademais é exclusivo. Gustoulle tanto que non pode esperar para probalo! Marina tamén chega emocionada cunha nova compra, pero é o mesmo vestido! E aínda máis barato! Pero non só elas, tamén Sofía e Xulia traen o mesmiño deseño.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 26.12.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 26.12.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 26.12.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 26.12.2025
ATRÁPAME SE PODES KIDS: ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL 4
O programa contará ata o vindeiro día 5, Noite de Reis, con cativos como protagonistas. Un total de 25 nenos e nenas concursarán, en quendas de cinco, por unha chea de agasallos que substituirán o bote habitual do programa.
EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 12
O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.
DESERTORES DO ASFALTO: DESERTORES DO ASFALTO III 33
Programa que percorre as catro provincias galegas e pon en valor o mellor da comundiade: a cultura popular, a innovación no rural, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día na parroquia ou concello dos que decidiron que non ían marchar á cidade. 'Desertores do asfalto' descobre esta tarde os encantos da pequena vila cantábrica de Rinlo, en Ribadeo.
EMBARCADOS: Ardorán, cercar o milagre do peixe
Programa que se realiza integramente a bordo dun barco durante unha xornada de pesca. Os espectadores coñecerán como é vida dos mariñeiros mentres están no mar, como se realiza cada traballo e as distintas artes de pesca e cales son as historias persoais dos membros da tripulación. Na primeira entrega do programa, o equipo de ‘Embarcados’ subirá ao cerqueiro Ardorán, con base en Portosín e patroneado por Eduardo Carreño, que sae todos os días nas últimas horas da tarde. Nunha época en que a pesca escasea, os homes do Ardorán traballarán hoxe no caladoiro O Profundo, a 20 millas de Portosín, fronte ao cabo Fisterra.
EMBARCADOS: Brisas de Cedeira, nós de mallas, nós de vida
Programa que se realiza integramente a bordo dun barco durante unha xornada de pesca. Os espectadores coñecerán como é vida dos mariñeiros mentres están no mar, como se realiza cada traballo e as distintas artes de pesca e cales son as historias persoais dos membros da tripulación. A arte da volanta, protagonista este domingo en ‘Embarcados’, que subirá a bordo do barco Brisas de Cedeira para acompañar a tripulación no seu traballo.
NADA É IMPOSIBLE: Madrid
Neste programa, a TVG acompaña o Mago Pop, un ilusionista de éxito mundial, na súa viaxe por Europa sorprendendo cidadáns e turistas. O espectáculo do Mago Pop recala hoxe en Madrid para coñecer a historia dun home que construíu unha catedral coas súas propias mans.
LATEXOS DA CIDADE: LATEXOS DA CIDADE II 15
Programa que ten como obxectivo tomarlles o pulso ás cidades galegas mediante os seus protagonistas, as persoas que as habitan, os lugares onde traballan, vidas normais pero cheas de contrastes e matices. 'Latexos da Cidade' viaxa hoxe a Santiago para coñecer o día a día dos militares que traballan no aeródromo de Lavacolla.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 26.12.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.