div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: Discotrén

Maddie quéixase do aburrido que é visitar a súa avoa, pero non sabe que vivirá unha aventura musical moi emocionante totalmente inesperada.

07:05 h

BIBOPALULA: Unha canción diferente

Bubi convence a Parrulo e a Cegoña para facer unha canción, pero algo non soa ben. A Banda do Bosque anímase a axudalos para rematala.

07:10 h

BIBOPALULA: A viaxe da curuxa

A señora Curuxa visita á súa prima, que vive na cidade. Ao seu regreso, ensínalle á Banda do Bosque as fotos que sacou durante a viaxe.

07:15 h

TIMMY TIME: A marioneta de Timmy

Timmy perde a marioneta de calcetín feita por el e non a atopa, decide facer outra.

07:15 h

TIMMY TIME: TIMMY TIME 22

07:25 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento convértese en can guía

Can Cheirento, que sempre está disposto a axudar ós demais, decide asistir a un adestramento para converterse en can guía.

07:40 h

SONIC BOOM: Ánimo baixo

Eggman anda algo deprimido porque as cousas non lle saen ben e perde a gana de enfrontarse a Sonic. Pola súa parte, Sonic, ao non ter con quen loitar, acaba aburrido e sen saber que facer. Os amigos terán que animar a Eggman para que todo volva á normalidade.

07:50 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Horrificator

Mentres filman unha película de terror para a clase de Marinette, unha das actrices transfórmase nun monstro baboso que se alimenta doo medo dos demais.

08:15 h

SUPER 4: Un dragón de máis

O Barón Negro monta unha farsa para facer crer que salvou Kingsland dun dragón.

08:25 h

SHOOM'S ODYSSEY

Unha treboada arrastra a Chum, un mouchiño que acaba de saír do ovo, lonxe do niño. A ventoeira condúceo polo mundo adiante deixando atrás a seus pais e a seu irmán pequeno. Todo son adversidades para unha cría de moucho que aínda non voa, entre animais salvaxes e a presenza humana.

08:55 h

ABOMINABLE MENIÑO DAS NEVES, O

Tras unha forte nevada, aparece nunha vila un abominable meniño das neves que desata o pánico entre a poboación. Malia a desaprobación da veciñanza e a preocupación do seu neto, unha anciá encantadora decide adoptalo como mascota e darlle o cariño e os coidados que tanto precisa.

09:20 h

GRANDES LUGARES: San Tomé de Lourenzá (Lourenzá) + Verdes (Coristanco)

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.

10:25 h

ESCOBA!: A cea

Serie. Cada vez que Luís intenta dicirlle a Carlota o guapa que é e o moito que lle gusta, ponse tan nervioso que non hai maneira. En vez diso, sóltalle calquera parvada que deixa a Carlota sen entender nada.

10:50 h

ESCOBA!: Non somos nada

Serie. Antonia, Milagros e Sofía chegan dun enterro, o que lles dá para falar largo e tendido entre todas: que se prefieren que as enterren, ou prefiren que as incineren, que se doarían os seus órganos ou non... Cada unha ten a súa opinión, cada cal máis diferente porque no fondo non somos nada.

11:15 h

ESCOBA!: A xogar!

Serie. Vaise celebrar o primeiro concurso de escoba no local social. D. Ricardo agarda que sexa o primeiro e o derradeiro, pero xa se encargarán as protagonistas de que isto non sexa así, xa que o divertimento está por enriba de todo. Para iso, acompañan o campionato cunha botelliña de licor café, que fará que as mozas non deixen de rir, aínda que para iso non fai falla nin licor café nin ningún tipo de alcol; só fan falta elas, que son o divertimento en persoa.

11:40 h

ESCOBA!: En boca pechada non entran...

Serie.

12:05 h

ESCOBA!: Viva a Pepa

Serie. Luís e Bruno seguen enfadados. A Bruno non lle gusta estar enfurruñado cos demais e vai xunto a Luís para intentar solucionalo, para que volvan ser amigos. Parece que Luisiño acepta, pero logo dun tempo vai ao salón de peiteados para que Bruno o peine.

12:30 h

ESCOBA!: Tanto pesas tanto vales

Serie. As comparacións son odiosas. Ricardo, segundo el, está impoñente; en cambio Luís, o coitado de Luís, ten barriguiña, non está forte, e, sobre as noias, don Ricardo di que son vellas e están acabadas, pero elas non o ven así: quererse como un é é importante, aínda que non sempre é fácil.

12:55 h

ESCOBA!: Fillos criados traballos dobrados

Serie. Cando pensas que os fillos xa van maiorciños e que xa non precisan da túa axuda para todo, aparecen e semella que non poden vivir sen ti. Iso é o que lles ocorre a Marina, Sofía e Antonia.

13:15 h

ESCOBA!: Carné de conducir

Serie. Quen non ten hoxe en día carnet de conducir? Pois das nosas amigas a única que o ten é Marina. E para que iso non siga así traerá unha profesora de clases de condución ata o local social para que as "mozas" aprendan a conducir, aínda que semella que antes de que elas aprendan a conducir, a coitada da profesora perderá a paciencia.

13:40 h

ESCOBA!: Imos de paseo, si, si, si

Serie. Parece que as mozas van de vacacións á praia. Van pasalo coma nunca rodeadas de "morenazos e caipiriñas", como di Amparo. Pero para iso non poden esquecer nada e parece que non é así. Amparo esquece a tarxeta sanitaria, Antonia o seu vestido azul de noite. O coitado do condutor do autobús só quere irse dunha vez, pero sen que estean todas listas de aí non se move ninguén.

14:05 h

ESCOBA!: A Deus rogando e co mazo

Serie.

14:25 h

ESCOBA!: Non é ouro todo o que reloce

Serie.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 25.12.2025

Presenta Raúl Quián.

15:25 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 25.12.2025

Presenta Marta Darriba.

16:10 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 25.12.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:20 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 25.12.2025

16:30 h

ATRÁPAME SE PODES KIDS: ATRÁPAME SE PODES, EDICIÓN NADAL 3

O programa contará ata o vindeiro día 5, Noite de Reis, con cativos como protagonistas. Un total de 25 nenos e nenas concursarán, en quendas de cinco, por unha chea de agasallos que substituirán o bote habitual do programa.

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 11

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

17:55 h

DE BARES: DE BARES 41

Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.

18:40 h

DE BARES: DE BARES 42

Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.

19:35 h

DE BARES: DE BARES 43

Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.

20:30 h

A XANTAR!

A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro. Non hai maior pracer para un galego que sentar á mesa e gozar da comida en boa compañía, pero se ademais é de balde, xa é outro cantar.

21:00 h

A XANTAR!

A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro. Non hai maior pracer para un galego que sentar á mesa e gozar da comida en boa compañía, pero se ademais é de balde, xa é outro cantar.

21:25 h

A XANTAR!

A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro. Non hai maior pracer para un galego que sentar á mesa e gozar da comida en boa compañía, pero se ademais é de balde, xa é outro cantar. No capítulo de hoxe de “Á xantar” haberá toda unha selecta escolma de materias primas de primeira calidade. O programa visita a “Casa Lolo” de Untes, en Ourense; o establecemento “Mar Viva”, de Corcubión, e Celanova onde, acompañados por un experto micólogo, os reporteiros do espazo da canle pública visitan unha fraga para recoller os cogumelos máis saborosos.

21:55 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 25.12.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:25 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 25.12.2025

div-crtvg-top2

Publicidade