div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: A mosca

Unha mosca entra no cuarto de Maddie, e Triggs e papá intentarán escorrentala de todos os xeitos.

07:05 h

BIBOPALULA: O gran festival

A Banda do Bosque ten unha das citas máis importantes do ano: o concerto do outono.

07:15 h

TIMMY TIME: TIMMY TIME 10

07:15 h

BIBOPALULA: Cantar falando

Pegui quere cantar falando ou falar cantando, pero con moito ritmo.

07:20 h

TIMMY TIME: Timmy xoga ao balón

Timmy acapara o balón da clase. Non para de darlle patadas e quitarllo a Otus.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento vai a Nova York

Can Cheirento recibe unha postal. Unha tal Jacqueline quedou con el ó pé da Estatua da Liberdade. Gato Chato intentar disuadir o seu amigo de ir a Nova York, pero Can Cheirento está impaciente por coñecer a famosa Jacqueline.

07:40 h

SONIC BOOM: TRADUCE ISTO

07:50 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: BUBBLER

07:50 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Burbulleiro

Nino, o mellor amigo de Adrien, queda “akumatizado” e convértese no Burbulleiro, un malandrín que atrapa adultos en burbullas que acaban flotando no ceo.

08:15 h

SUPER 4: Metade-metade

O Dr. X presenta o seu novo invento: o teletransportador, pero algo falla e a metade do seu corpo é teletransportada e a outra metade non.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 338

09:30 h

GRANDES LUGARES: Cela (Bueu) e Laias (Cenlle)

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.

09:30 h

NO FOCO: Na procura do moble usado

10:35 h

A VIDA POR DIANTE: Costa abaixo

Bernardo está a facer unha reportaxe sobre o prezo da vivenda en Sada e non sabe se contactar con Lucía. Elvira ten que regresar temporalmente á Arxentina por un problema coa pensión. Todos se centrarán arredor de Sofía para que non estea soa.

11:35 h

A VIDA POR DIANTE: Amigos ou inimigos

Marta, Andrés e Carliños trasladáronse á casa de Sofía temporalmente. Na casa de Renata e Eusebio a pequena Ali entrou con mal pé na adolescencia. Lucía vai traballar, en exclusiva, para a construtora Coinasa.

12:40 h

A VIDA POR DIANTE: O neno ten que ser artista

Comeza o xuízo contra o violador de Gaila e a moza está moi nerviosa. Unha produtora organizou unha selección de modelos para facer un anuncio en Sada. Renata e Eusebio deciden apuntarse a unhas clases de preparto.

13:35 h

A VIDA POR DIANTE: Tempos revoltos

Eusebio estase a preparar seriamente para o momento de ser pai. Lucía asiste a un curso de xestión da empresa. Marta e Andrés descoñecen que están a punto de recibir unha visita que pode cambiar as súas vidas.

14:30 h

A VIDA POR DIANTE: Faltas e culpas

Lucía anda cada día máis apurada co curso que está a facer na Coruña. Renata e Eusebio viven o tramo final do embarazo. Roberto está cada día máis namorado de Nuria. Chano está preocupado por Sofía, quen comeza a facer cousas raras.

14:40 h

NO FOCO: NO FOCO 13.12.2025

Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 17.12.2025

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 17.12.2025

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 17.12.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 17.12.2025

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES II 68

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. A ver se á terceira vai a vencida… Jairo de Palas de Rei, Andrea de Camariñas, Fátima de Ordes, Lalo de Verín e Xoaquín do Grove enfróntanse un día máis no 'Atrápame se podes' para loitar polo bote que xa está en 4.400 euros.

17:15 h

EU SEI + CA TI: EU SEI + CA TÍ 5

O actor Fran Nogueira presenta 'Eu sei + ca ti', novo concurso diario na TVG, con 6.000 euros en xogo. Tres equipos compiten con coñecementos, enxeño e estratexia cada día para abrir unha caixa forte co gran premio en metálico do programa.

17:55 h

COMO GALEGOS!: Gerardo - Esmeralda - Orlando

Programa de entretemento, en que tres estranxeiros de distintas nacionalidades e que viven en tres localidades diferentes de Galicia contan os motivos polos que deixaron a súa terra e decidiron quedar a vivir en Galicia.

18:50 h

COMO GALEGOS!: Anil-Lenka-Assane

Programa de entretemento, en que tres estranxeiros de distintas nacionalidades e que viven en tres localidades diferentes de Galicia contan os motivos polos que deixaron a súa terra e decidiron quedar a vivir en Galicia.

19:50 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3313

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os sábados. 'Zigzag' recibe no seu estudio a artista Sheila Patricia, que hoxe publica o seu novo disco, titulado ‘Epifanía’.

20:20 h

DEPORTE EXTRA: Copa Mörling 2025

20:30 h

DEPORTE EXTRA: Arona Sané, o bo pastor

20:40 h

BALONCESTO LIGA LEB: PRIMEIRA F.E.B. LEYMA CORUÑA – CLUB OURENSE BALONCESTO

20:40 h

BALONCESTO LIGA LEB: Primeira FEB: Leyma Coruña-Club Ourense Baloncesto

En directo.

22:25 h

AXUSTES DEPORTES PUNTUAIS 2025: Top 10 Supercopa (Temp. 2025-26)

22:30 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 17.12.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

23:00 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 17.12.2025

23:05 h

A ESTIBA: Perecedoiros

Trepidante thriller policial, o primeiro dos medios públicos que se inspira no traballo da Policía Nacional. Un misterio é o punto de partida da serie, que comeza co atraque dun barco no porto de Ardora, onde toda a súa tripulación foi masacrada. Hoxe, en 'A Estiba', a insostible situación no porto estoupa co asasinato dun estibador crebafolgas. Manuela descobre que o seu pai traballaba para César e que os movementos de cartos tamén salpican a Mercedes.

00:10 h

A ESTIBA: O ollo do furacán

Trepidante thriller policial, o primeiro dos medios públicos que se inspira no traballo da Policía Nacional. Un misterio é o punto de partida da serie, que comeza co atraque dun barco no porto de Ardora, onde toda a súa tripulación foi masacrada. Unha furgoneta con inmigrantes ilegais pon Ardora patas arriba. Mentres Helena queda en shock ante a noticia que vincula a Antón coa morte do seu home, Marcos rexeita o proxecto para o porto de Rosalía e Lionel.

01:20 h

GARDIÁNS DA NOITE: CRUELDADE

01:45 h

GARDIÁNS DA NOITE: SAKONJI UROKODAKI, O INSTRUTOR

02:05 h

GARDIÁNS DA NOITE: SABITO E MAKOMO

02:30 h

GARDIÁNS DA NOITE: A CRIBA FINAL

02:50 h

GARDIÁNS DA NOITE: O MEU ACEIRO

03:15 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1925

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

GRANDES LUGARES: Cela (Bueu) e Laias (Cenlle)

A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.

div-crtvg-top2

Publicidade