TVG2 - CSAG
MADDIE E TRIGGS: Eco
Por arte de maxia, o eco transporta a Maddie e a Triggs ao bandullo dunha balea.
BIBOPALULA: Aquí hai xigantes!
Robin acaba de descubrir que no alto do monte hai unhas árbores moi altas, brancas e sen follas.
BIBOPALULA: Unha canción diferente
Bubi convence a Parrulo e a Cegoña para facer unha canción, pero algo non soa ben. A Banda do Bosque anímase a axudalos para rematala.
O CORDEIRO SHAUN: Bitzer da lagoa negra
Bitzer cae nunha poza de lama e sae del parecendo un monstro de lodo que asusta as ovellas. Despois duns momentos de pánico, Shaun descobre que o horrible monstro é Bitzer.
CAN CHEIRENTO: O retrato de Can Cheirento
Can Cheirento cheira mal, ten pulgas e é parvo. Vive nunha papeleira co seu mellor amigo Gatochato. Aínda que moitos evitan a Can Cheirento, é puro optimismo e esperanza.
SONIC BOOM: Sentirse culpable
Sonic e Tails defenden os gogobas dunha manda de bandidos e a tribo agradécellelo cun banquete. O problema xorde cando os heroes queren marchar da aldea, porque os gogobas fanos sentir culpables por abandonalos. Sonic e Tails terán que trazar un plan para conseguir librarse da obriga con eles. Sonic e Tails defenden os gogobas dunha manda de bandidos e a tribo agradécellelo cun banquete. O problema xorde cando os heroes queren marchar da aldea, porque os gogobas fanos sentir culpables por abandonalos. Sonic e Tails terán que trazar un plan para conseguir librarse da obriga con eles.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Animam
Xusto cando Marinette, Adrien e os seus amigos visitan o zoolóxico de París, un dos seus gardiáns, “akumatizado”, convértese nun animal malvado que cambia de forma.
SUPER 4: Súper Gene
O Barón Negro encerra a Alex e a Ruby. Faísca e Gene quérenos ir rescatar, pero o Camaleón está avariado e terán que ir a pé.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 322
GRANDES LUGARES: Buxantes, Franqueira
VIVIR AQUÍ: Queixeiros medalla de ouro
Programa de reportaxes.
PRATOS COMBINADOS: Miro e Antón fan negocios cos Tonechos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina marcha de vacacións a ver a familia a Ribadavia, pero deixa a Mónica con ordes moi estritas para controlar a Miro, cuxa intención é pechar o bar para ir pescar bonito en Burela xunto con Antón.
PRATOS COMBINADOS: Chega a prima Olimpia
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina deixa o bar Suízo e marcha montar un restaurante en Baiona, deixando a cargo do bar a súa prima Olimpia, que chega da aldea coa intención de instalarse na vila.
PRATOS COMBINADOS: O monstro da aldea
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A vila está conmocionada por unha nova aparición do monstro do lago Ness en Escocia. Isto fai que Miro e Antón inventen a existencia dun monstro similar na aldea.
PRATOS COMBINADOS: O sobriño do párroco
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O padre Nicanor necesita desesperadamente cartos para a parroquia e cóntalle o seu problema a Miro e Antón, que o enredan nun dos seus enganos.
PRATOS COMBINADOS: Decoración con estilo
Olimpia está farta da decoración da casa de Pereira e pretende cambiar todos os mobles, pero Miro négase polo que ela máis Antón tentan convencelo para chamar un decorador e renovar toda a casa. Olimpia está farta da decoración da casa de Pereira e pretende cambiar todos os mobles, pero Miro négase polo que ela máis Antón tentan convencelo para chamar un decorador e renovar toda a casa.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 25.11.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 25.11.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 25.11.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 25.11.2025
NO FOCO: NO FOCO 22.11.2025
Presentado por Jesús Peleteiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES 54
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' xa chegou aos 1.600 euros e Carmiña, de Santa Comba; Diego, da Coruña; Filipe, de Vigo; Isolina, de Boiro, e Iria, de Arcade, van intentar facerse hoxe con el.
TI VERÁS: TI VERÁS X 584
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez, onde cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 403
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
CORREMUNDOS: Grecia vs Galicia
Espazo que percorre Europa e Centroamérica facendo unha fotografía do mundo globalizado e amosando as diferenzas entre distintos profesionais en Galicia fronte aos doutras partes do mundo. 'Corremundos' contrapón esta semana a actividade dos mercados e dos artesáns de coiro gregos e galegos. Unha semana máis, o programa seguirá comparando o traballo de profesionais que desempeñan o mesmo labor en Galicia e noutros lugares do mundo.
NO FOCO: Soutomaior, a cor e os costumes galegos
ZIGZAG: ZIGZAG 3294
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. 'Zigzag' conversará con Sabela Losada, directora do filme documental ‘O próximo baile será comigo’, que fala da importancia do apoio mutuo entre mulleres fronte á violencia de xénero.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 25.11.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 25.11.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
PREFIRO CONDENARME
A historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, confróntanos cunha nai díscola, unha órbita familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adúltera aos 33 anos, en 1972, por mor dunha filla que ten co seu amante, un carpinteiro “digno de querer”. Como unha nova Antígona, Sagrario colócase fóra da regra e ao desobedecer reivindica, canda a lei non escrita, o desexo. No fondo, a igualdade coas de “arriba” que ninguén critica.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 25.11.2025
ONDE MÁIS DOE
Logo de ameazar durante anos a súa exparella, M. M. asasina a golpes de pa o seu fillo de once anos. Un ano despois, un xurado popular condénao por asasinato e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar a nai. Baseada neste feito, 'Onde máis doe' é unha película documental, dirixida por Manane Rodríguez, que pretende estar nas antípodas do tratamento sensacionalista con que adoitan abordarse estes dramas.
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
HAI MOITAS LÚAS: CABALEIROS DO ZODÍACO
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1903
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.