div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

MADDIE E TRIGGS: O club de xadrez

Maddie séntese soa o primeiro día no club de xadrez, pero axiña fai unha amiga que a illa deserta convértese nun paraíso. Maddie séntese soa o primeiro día no club de xadrez, pero axiña fai unha amiga que a illa deserta convértese nun paraíso.

07:00 h

GALICIA NOTICIAS PEZAS: Cachena evita broza

07:10 h

BIBOPALULA: Festival de inverno

Todos os paxaros prepáranse para decorar as súas casas con moitas cores.

07:15 h

BIBOPALULA: A guitarra de xeo

Merli esqueceu o seu instrumento ao aire libre e amenceu conxelado. Carpin, o mellor carpinteiro do bosque, fabrícalle un novo co seu peteiro prodixioso.

07:20 h

O CORDEIRO SHAUN: SHAUN THE SHEEP S.2 59

07:20 h

O CORDEIRO SHAUN: Dous son compañía

Lola e Shaun, amor a primeira vista.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: O segredo de Can Cheirento

Bulldog e Chihuahua son testemuñas dun golpe de sorte de Can Cheirento, polo que queren achegarse a el e descubrir o seu segredo. Gato Chato dálles a oportunidade: namórase de Chanelle e pasa a vivir no tellado.

07:40 h

SONIC BOOM: Azul de envexa

Chega á vila un muraño moi moderno e rechamante que con labia e acrobacias conquista a todo o mundo. Como lle rouba o protagonismo, Sonic ten celos del e acaba retándoo a unha carreira cunha aposta un tanto perigosa. Chega á vila un muraño moi moderno e rechamante que con labia e acrobacias conquista a todo o mundo. Como lle rouba o protagonismo, Sonic ten celos del e acaba retándoo a unha carreira cunha aposta un tanto perigosa.

07:50 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Pixelator

Vincent adora a Jagged Stone, pero acaba “akumatizado” e convértese en Pixelator.

08:15 h

SUPER 4: Superior

Sykronior inventa unha máquina que colle as diferentes capacidades dos habitantes das illas para xuntalas nun individuo só. Desa maneira quérese converter nun ser superior.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 320

09:30 h

CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 316

Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.

09:45 h

GRANDES LUGARES: Ons, Trasbar

10:40 h

NO FOCO: Moito máis ca un xoguete

10:45 h

NO FOCO: A loita das nais

10:50 h

PRATOS COMBINADOS: Haiche moito fantasma

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

11:55 h

PRATOS COMBINADOS: Dous atletas de primeira

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

12:55 h

PRATOS COMBINADOS: Os perigos de pescar Salmón

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

13:55 h

PRATOS COMBINADOS: Caracois en prebe picante

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 21.11.2025

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 21.11.2025

Presenta Marta Darriba.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 21.11.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 21.11.2025

16:40 h

NO FOCO: NO FOCO A NOSTALXIA DOS SABORES

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES 52

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Segundo día no 'Atrápame se podes' para Isolina, de Boiro; Iria, de Arcade; Carmiña, de Santa Comba; Diego, da Coruña, e Filipe, de Vigo. Todos eles optan a levar o bote do concurso, que xa medrou ata os 1.200 euros.

17:15 h

TI VERÁS: TI VERÁS X 582

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez, onde cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:20 h

DESERTORES DO ASFALTO: Saumede (A Bola)

Programa presentado por Rocío Barrio, que pon en valor a cultura popular, a innovación no rural, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día na parroquia ou concello dos que decidiron que non ían marchar á cidade. Este novo espazo levará a audiencia por enclaves e a historia de Galicia, coma nunca antes se vira. Hoxe coñece na Bola a francesa Camille Hedouin, unha vocalista electrónica que aposta pola vida e un proxecto artístico desde o rural.

18:50 h

DESERTORES DO ASFALTO: Cabanas (Pontedeume)

Programa presentado por Rocío Barrio, que pon en valor a cultura popular, a innovación no rural, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día na parroquia ou concello dos que decidiron que non ían marchar á cidade. Este novo espazo levará a audiencia por enclaves e a historia de Galicia, coma nunca antes se vira. O espazo viaxa hoxe a Cabanas, un pequeno concello con grande interese turístico e cun rural potente.

19:25 h

DESERTORES DO ASFALTO: Sabadelle e Garabelos (Chantada)

Aquelas persoas que desertaron de marchar e quedaron para traballar na súa terra e aquelas outras que chegaron para quedar e sumar, van ser as protagonistas desta aventura e van axudar a contar a historia de Galicia coma nunca se fixo en televisión. Presentado por Rocío Barrio. ‘Desertores do Asfalto’ hoxe viaxa a Chantada.

19:55 h

DESERTORES DO ASFALTO: Valencia do Sil (Vilamartín de Valdeorras)

Aquelas persoas que desertaron de marchar e quedaron para traballar na súa terra e aquelas outras que chegaron para quedar e sumar, van ser as protagonistas desta aventura e van axudar a contar a historia de Galicia coma nunca se fixo en televisión. Presentado por Rocío Barrio. A TVG busca hoxe 'desertores do asfalto' en Valencia do Sil, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras.

20:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3291

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O artista interdisciplinar Félix Fernández acode hoxe a 'ZigZag' para falar do seu traballo e do seu próximo espectáculo.

20:55 h

LATEXOS DA CIDADE

A TVG tómalles o pulso ás grandes urbes galegas a través dos seus habitantes. Neste programa, os espectadores coñecerán cada edición tres personaxes con vidas únicas e poranlles nome e voz ás persoas coas que se cruzan cada día. Hoxe irá de mañanciña cara a Vigo, onde os 122 vendedores do mercado de Coia están xa a montar os seus postos. Despois porá rumbo á Coruña, onde o bo ambiente e a boa comida non poden faltar nun barrio máis coruñés que a propia torre de Hércules: Monte Alto. O programa pasará a tarde rodeado de peregrinos que collen un autobús para volver á casa na estación de Santiago de Compostela e rematará o día coa tensión dun bo partido de baloncesto co Breogán de Lugo.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 21.11.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

FIDALGO DOS MARES, O

No ano 1807, en plena invasión napoleónica de España, Inglaterra está en guerra con Francia e España. O capitán Horatio Hornblower navega co buque Lydia por augas do Pacífico, en misión secreta. Debe entregar armas e artillaría pesada a Alvarado, un tolo maníaco que planea traizoar a España e atacar as colonias españolas en Centroamérica. Hornblower pon en mans de Alvarado o 'Natividad', buque insignia español por el capturado, co que o traidor se dirixe a atacar as colonias. Cando un capitán español o informa da nova alianza entre Inglaterra e España para loitar contra Napoleón, Hornblower parte á caza do 'Natividad'.

22:30 h

O FIDALGO DOS MARES

No ano 1807, en plena invasión napoleónica de España, Inglaterra está en guerra con Francia e España. O capitán Horatio Hornblower navega co buque Lydia por augas do Pacífico, en misión secreta. Debe entregar armas e artillaría pesada a Alvarado, un tolo maníaco que planea traizoar a España e atacar as colonias españolas en Centroamérica. Hornblower pon en mans de Alvarado o 'Natividad', buque insignia español por el capturado, co que o traidor se dirixe a atacar as colonias. Cando un capitán español o informa da nova alianza entre Inglaterra e España para loitar contra Napoleón, Hornblower parte á caza do 'Natividad'.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 21.11.2025

00:15 h

A MAXIA DO CHOCOLATE

Tras o bombardeo da fábrica de chocolate de seu pai, un refuxiado sirio intenta adaptarse á súa nova vida nunha pequena localidade, atrapado entre a persecución dos seus soños e a conservación do legado familiar.

01:45 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1899

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

VIVIR AQUÍ: Reviven as casetes na galega

Programa de reportaxes.

06:05 h

GRANDES LUGARES: Ons, Trasbar

div-crtvg-top2

Publicidade