div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

CHICO CHICA BOUMBA: O apuntador

Os actores da compañía de teatro esqueceron os seus papeis e Delia quere axudalos.

07:05 h

BIBOPALULA: O terremoto

Parecía un día normal ata que, de súpeto, todas as árbores se puxeron a tremer. Pero non é un terremoto: os amigos da Banda do Bosque están a piques de coñecer ao animal máis forte da contorna.

07:05 h

O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 51

07:15 h

BIBOPALULA: O anel

Pegui atopou un anel no bosque. Os seus amigos dinlle que o ten que devolver pero ela quere quedar con el. Algo terá que ver que as pegas gustan das cousas brillantes.

07:20 h

O CORDEIRO SHAUN: Timmy super grande

Timmy come por equivocación un tomate milagroso.

07:30 h

CAN CHEIRENTO: Can Cheirento vai a Nova York

Can Cheirento recibe unha postal. Unha tal Jacqueline quedou con el ó pé da Estatua da Liberdade. Gato Chato intentar disuadir o seu amigo de ir a Nova York, pero Can Cheirento está impaciente por coñecer a famosa Jacqueline.

07:40 h

A ABELLA MAIA -3D: Clima á carta

Lara finxe ter a capacidade para cambiar o tempo, pero en realidade vai lendo os sinais da natureza.

07:50 h

AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Serea

Unha “akuma” transforma a Ondine, unha excelente nadadora namorada de Kim, en Serea, unha malvada que pretende converter París nun reino submarino para o seu príncipe. Unha “akuma” transforma a Ondine, unha excelente nadadora namorada de Kim, en Serea, unha malvada que pretende converter París nun reino submarino para o seu príncipe.

08:15 h

SUPER 4: Equilibrios

Rock Brock atopa un cetro máxico e, ao collelo, provoca que todos os habitantes das illas intercambien as súas personalidades.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 310

09:30 h

CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 314

Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.

09:45 h

GRANDES LUGARES: Lires

Visitamos Lires, unha vila da Costa da Morte que se atopa no concello de Cee, un sitio cun encanto especial, xa que combina o progreso coa tradición e os veciños gozan compartíndoo coa xente que vén de fóra.

10:30 h

GALICIA NOTICIAS PEZAS: Cachena evita broza

10:35 h

PRATOS COMBINADOS: Os versos de Pereira

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro déixase enredar unha vez máis polo seu cuñado Antón, que lle di que escriba uns versos para facelos pasar por poemas inéditos de Rosalía de Castro. Con tal propósito, acoden á casa de turismo rural para coller papeis vellos que teña a señora Carme.

10:35 h

GALICIA NOTICIAS PEZAS: Recreación lembranza rural

11:40 h

PRATOS COMBINADOS: A silueta perfecta

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro segue facendo das súas e todos lle recriminan os seus cafés, bocadillos... Tuto, de broma, dille que co seu café podían facer un elixir adelgazante. Así que Antón e Miro póñense a facelo, gravan o anuncio na casa de turismo e o bótano na teletenda.

12:45 h

PRATOS COMBINADOS: Un par de boas pezas

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina pretende vender dous xarróns chineses no Bar Suízo para tratar de sacarlle uns mil euros, pero Antón cre que organizando unha poxa no bar pódenlle sacar bastante máis.

13:45 h

PRATOS COMBINADOS: Falando con Paula

Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A Paula ofrécenlle presentar un programa de televisión na canle local. Pero o seu pai non está moi de acordo con que o presente, xa que o anterior presentador botárano por unha inxustiza e Pedro vai a levar o seu caso. Aínda así, Paula acepta o traballo.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 07.11.2025

Presenta Raúl Quián.

15:35 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 07.11.2025

Presenta Antía Araújo.

16:20 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 07.11.2025

Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.

16:30 h

O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 07.11.2025

16:40 h

ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES 41

Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do concurso alcanza as cinco cifras e xa está nos 10.000 euros. Os aspirantes a levalo son: Érika de Dumbría, Patricia de Ourense, Goio da Illa de Arousa, Mónica de Narón e Carlos da Coruña.

17:15 h

TI VERÁS: TI VERÁS X 572

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez, onde cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:15 h

DESERTORES DO ASFALTO: Monterroso

Programa presentado por Rocío Barrio, que pon en valor a cultura popular, a innovación no rural, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día na parroquia ou concello dos que decidiron que non ían marchar á cidade. Este novo espazo levará a audiencia por enclaves e a historia de Galicia, coma nunca antes se vira. Os espectadores coñecerán os ‘Desertores do asfalto’ de Monterroso, onde se desenvolven diferentes iniciativas que poñen en valor o rural.

18:50 h

DESERTORES DO ASFALTO: Soutelo de Montes

Programa presentado por Rocío Barrio, que pon en valor a cultura popular, a innovación no rural, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día na parroquia ou concello dos que decidiron que non ían marchar á cidade. Este novo espazo levará a audiencia por enclaves e a historia de Galicia, coma nunca antes se vira. Chega hoxe a Soutelo de Montes, unha vila no medio de Galicia cunha veciñanza moi activa.

19:20 h

DESERTORES DO ASFALTO: O Couto Mixto

Programa presentado por Rocío Barrio, que pon en valor a cultura popular, a innovación no rural, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día na parroquia ou concello dos que decidiron que non ían marchar á cidade. Este novo espazo levará a audiencia por enclaves e a historia de Galicia, coma nunca antes se vira. O programa comproba como as aldeas do Couto Mixto seguen a loitar pola súa historia e supervivencia.

19:55 h

DESERTORES DO ASFALTO: Meiro (Bueu)

Programa presentado por Rocío Barrio, que pon en valor a cultura popular, a innovación no rural, as tradicións que se mesturan co novo e o día a día na parroquia ou concello dos que decidiron que non ían marchar á cidade. Este novo espazo levará a audiencia por enclaves e a historia de Galicia, coma nunca antes se vira. Meiro é unha vila dentro da parroquia de Bueu, pero funciona como parroquia propia. A asociación de veciños e o club de lectura xúntanse sempre que poden e Rocío contará coa axuda de Dani, un rapaz de Meiro que a guiará por todos os puntos de interese. Verán un muíño e unha filloada, cantarán nun furancho e saberán canto poden facer alén do mar en Bueu.

20:30 h

ZIGZAG: ZIGZAG 3279

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A artista Lúa Gándara falará en ‘Zigzag’ da súa exposición ‘Montaña sobre montaña. Saltamontes’, concibida durante a súa residencia na Fundación Granell.

20:55 h

LATEXOS DA CIDADE: O LATEXO DA CIDADE 8

A TVG tómalles o pulso ás grandes urbes galegas a través dos seus habitantes. Neste programa, os espectadores coñecerán cada edición tres personaxes con vidas únicas e poranlles nome e voz ás persoas coas que se cruzan cada día. Hoxe propón mercar na praza de abastos ourensá e gozar dos amigos durante un partido do Celta. Amais, coñecerá na Coruña unha das farmacias máis modernas de Galicia e o espazo Arroelo, en Pontevedra.

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 07.11.2025

Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

22:30 h

OS TRES MOSQUETEIROS

Transcorre o ano 1625 cando D’Artagnan, un mozo gascón, viaxa a París coa intención de ingresar na compañía de mosqueteiros reais, ao mando de Monsieur de Treville. No camiño terá un mal encontro co conde de Rochefort e Lady de Winter, partidarios do primeiro ministro, o cardeal Richelieu. Recén chegado a París, discute con tres dos mellores mosqueteiros do rei, e desafíaos a todos a un duelo.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 07.11.2025

00:30 h

EIFFEL

Unha vez finalizada a súa colaboración na Estatua da Liberdade, o célebre enxeñeiro Gustave Eiffel está na cima do mundo. Agora, o goberno francés está a meterlle presión para deseñar algo espectacular para a Exposición Universal de París de 1889, pero Eiffel non está interesado. De súpeto, todo cambia cando no seu camiño se cruza unha misteriosa muller do seu pasado e o lume da súa paixón prohibida se reaviva, inspirándoo a cambiar a imaxe de París para sempre.

02:15 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1885

Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

VIVIR AQUÍ: Nova xeración para o rural

Programa de reportaxes.

06:10 h

GRANDES LUGARES: Lires

Visitamos Lires, unha vila da Costa da Morte que se atopa no concello de Cee, un sitio cun encanto especial, xa que combina o progreso coa tradición e os veciños gozan compartíndoo coa xente que vén de fóra.

div-crtvg-top2

Publicidade