TVG2 - CSAG
CHICO CHICA BOUMBA: CHICO CHICA BOUMBA 21
CHICO CHICA BOUMBA: A antena humana
Arsenio quere ver a final do campionato de fútbol pero a tele non se ve.
BIBOPALULA: A canción favorita do Señor Moucho
Na Banda do Bosque pregúntanse cal é a canción favorita do señor Moucho. Lembran algunhas como a do telescopio ou a da eclipse, e sorpréndense ao saber cal é a que máis lle gusta.
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 45
BIBOPALULA: A despedida
Esta mañá o ceo está cheo de andoriñas. A Robin, Carpin, Pegui e Merli encántalles escoitar as historias sobre as súas viaxes, e cando marchan sempre as despiden cunha canción.
O CORDEIRO SHAUN: SHAUN THE SHEEP S.2 43
O CORDEIRO SHAUN: Noites de insomnio
Cando rompe o teito do cortello das ovellas, a choiva empeza a entrar. As ovellas buscan terra seca, pero só a atopan na corte, e está celosamente custodiada polos porcos.
CAN CHEIRENTO: Can Cheirento voa!
O globo de Bárbara engánchase nun balcón e Can Cheirento decide recuperar o globo.
A ABELLA MAIA -3D: Max namórase
Max está namorado dunha fermosa eiruga. Axudado por Maia, intenta facerse amigo dela e pasar un tempo xuntos. Pero de súpeto, ela desaparece... para converterse nunha bolboreta!
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Xeadiador
Lepidóptero “akumatiza” o lendario xeadeiro parisiense e transfórmase en Xeadiador, que converte a xente en xeados que se derreten. Ladybug e Cat Noir terán que reaccionar para evitalo. Lepidóptero “akumatiza” o lendario xeadeiro parisiense e transfórmase en Xeadiador, que converte a xente en xeados que se derreten. Ladybug e Cat Noir terán que reaccionar para evitalo.
SUPER 4: Sexamos racionais
Os nosos heroes entran no bosque onde vive Babá Cara para rescatar o Doutor X e a súa nova axudante. A bruxa non os quere deixar marchar sen que antes lle entreguen un artefacto tecnolóxico que ten ela, xa que lle parece que a tecnoloxía vén sendo unha maxia moi poderosa.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 304
GRANDES LUGARES: Infesta
PRATOS COMBINADOS: Crime e castigo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Unha serie de sucesos turbios fan que Pedro, o avogado, cobre un non pretendido protagonismo, cando todos os indicios levan a pensar que a súa persoa responde ao perfil do 'asasino da gabardina', como a inesperada ausencia de Paula, as manchas de sangue, os berros que saen do seu piso...
PRATOS COMBINADOS: A verdadeira sabedoría
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O banco embarga a camioneta de reparto de Paspallás que, por mor dun descoido, deixou a súa conta a cero, contratempo que ocasionará o desabastecemento do Bar Suízo. Mentres tanto, vaise cruzar a trama de Antón, que quere ascender no seu traballo, polo que o seu xefe aproveita a ocasión para encargarlle un pesado traballo que non é capaz de facer.
PRATOS COMBINADOS: Función de gala
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Paula, a filla do avogado veciño, con aspiracións de actriz, vai actuar en Santiago nada menos que xunto á veterana Concha Velasco. Este feito que vai suscitar a expectación de case todos, agás de Miro e Antón, que prefiren ver o partido de fútbol, transmisión que coincide á mesma hora que a función.
PRATOS COMBINADOS: Unha muller feliz
Antón vese obrigado a buscar un piso novo no que vivir tras ser expulsado polo seu caseiro, mentres Charo medita sobre a posibilidade de marchar a traballar a Alemaña farta da súa relación con Antón.
PRATOS COMBINADOS: Todo é reciclable (menos o amor)
Antón fala de matrimonio con Charo pero ela segue pensando en marchar a Alemaña, convencida de que el só pretende conserva-lo apartamento no que viven. Balbina intenta calma-la relación entre os dous mentres prepara unha festa de despedida para Charo.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 30.10.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 30.10.2025
Presenta Antía Araújo.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 30.10.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
NO FOCO 2025: "A volta ás andadas da ‘Matavellas’?"
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 30.10.2025
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES 36
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Segundo día no 'Atrápame se podes' para Isolina, de Boiro; Iria, de Arcade; Carmiña, de Santa Comba; Diego, da Coruña, e Filipe, de Vigo. Todos eles optan a levar o bote do concurso, que xa medrou ata os 1.200 euros.
TI VERÁS: TI VERÁS X 566
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez, onde cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
DE BARES: DE BARES 20
Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.
DE BARES: DE BARES 21
Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.
DE BARES: DE BARES 22
Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.
ZIGZAG: ZIGZAG 3272
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A pianista e compositora Aida Saco falará en 'ZigZag' do seu espectáculo ‘Urdimes’, que presentará o vindeiro domingo na Coruña
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 30.10.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 30.10.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O CORPO ABERTO
Miguel, un profesor novo, é destinado en 1909 a unha pequena localidade na montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos apaixonados e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu arredor ao tempo que medra a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito libre na busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e dos mortos.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 30.10.2025
TRINTA LUMES
Alba ten 12 anos e desexa descubrir o descoñecido, misterioso e fascinante mundo da morte. Xunto ao seu mellor amigo, Samuel, entran en casas abandonadas, percorren localidades destruídas e adéntranse no interior da serra do Courel, que agocha outro mundo paralelo. Unha viaxe que parte da inocencia para descubrir o misterio da loita entre a vida e a morte.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1877
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? D
Programa que pon en valor a música galega dándolle visibilidade a unha tradición moi nosa: os cantos de taberna. Percorrerá varias vilas galegas en busca das cantigas máis populares da música de taberna. A través dun concurso, tres grupos de cada vila defenderán ante un xurado que a súa cantiga entre na listaxe das máis coñecidas de toda Galicia.