TVG2 - CSAG
CHICO CHICA BOUMBA: CHICO CHICA BOUMBA 11
CHICO CHICA BOUMBA: A visita ao museo
Álex e toda a súa clase van visitar o museo de Historia Antiga.
O DIARIO DE ALICE: DIARIO DE ALICE, O 35
BIBOPALULA: A postal
Pombo, o mensaxeiro, perde de novo unha postal.
BIBOPALULA: O merlo branco
Merli preséntalle ao resto da Banda do Bosque un merlo igual que el pero con plumas brancas.
O CORDEIRO SHAUN: Fósiles
Fozando na terra, Bitzer atopa os restos dun dinosaurio.
CAN CHEIRENTO: O retrato de Can Cheirento
Can Cheirento cheira mal, ten pulgas e é parvo. Vive nunha papeleira co seu mellor amigo Gatochato. Aínda que moitos evitan a Can Cheirento, é puro optimismo e esperanza.
A ABELLA MAIA -3D: A VIAXE DA SRA ESCARABELLO
A ABELLA MAIA -3D: A viaxe da Sra. Escaravello
A señora Escaravello perdeu a súa casa!
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: Bubbler
Nino, o mellor amigo de Adrien, queda “akumatizado” e convértese no Burbulleiro, un malandrín que atrapa adultos en burbullas que acaban flotando no ceo. Nino, o mellor amigo de Adrien, queda “akumatizado” e convértese no Burbulleiro, un malandrín que atrapa adultos en burbullas que acaban flotando no ceo.
SUPER 4: TODOS XUNTOS (1ª PARTE)
SUPER 4: Todos xuntos (Parte 1)
Alex o cabaleiro, o pirata Ruby, o axente Gene e a fada Twinkle son os heroes de Super 4. Xuntos vivirán múltiples aventuras recreando o universo Playmobil.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 294
GRANDES LUGARES: Vilanova
PRATOS COMBINADOS: Os polos tolos
Antón ofrécelle ao seu cuñado Miro a oportunidade de facer un estupendo negocio, mercando a baixo prezo unha partida de polo conxelado.
PRATOS COMBINADOS: Un home serio e formal
Os continuos despistes e as informalidades de Miro teñen farta á súa muller, Balbina. Miro promete ser no futuro un home serio e formal. Aconsellado polo seu cuñado, Antón convértese nun empresario laborioso, completamente entregado ao traballo no Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O rei da cociña
Miro Pereira e Balbina non teñen a mesma maneira de entender o seu traballo. Para Miro pescar troitas é incomparablemente máis difícil e meritorio ca cociñar. A súa muller decide amosarlle que está equivocado cambiando os seus respectivos papeis.
PRATOS COMBINADOS: O tío Benigno
Serie. Miro bota a Antón do Bar Suízo logo dunha liorta por 'carota' e por 'gorrón'. Antón, desgustado polo trato, inventa unha enseñosa vinganza contra Miro e Balbina. Resulta que por eses días aparece no Bar Suízo un señor que di ser o tío Benigno, que marchara como emigrante a México, hai xa moitos anos e que, logo de facer unha inmensa fortuna, regresa para compartir coa familia que lle queda as súas riquezas.
PRATOS COMBINADOS: Os candidatos
Serie. Balbina e Miro deciden presentarse, cada un pola súa conta, como candidatos a presidir a Asociación de Hosteleiros. Antón será, nesta ocasión, o asesor de Miro. Ambos candidatos teñen ideas moi diferentes sobre o que se debe facer na asociación, o que dará lugar a divertidos enredos e equívocos.
PRATOS COMBINADOS: O crecepelo
Serie. Nunha libreta en que están apuntados vellos remedios caseiros da avoa Carme aparece unha receita infalible contra a calvicie. Trátase dun crecepelo que, como se demostra finalmente, non funciona tan ben como se agardaba e presenta algúns efectos secundarios. Miro e o xefe de Antón serán as súas víctimas.
PRATOS COMBINADOS: Cociñeiros de París
Serie. O Concello acaba de organizar unhas xornadas de promoción turística en París e convidan a Balbina a cociñar alí algúns dos seus pratos máis típicos. Os celos de Miro e os desexos de Antón de viaxar á capital francesa cruzaranse no traballo de Balbina.
PRATOS COMBINADOS: A primitiva
Serie. A familia Pereira non gaña para sustos. Nesta ocasión, a trama vese envolta nun infortunio cos xogos de azar e como principal culpable aparece Antón.
PRATOS COMBINADOS: O apartamento
Serie. Rosalía xa non atura máis na casa, e busca unha solución alternativa... Quizais o aluguer dun apartamento?
PRATOS COMBINADOS: Un produto caducado
Serie. Un cliente do Bar Suízo atópase mal despois de tomar unha consumición no establecemento e culpa da súa doenza a un produto caducado. Pero posteriormente os acontecementos tomarán outros derroteiros e o producto caducado non era tal.
PRATOS COMBINADOS: Para mulleres soamente
Serie. Balbina decide celebrar o seu aniversario prescindindo, nesta ocasión, de Miro para, segundo ela di, divertirse ao seu gusto, sen as habituais meteduras de pata do seu home.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 16.10.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 16.10.2025
Presenta Antía Araújo.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 16.10.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 16.10.2025
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES 27
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Segundo día no 'Atrápame se podes' para Iria, de Barbadás; Agus, de Cangas; Conde, da Coruña; Olaya, de Castroverde, e Víctor, de Laxe. Todos eles optan a levar o bote do concurso, que xa medrou ata os 7.200 euros.
TI VERÁS: TI VERÁS X 556
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez, onde cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
DE BARES: DE BARES 14
Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.
DE BARES: DE BARES 15
Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.
DE BARES: DE BARES 16
Programa que ofrece un retrato de hostaleiros e clientes, a través da decoración do espazo ou a variedade de fórmulas que se idearon, ao longo dos tempos, para atender o público: tabernas mariñeiras, cantinas, casas de comidas, cafetarías, tendas-bar, bares-estanco, restaurantes, etc.
ZIGZAG: ZIGZAG 3260
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 16.10.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 16.10.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 16.10.2025
UNICORN WARS
Durante a ancestral guerra entre os osiños e os unicornios, Azuliño e o seu irmán Gordi adéstranse como recrutas do exército no Campamento Corazón Arco da Vella. O ambicioso osiño Azuliño ansía beber o sangue do derradeiro unicornio para ser eternamente fermoso, tal e como profetiza o Libro Sagrado da nova relixión que profesan os osiños. Gordi, pola contra, feo, inseguro e obsesionado coa comida, é obxecto de constantes humillacións e comete grandes torpezas no campamento.
OS DEMOS DE BARRO
Rosa, unha profesional de primeira líña, moi valorada no mercado empresarial, leva unha vida esixente dedicada por completo ao seu traballo. A morte de seu avó, do que se distanciara progresivamente polo seu inesgotable traballo, acaba provocándolle un repentino ataque de estrés que pon en dúbida as súas decisións. Rosa decide entón abandonar a cidade e lánzase a buscar o lugar e os recordos da súa infancia, vivida ao carón do seu avó.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1863
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.