TVG2 - CSAG
O DIARIO DE ALICE: Episodio 34
Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.
CHICO CHICA BOUMBA: O perfume da tía Úrsula
Non ule nada ben o perfume que emprega a tía Úrsula.
BIBOPALULA: O PARRULO PERDIDO
Hoxe no bosque hai un son raro, parece que alguén está a chorar.
BIBOPALULA: A ECLIPSE
Esta noite o señor Moucho ensínalle á Banda do Bosque algo que ocorre moi poucas veces.
O CORDEIRO SHAUN: Noite de cine
Toca ver unha película na granxa Toca ver unha película na granxa
CAN CHEIRENTO: O curmán de Can Cheirneto
Canela celebra o seu aniversario cunha festa de disfraces. Chegan as invitacións e Caniche non soporta a idea de que Can Cheirento tamén vaia porque quere a atención de Canela toda para el, así que argalla algo para librarse de Can Cheirento.
A ABELLA MAIA -3D: RACHOU
Maia e Willi rompen a carcasa de Shelby.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: COPYCAT
Un escultor namorado de Ladybug e celoso de Cat Noir convértese en Copycat, un impostor que trata de ocupar o lugar do seu rival.
SUPER 4: O VIRUS PIRATA
Los Technopolis Cleans quieren exterminar a los piratas, incluida Ruby, porque los consideran virus dañinos.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 293
GRANDES LUGARES: Campobecerros
PRATOS COMBINADOS: O concurso
Rosalía acaba de cobrar o seu primeiro salario como profesora de instituto. Ela e a súa nai, Balbina, proxectan facer a súa viaxe a París. Tamén Miro quere ir, pero non hai cartos abondo. Antón e Paspallás xúntanse con el para facer un insólito trío nun concurso de televisión.
PRATOS COMBINADOS: Pintura moderna
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A avoa Carme apúntase nun curso de pintura no club de xubilados. Pero a Miro non lle fai nin chisca de graza que súa nai teña outro tipo de actividades, xa que pensa que con elas pode deixar de lle prestar atención á cociña do bar. O seu cuñado Antón faralle ver que a pintura moderna pode ser unha considerable fonte de ingresos e ambos comezan a preparar unha gran exposición coas obras da avoa.
PRATOS COMBINADOS: O defunto Pereira
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina recibe unhas tan estrañas coma inquietantes cartas. A Caixa de Aforros anúncialle que axiña comezará a cobrar a súa pensión por ser viúva. Un representante de Pompas Fúnebres ofrécelle un amplo catálogo de lápidas. Miro Pereira non pensa que todo sexa producto dunha confusión, senón que, se cadra, realmente está morto.
PRATOS COMBINADOS: Banquetes
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro, animado polo seu cuñado Antón e polo dinámico Paspallás, decide comezar a facer banquetes para grandes grupos no local. As súas aspiracións de atraer turistas e celebracións vai tropezar coa dura realidade. Finalmente, un equipo de fútbol proporcionaralle a ocasión de facer un bo negocio.
PRATOS COMBINADOS: Coche novo
Miro recapacita sobre o seu vello coche e decide substituílo con urxencia. Pero os prezos do mercado animan a Miro e o seu cuñado Antón a buscar outras solucións. Así, polo Bar Suízo vai aparecer un sospeitoso vendedor capaz de proporcionarlle un fabuloso automóbil a un prezo incrible.
PRATOS COMBINADOS: Un cidadán modelo
O director dun espazo televisivo preséntase no Bar Suízo por mediación do tío Antón, na procura dun protagonista para o seu próximo programa, elixindo a Miro Pereira para encarnar o papel de cidadán ‘modelo’. A pesar do entusiasmo de Miro, a súa dona, moito máis escéptica ca el, comeza a sospeitar da estraña conduta do director de televisión.
PRATOS COMBINADOS: A ilusión é o último que se perde
Os Pereira prepáranse para recibir a Papá Noel e os Reis Magos. Dona Carme nunca tivo tempo nin ocasión para lle explicar “de xeito” a Miro “o dos Reis”. Este ano Miro non sabe moi ben a quen dirixir a súa carta, se a Papá Noel ou aos Reis Magos, sobre todo, porque garda unha teima cos de Oriente por non lle ter traído un balón de fútbol. Nesta ocasión, Miro escribe a súa carta con máis ilusión ca nunca e, quen sabe, quizais este ano se cumpran os seus desexos.
PRATOS COMBINADOS: Tarde de touros
Balbina, Rosalía e Carme descobren o mundo dos touros. Esta nova afección das mulleres esperta poucas simpatías en Miro e Antón. Mentres o sector feminino crea unha ‘peña taurina’, os homes deciden fundar unha asociación para a defensa dos animais. Os conflitos non se farán esperar.
PRATOS COMBINADOS: Galaxia Alfa
Miro Pereira vai alucinar unha noite, cando toda a familia volve da aldea, con estrañas luces no ceo, que o levan pensar nun posible OVNI. Obsesionado con esta visión, o propietario do Bar Suízo, comeza a mercar todo tipo de publicacións sobre extraterrestres e expedientes “X”, convencido como está de ser un contactado. O que non imaxina Miro é que o tío Antón e Paspallás están argallando unha broma que non sairá tan ben como eles esperaban.
PRATOS COMBINADOS: As vacacións de Balbina
Todos os problemas de Rosalía, Miguel, Miro e Antón recaen agora sobre as costas de Balbina, que necesita unhas vacaións; pero a experiencia de alonxarse da súa familia fará que vexa os seus problemas doutro xeito.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 15.10.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 15.10.2025
Presenta Antía Araújo.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 15.10.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 15.10.2025
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES 26
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. 'Atrápame se podes' recibe hoxe novos tripulantes: Víctor, de Laxe; Iria, de Barbadás; Agus, de Cangas; Conde, da Coruña, e Olaya, de Castroverde. Todos eles aspiran a levar o bote, que xa anda polos 7.000 euros.
TI VERÁS: TI VERÁS X 555
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez, onde cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
COMO GALEGOS!: Bakari-Lis-Jessica
COMO GALEGOS!: Guiseppe - Erick - Antonina
ZIGZAG: ZIGZAG 3259
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A artista visual Ana Gesto, gañadora do XIX Certame de Arte Isaac Díaz Pardo, visita hoxe o estudio de 'ZigZag'.
TODO BÁSQUET: EUROCUP WOMEN.: BAXI FERROL – SBS OSTRAVA
TODO BÁSQUET: Eurocup Women: Baxi Ferrol– SBS Ostrava
En directo.
AXUSTES DEPORTES PUNTUAIS 2025: Quiroga Bike Marathon 2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 15.10.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
O SABOR DAS MARGARIDAS: Coma Salvaxes
A saúde mental de Eva Mayo e unha perigosa rede de prostitución, eixes da segunda temporada desta serie. Nesta entrega, Eva infíltrase nun hotel onde prostitúen menores. Miranda segue os pasos de Salgado, que non aparece por ningures, e atópao xunto ao cadáver da directora da axencia de modelos.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 15.10.2025
O SABOR DAS MARGARIDAS: IL BENE, E COSI LA DOGLIENZA ( PRACER E DOR )
A saúde mental de Eva Mayo e unha perigosa rede de prostitución, eixes da segunda temporada desta serie. Os espectadores de 'O Sabor das Margaridas' verán este domingo como empeora a saúde mental de Eva Mayo e comeza a dubidar de si mesma. Pola súa parte, Salgado e Miranda atopan novas pistas e contactan cunha testemuña clave para a investigación.
ZIGZAG: ZIGZAG 3259
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A artista visual Ana Gesto, gañadora do XIX Certame de Arte Isaac Díaz Pardo, visita hoxe o estudio de 'ZigZag'.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1862
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.