TVG2 - CSAG
CHICO CHICA BOUMBA: As tarefas do fogar
Mamá vai chegar e hai que deixar a cociña limpa.
CHICO CHICA BOUMBA: As tarefas do fogar
Mamá vai chegar e hai que deixar a cociña limpa.
O DIARIO DE ALICE: Episodio 33
Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.
BIBOPALULA: A CANCIÓN DO VENTO
Hoxe sopra moito o vento e a Pegui sóalle a música. Os catro da Banda do Bosque deciden compoñer unha canción.
BIBOPALULA: AS NUBES
A señora Curuxa vai visitar á súa curmá, que vive na cidade. Ao seu regreso, ensínalle á Banda do Bosque as fotos que sacou na viaxe.
O CORDEIRO SHAUN: O partido de béisbol
Shaun e Bitzer teñen os seus conflitos na granxa.
CAN CHEIRENTO: CAN CHEIRENTO, REI DO AMOR
Despois de pasar unha noite enteira vendo películas románticas, Caniche ten unha conxuntivite severa e case non pode ver nada. Desafortunadamente, ese mesmo día ten unha cita con Canela e non a quere anular. Can Cheirento ofrécese a facerlle de guía, pero as cousas complícanse e non saen como estaban previstas.
A ABELLA MAIA -3D: LIMPA COMA UNHA ABELLA
Maia e Willi colleron piollos e a colmea inféctase. Deciden pedir axuda ás abellas salvaxes do bosque para librarse dos parasitos.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: PIXELATOR
Vincent adora a Jagged Stone, pero acaba “akumatizado” e convértese en Pixelator. Agora quere transformar o seu ídolo nunha imaxe para a eternidade.
SUPER 4: METADE-METADE
O Dr. X presenta o seu novo invento: o teletransportador, pero algo falla e a metade do seu corpo é teletransportada e a outra metade non.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 292
GRANDES LUGARES: Doade
O MELLOR TRACTOR DO MUNDO
Concurso para descubrir a persoa con máis maña á hora de dominar o seu tractor.
PRATOS COMBINADOS: A recomendación
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A filla maior da familia Pereira está vivindo uns días de gran intranquilidade debido ás súas oposicións e o seu pai Miro, que é dos que aínda confían nas recomendacións, comeza a matinar algúns vellos métodos para superar os exames. Confiándose ao seu cuñado Antón, pídelle axuda para preparar unha estratexia que el cre infalible e na que intervirán lacóns, empanadas e viños do país.
PRATOS COMBINADOS: América, América
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fillo de Miro e Balbina séntese moi ilusionado polo intercambio que prepara o seu instituto cun colexio dos Estados Unido,s pero o certo é que as posibilidades de viaxar ao outro lado do océano son escasas debido ás dificultades económicas da familia Pereira. O tío Antón, coma sempre, intenta achegar as solucións que ten ao seu alcance, pero todos os enredos que pon en marcha non fan máis que empeorar as cousas.
PRATOS COMBINADOS: Escola de sedutores
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O entrañable e ocorrente Paspallás, que tolea por unha rapaza, vaille pedir consellos ao tío Antón para que lle revele algúns dos seus segredos sobre como conquistar unha muller. Antón dáse por moi entendido na materia, pero un cúmulo de despropósitos vainos levar a unha situación ridícula.
PRATOS COMBINADOS: Unha nova estrela
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O local familiar ten que pechar como consecuencia dunha inspección municipal. Con todo, o sempre ocorrente tío Antón vai saber converter esta desgraza nunha oportunidade para facer un bo negocio. Un produtor televisivo, interpretado polo coñecido actor Manuel Manquiña, alugará o local para rodar un anuncio, feito do que Rosalía sacará bo partido ao revelarse como unha auténtica estrela do espectáculo.
PRATOS COMBINADOS: Ola, Melanie
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miguel regresa dos Estados Unidos, onde realizou un curso de inglés, e chega acompañado dunha rapaza americana que coñeceu durante a súa estancia no estranxeiro. O contraste de costumes dará lugar a algunhas situacións cómicas, ao tempo que Miguel descobre xunto a Melanie o amor.
PRATOS COMBINADOS: Adiviña quen vén cear
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A nai de Miro Pereira recibe a visita de Valentín, un antigo amor da mocidade, e con el veñen novas ilusións. Así que Carme decide preparar para el unha cea íntima no Bar Suízo e para poder quedar soa no bar terá que recorrer a algunhas pequenas mentiras que complicarán a situación ata límites insospeitados.
PRATOS COMBINADOS: A fuxitiva
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: A tía Matilde
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Papá por sorpresa
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: O concurso
Rosalía acaba de cobrar o seu primeiro salario como profesora de instituto. Ela e a súa nai, Balbina, proxectan facer a súa viaxe a París. Tamén Miro quere ir, pero non hai cartos abondo. Antón e Paspallás xúntanse con el para facer un insólito trío nun concurso de televisión.
PRATOS COMBINADOS: Morosos sen fronteiras
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Pintura moderna
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A avoa Carme apúntase nun curso de pintura no club de xubilados. Pero a Miro non lle fai nin chisca de graza que súa nai teña outro tipo de actividades, xa que pensa que con elas pode deixar de lle prestar atención á cociña do bar. O seu cuñado Antón faralle ver que a pintura moderna pode ser unha considerable fonte de ingresos e ambos comezan a preparar unha gran exposición coas obras da avoa.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 14.10.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 14.10.2025
Presenta Antía Araújo.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 14.10.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 14.10.2025
NO FOCO: NO FOCO 11.10.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES 25
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. Última oportunidade de levar o bote do 'Atrápame se podes', que xa está en 6.800 euros, para a tripulación que nos acompañou durante esta semana: Isa da Coruña, Águeda de Gondomar, Óscar de Nogueirosa, Paula de Vilagarcía de Arousa e Miguel de Santiago de Compostela.
TI VERÁS: TI VERÁS X 554
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez, onde cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 397
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
CORREMUNDOS: Costa Rica vs Galicia
Espazo que percorre Europa e Centroamérica facendo unha fotografía do mundo globalizado e amosando as diferenzas entre distintos profesionais en Galicia fronte aos doutras partes do mundo.
ZIGZAG: ZIGZAG 3258
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. 'Zigzag' recibirá a visita de Marcos de la Fuente, director do festival de poesía Kerouac, que se celebra esta semana en Vigo.
GALICIA NOTICIAS PEZAS: Afundimento Blas de Lezo
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 14.10.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 14.10.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 14.10.2025
A SEARA
Pequena aldea na serra do Caurel, que dá nombre á longametraxe documental dirixida por Pepe Coira, sobre a restauración acometida na zona, hai mais de dez anos, para facela máis atractiva turisticamente.
ESTRUTURAS
Documental sobre urbanismo, dirixido por Paco Gallego e Xosé Antón Bocixa, que analiza o impacto das construcións do ser humano na paisaxe galega. Diferentes expertos examinan a influencia de factores, como a explotación forestal, os tendidos eléctricos, o abandono do patrimonio, as construcións inacabadas e a especulación, entre outros.
SAMURAI CHAMPLOO: SAMURAI CHAMPLOO 6
SAMURAI CHAMPLOO: SAMURAI CHAMPLOO 7
SAMURAI CHAMPLOO: SAMURAI CHAMPLOO 8
SAMURAI CHAMPLOO: SAMURAI CHAMPLOO 9
SAMURAI CHAMPLOO: SAMURAI CHAMPLOO 10
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1861
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
VIVIR AQUÍ: Un xardín para comelo
Programa de reportaxes.