TVG2 - CSAG
CHICO CHICA BOUMBA: Era unha vez Can Cheirento
"Can Cheirento pídelle a Gato Chato que lle conte un conto para durmir. O gato, despois de probar con varios contos clásicos, acaba contándolle unha versión do conto da Cinsenta, onde o protagonista vén sendo o propio Can Cheirento."
O DIARIO DE ALICE: O servizo postal de Alice
O servizo postal de Alice chega a calquera lugar, por moi difícil que sexa a viaxe, sempre fai entrega.
BIBOPALULA: A PRIMEIRA VEZ
Cegoña ten medo a voar e non se atreve a saír do niño.
BIBOPALULA: QUE LLE PASA A CARPIN?
Carpin ten dor de barriga porque comeu unha baga velenosa.
O CORDEIRO SHAUN: Adeus, corte
Shaun e o rabaño descobren que o granxeiro ten "grandes plans" para a corte, pero estes plans no inclúen os cordeiros!
CAN CHEIRENTO: CAN CHEIRENTO CONVÉRTESE EN PAI
"Can Cheirento encontra un ovo e descobre que pode ter un pitiño dentro. Emocionado por ese descubrimento, ponse a chocar o ovo e, despois dun malentendido, convéncese de que un gatiño que aparece por alí saíu do ovo e, polo tanto, toca exercer de pai con el."
A ABELLA MAIA -3D: A CUADRILLA SALVAXE
A prima de Filip ven de visita ao prado.
AS AVENTURAS DE LADYBUG E CAT NOIR: O SEÑOR POMBO
Ao señor Ramier encántalle as pombas, pero non lle permiten alimentalas. Ledidóptero “akumatízao” e acaba convertido no Señor Pombo, que pretende facer de París un reino para as aves.
SUPER 4: A INVASIÓN VÉN DE FÓRA
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 291
GRANDES LUGARES: Éntoma
VIVIR AQUÍ: Vivir + Traballar + Investigar
Programa de reportaxes.
PRATOS COMBINADOS: Un superdotado na familia
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Unha charla co psicólogo do instituto ao que asiste Migueliño fai pensar a Miro que o seu fillo é un superdotado. Migueliño reúne en primeira instancia algunhas das condicións típicas destes nenos: despistado, preguiceiro, desordenado e abúrrese soberanamente en cada clase á que ten que asistir. Cando o tío Antón aparece na casa dos Pereira cun abraiante agasallo, un potente ordenador cunha chea de programas didácticos, o bo de Migueliño aproveitase da providencial axuda para se facer pasar por un auténtico superdotado.
PRATOS COMBINADOS: Miña naiciña querida
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Os ‘reality-shows’ irrompen con forza no Bar Suízo, xa que unha confusión fai pensar a Miro que a súa nai non é a súa verdadeira proxenitora. Ante esta situación, decide poñerse en contacto cun programa de televisión especializado nestes casos para procurar a súa auténtica nai. O seu chamamento é recollido por un estafador, interpretado por Sancho Gracia, que intentará obter proveito da incredulidade de Miro Pereira, facéndose pasar por irmán seu.
PRATOS COMBINADOS: Os fumes de Antón
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O protagonista será Antón, que anda namorado dunha rapaza amante da vida sa e deportiva. Por ela deixará de fumar, utilizando para iso todos os métodos coñecidos, como acupuntura ou os parches de nicotina e mesmo algún aínda sen experimentar. Miro, Balbina, Paspallás e o pintoresco personaxe interpretado por Manuel Pombal, asistirán divertidos aos intentos de Antón por romper co tabaco e cos seus fumes.
PRATOS COMBINADOS: A vinganza da avoa
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. De novo, haberá máis quebracabezas para Miro Pereira, xa que terá que facer gala da súa ‘man dereita’ para arranxar un problema familiar provocado pola súa nai, dona Carme. A historia principia cando os celos empezan a atacar a avoa, por mor das viaxes que fan as súas amigas e que ela non pode facer. Deste xeito, dona Carme pensa que o seu fillo non a trata como é debido e argalla unha pequena historia para chamar a atención e, de paso, conseguir que a traten como unha raíña.
PRATOS COMBINADOS: Alta cociña
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Os clientes do Bar Suízo poderán degustar os exquisitos pratos de Paco, un parente da familia Pereira que reside en Suíza, onde acadou un notable éxito como chef dun restaurante de luxo, e que vén pasar uns días de vacacións coa súa familia. Antón, brillante asesor de Miro, terá a idea de aproveitar a presenza do chef para organizar unha ‘Semana da Alta Cociña’ no Bar Suízo. A idea, malia que procede de Antón, semella prometedora, pero os resultados non serán os agardados.
PRATOS COMBINADOS: O novo propietario
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro Pereira chega a un acordo con Paspallás, o repartidor, para que lle ceda temporalmente o Bar Suízo, co gallo da visita que a súa noiva de Monforte lle vai facer. Sen dúbida, isto supón un motivo de alegría, pero o problema está en que Paspallás lle ten dito á súa moza que era un próspero empresario da hostalería e o verdadeiro dono do Bar Suízo.
PRATOS COMBINADOS: Todo un artista
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Poranse a proba os celos de Miro Pereira, cando a súa dona Balbina e a súa filla Rosalía senten unha gran admiración por algúns artistas e, sobre todo, polo escritor Tomás Vilariño, un dos habituais clientes do bar. Ante esta provocación, Miro afirma que el é tan imaxinativo e creador coma o que máis, e decide converterse en escritor contando para iso coa inestimable axuda do seu cuñado Antón.
PRATOS COMBINADOS: Mans de seda
No Bar Suízo prodúcense toda unha serie de roubos. O Paspallás, Antón e algúns outros clientes botan en falta as súas carteiras. Cando a Balbina lle falta a súa axenda electrónica pecha de súpeto as portas do bar coa esperanza de que o ladrón aínda estea no interior do local.
PRATOS COMBINADOS: Tódolos homes son distintos
Rosalía prepara a súa oposición coa esperanza de se converter en profesora de instituto. Un antigo profesor -o coñecido catedrático Ramón Parga- promételle axuda. Trátase dun home abraiante que ademais sabe entender o papel da muller actual. Pero nada é como parece...
PRATOS COMBINADOS: O cóctel
Matías é un home encantador que aparece polo Bar Suízo na busca dunha antiga namorada súa. Ademais é todo un experto na elaboración de "cócteles", e Antón e Miro deciden aprender a respectable arte de facer combinados.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 13.10.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 13.10.2025
Presenta Antía Araújo.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 13.10.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 13.10.2025
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES 24
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' xa chegou aos 6.600 euros e Miguel, de Santiago de Compostela; Isa, da Coruña; Águeda, de Gondomar; Óscar, de Nogueirosa, e Paula, de Vilagarcía de Arousa, van intentar facerse con el.
TI VERÁS: TI VERÁS X 553
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez, onde cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
COUSAS DA CASA: COUSAS DA CASA 1
Co entretemento, o humor e a sorpresa como ingredientes clave, neste entretido docushow, con pingas de reality, a coach Vanessa Travieso, especializada na organización e a orde, entrará nos fogares máis desordenados de Galicia para poñer patas arriba as súas vidas e súas casas, poñendo orde no caos e reconverténdoos así en lugares e persoas máis ‘sans’ e emocionalmente máis felices. 'Cousas da casa' axuda un deseñador a desfacerse de roupa e complementos e unha bailarina profesional a facer unha maleta para 15 días. Ademais, un matrimonio ourensán que proximamente se mudará á súa nova casa necesita alixeirar a súa cociña para que a mudanza sexa levadía.
COUSAS DA CASA: COUSAS DA CASA 2
Co entretemento, o humor e a sorpresa como ingredientes clave, neste entretido docushow, con pingas de reality, a coach Vanessa Travieso, especializada na organización e a orde, entrará nos fogares máis desordenados de Galicia para poñer patas arriba as súas vidas e súas casas, poñendo orde no caos e reconverténdoos así en lugares e persoas máis ‘sans’ e emocionalmente máis felices. 'Cousas da Casa' porá hoxe orde no dormitorio dun gandeiro do Irixo e no baixo dunha mestra de encaixe de Camariñas. A derradeira parada do percorrido desta semana de Vanessa Travieso será en Pontevedra, onde unha familia numerosa necesita organizar o cuarto de xogos dos nenos.
COUSAS DA CASA: COUSAS DA CASA 3
Co entretemento, o humor e a sorpresa como ingredientes clave, neste entretido docushow, con pingas de reality, a coach Vanessa Travieso, especializada na organización e a orde, entrará nos fogares máis desordenados de Galicia para poñer patas arriba as súas vidas e súas casas, poñendo orde no caos e reconverténdoos así en lugares e persoas máis ‘sans’ e emocionalmente máis felices. ‘Cousas da casa’ axudará uns irmáns de Vigo a optimizar o espazo do seu cuarto compartido e unha familia de Vimianzo a que o seu salón deixe de ser un parque infantil. Vanessa Travieso tamén intentará cumprir o desexo dunha muller de Ribeira que quere converter o rocho nun taller de bricolaxe para o seu home, mariñeiro xubilado.
ZIGZAG: ZIGZAG 3257
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A banda compostelá Dogo, que está a presentar o seu primeiro disco, visita este luns o estudio de 'Zigzag'.