TVG2 - CSAG
O DIARIO DE ALICE: Había unha vez unha Alicia
Alice é unha nena de cinco anos que fará viaxar aos máis pequenos a través do seu diario ilustrado e as conversacións coa súa mamá.
CHICO CHICA BOUMBA: O espectáculo
Como conseguiremos que este rapaz sexa quen de chamar a atención dunha bailarina da que quedou engaiolado?
BIBOPALULA: AS ESTRELAS
O señor Moucho anuncia que esta noite poden ver un dos espectáculos máis fermosos: as estrelas correndo veloces polo ceo.
BIBOPALULA: AS DELICIAS DAS SILVEIRAS
Ao final do verán, as silveiras transfórmanse no escaparate da froita máis rica do bosque: as amoras. Todos teñen a súa receita favorita, pero a mellor é a de Carpin: zume de amoras trituradas co seu peteiro.
O CORDEIRO SHAUN: Mission Inboxible
O granxeiro está absorto tentando instalar o seu novo ordenador e o rabaño aproveita para poñerse a xogar ao fútbol.
CAN CHEIRENTO: QUE PENSA CAN CHEIRENTO?
Can Cheirento non sabe onde puxo a espiña da sorte de Gato Chato. Ponse a pensar, queda a durmir e acaba no país dos soños. Nese estraño lugar atopa o ordenador central onde están almacenados tódolos seus recordos. Isto podería axudarlle a atopar a espiña.
A ABELLA MAIA -3D: QUE NON PARE A BÓLA
Unha mosca rouba a bóla de Ben para empregala de cesta para gardar os seus ovos. E Maia e Willi deciden axudalo a facer unha nova.
TELMO E TULA: TELMO E TULA 16
Telmo e Tula fan tomates recheos e plátanos asados.
TELMO E TULA: Filloas
Telmo e Tula fan filloas recheas.
CONTRAPTUS: O concurso
Leonardo prepárase para facer un concurso de intelecto contra o seu veciño.
SUPER 4: ROCK AO RESCATE
Álex o cabaleiro, a pirata Ruby, o axente Gene e a fada Faísca son os heroes e as heroínas de 'Super 4'. Van vivir moitas aventuras recreando o universo Playmobil. Grazas ao seu vehículo transformable, o Camaleón, viaxan ao longo dun planeta formado por cinco illas moi diferentes. No seu mundo todo é posible e o perigo pode aparecer en calquera sitio cando menos se espera.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 290
CAFÉ SEN GOTAS: CAFÉ SEN GOTAS 310
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
GRANDES LUGARES: Chanteiro
PRATOS COMBINADOS: Animaliños
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fío conductor será o declarado amor de Migueliño, fillo do matrimonio Pereira, a todos os animais... irracionais. Deste xeito, o benxamín da familia atopa na rúa un gato abandonad, e decide levalo para a casa, malia que é consciente de que o terá que agochar, porque os seus pais non lle darán permiso para telo na casa. Esta inofensiva manobra de Migueliño para ofrecerlle un fogar ao gato non será máis que a primeira espoleta que desencadee unha serie de divertidas situacións e de malentendidos.
PRATOS COMBINADOS: Festa de cumpreanos
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Migueliño chega á conclusión de que xa é hora de encargarse dos seus propios asuntos, para non ser tratado como un neno toda a vida. Por iso, convence os seus pais para que lle deixen organizar a súa festa de aniversario e, a maiores, contará coa ‘axuda’ do tío Antón.
PRATOS COMBINADOS: Andar ás troitas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A trama xira arredor da pesca furtiva, xa que Miro non pode resistir a tentación de ir ás troitas, competindo con Paspallás e Antón. A súa presunción provoca, por unha banda, a ‘envexa’ dos seus competidores e, pola outra, a acusación do seu fillo Migueliño que, como bo ecoloxista e amante da natureza, non pode consentir as prácticas furtivas do seu pai.
PRATOS COMBINADOS: Derbi galego
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Xira arredor da transmisión televisiva do derbi futbolístico Celta-Dépor e das intencións de Miro Pereira de que o Bar Suízo sexa visitado por moitos afeccionados para ver o partido. Pero unha inoportuna e complicada avaría do receptor de televisión pon en perigo os plans de Miro, sobre todo, cando os intentos de Antón e Paspallás por arranxar o aparato non fan máis que empeorar as cousas.
PRATOS COMBINADOS: En brazos de Morfeo
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. No Bar Suízo están ocorrendo misteriosos roubos de queixos, xamóns, gambas... Malia a vixiancia á que someten a cociña todos os membros da familia Pereira, as desaparicións seguen a producirse. A situación agrávase cando o imprevisible ladrón leva a quiniela que fixeran entre Balbina, Antón e Paspallás, xa que está premiada con trece acertos.
PRATOS COMBINADOS: A guerra das hamburguesas
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Balbina soña con ter un día un pequeno restaurante onde demostrar as súas artes culinarias, lonxe dos clientes apresurados e convencionais do Bar Suízo. Sabedora de que non é doado plantexarlle o asunto a Miro e para tentear se o seu home está disposto a mudar de aires, Balbina inventa unha falsa oferta: unha cadea de hamburgueserías inexistente está disposta a mercar o bar.
PRATOS COMBINADOS: Amnesia
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. O fío argumental xira arredor dunha perigosa perda de memoria sufrida por Antón. Un golpe fortuíto na cabeza, provocado por un descoido de Miro, produce amnesia no cuñado de Miro. Non lembra nada do seu pasado, nin sequera a súa verdadeira personalidade. Antón convértese nun home atento, servicial, cariñoso e desprendido. Está tan cambiado que algúns desexan que quede amnésico para sempre. Pero cando gasta a recadación do bar en mercar rifas para a viaxe de fin de curso de Migueliño, comezan a ver o asunto con outros ollos.
PRATOS COMBINADOS: Noite de rock
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Un famoso grupo, situado nos postos máis altos das listaxes de vendas, actúa na cidade e a casualidade quere que entren no Bar Suízo. Rosalía sente unha especial atracción polos músicos, pero sabe que tales amizades nunca serán ben vistas polo seu pai. As mentiras de Rosalía crean unha situación chea de equívocos, que farán descubrir un Miro máis disposto ca nunca.
PRATOS COMBINADOS: Dillo con flores
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. Miro terá que aguantar a ‘presión’ da sospeita de infidelidade por parte da súa dona Balbina. Balbina está desgustada, xa que Miro esqueceu felicitala no seu aniversario. Pero o seu home, ‘asesorado’ por Antón e Paspallás, comeza a pensar que Balbina ten un amante. Un ramo de rosas que debía ser o primeiro paso da reconciliación acaba nas mans equivocadas e complica aínda máis a situación, provocando o desencontro de Fran e Rosalía.
PRATOS COMBINADOS: Bolero
Comedia que retrata a vida cotiá da familia Pereira á fronte do Bar Suízo. A audiencia volverá atopar un Miro Pereira emprendedor, decidido e disposto a que o Bar Suízo sexa o de máis clientela da cidade. Deste xeito, ao comprobar como algúns bares da competencia están a facer un gran negocio coas actuacións musicais, e despois dun concienzudo ‘asesoramento’ por parte do tío Antón, Miro decide buscar un cantante que sirva como reclamo para a clientela. Así, pois, disponse a escoitar varios candidatos e, finalmente, deciden contratar a Silvana das Mirindas, famosa intérprete de boleros, para que anime o bar durante as noites das fins de semana.
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ 10.10.2025
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 10.10.2025
Presenta Antía Araújo.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 10.10.2025
Información deportiva a cargo de Sevi Martínez.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 10.10.2025
ATRÁPAME SE PODES: ATRÁPAME SE PODES 23
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convidará o espectador a xogar desde a casa e daralles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O bote do 'Atrápame se podes' xa chegou aos 6.400 euros e Paula, de Vilagarcía de Arousa; Miguel, de Santiago de Compostela; Isa, da Coruña; Águeda, de Gondomar, e Óscar, de Nogueirosa, queren facerse con el.
TI VERÁS: TI VERÁS X 552
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez, onde cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
DOUTOR EN GALICIA: DOUTOR EN GALICIA 12
Programa que semana a semana viaxará por todo o territorio galego para conversar cos profesionais da sanidade galega e saber do seu traballo e os lugares onde o desenvolven. 'Doutor en Galicia' coñecerá hoxe o traballo dunha pediatra, unha anestesista e un médico internista.
DOUTOR EN GALICIA: DOUTOR EN GALICIA 13
Programa que semana a semana viaxará por todo o territorio galego para conversar cos profesionais da sanidade galega e saber do seu traballo e os lugares onde o desenvolven. 'Doutor en Galicia' coñecerá hoxe o traballo dunha pediatra, unha anestesista e un médico internista.
DESEXO CONCEDIDO
Programa que fará realidade as ilusións dos espectadores. Presentado por Isabel Blanco, ofrece en cada edición tres historias cheas de emoción que permitirán recuperar a maxia das pequenas cousas. ‘Desexo Concedido’ fará hoxe realidade o soño dun matrimonio de Ourense que quere recuperar as súas alianzas empeñadas.
ZIGZAG: ZIGZAG 3255
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A directora Paula Cons presenta en 'ZigZag' a súa nova película, ‘Mi ilustrísimo amigo’, inspirada na historia de amor de Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós.
LATEXOS DA CIDADE
A TVG tómalles o pulso ás grandes urbes galegas a través dos seus habitantes. Neste programa, os espectadores coñecerán cada edición tres personaxes con vidas únicas e poranlles nome e voz ás persoas coas que se cruzan cada día. 'Latexos da Cidade' vivirá hoxe os atascos á entrada dun colexio coruñés e coñecerá as 'tripas' dun gran centro comerical de Vigo. O programa tamén falará cunha patronista dunha grande empresa ourensá de moda e cos facultativos dun centro de Urxencias lucense.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 10.10.2025
Presenta Pablo Muñoz. Lorena Pose encárgase da información deportiva.
JOHNNY ENGLISH, O REGRESO
Johnny English, o pouco ortodoxo espía do MI7, semella estar desaparecido da faz da Terra, pero, en realidade, estivo perfeccionando as súas extraordinarias habilidades nunha afastada rexión de Oriente. Cando os seus xefes teñen coñecemento de que alguén planea un atentado contra o primeiro ministro chino, tratan de localizalo. Agora terá a posibilidade de redimirse e utilizar o último en tecnoloxía punta para desenredar unha complicada conspiración que implica o KGB, a CIA e mesmo o MI7. Faltan poucos días para que se celebre unha conferencia estatal e el deberá usar todos os seus trucos para protexer todos os participantes. Na mente de Johnny English o desastre pode ser unha opción, pero o fracaso, xamais.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 10.10.2025
A ÚLTIMA BALA
Grant McLaine, ex -empregado de ferrocarril e irmán do pistoleiro Utica Kid, é encargado da custodia dun tren que leva 10.000 dólares da compañía. Durante a viaxe, a banda de Utica atraca o tren e faise co botín e McLaine sae na busca de seu irmán, ao que tenta convencer, sen éxito, para que entregue os cartos e abandone a mala vida que leva. O enfrontamento final entre os dous homes será inevitable.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1857
Programa de madrugada da Radio Galega, presentado por Pepe Capelán, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? D
Programa que pon en valor a música galega dándolle visibilidade a unha tradición moi nosa: os cantos de taberna. Percorrerá varias vilas galegas en busca das cantigas máis populares da música de taberna. A través dun concurso, tres grupos de cada vila defenderán ante un xurado que a súa cantiga entre na listaxe das máis coñecidas de toda Galicia.