TVG2 - CSAG
CHICO CHICA BOUMBA: A seguridade ante todo
Santi non sabe como colocar a súa equipación nova e a competición está a piques de comezar.
O DIARIO DE ALICE: En busca de Gertrude
Ana pregúntalle a Alice se colleu a roupa, pero está no medio de buscar a Gertrude, que se perdeu.
BLOQUES DE CORES: COLOURBLOCKS 2 34
BLOQUES DE CORES: Como se chama esa cor?
Púrpura é o presentador dun concurso que se titula “Como se chama esa cor?” en que participan Rosa e Marrón. Se din correctamente o nome de todas as cores, terán a oportunidade de liberar o arco da vella.
KIWI: A exposición
Os nosos amigos están a esculpir para pasar un pouco o tempo.
O CORDEIRO SHAUN: O gaiteiro
O rabaño descobre unhas cantas gaitas abandonadas no lixo.
O CORDEIRO SHAUN: Timmy super grande
Timmy come por equivocación un tomate milagroso.
A ABELLA MAIA -3D: Willy vixía a colmea
Como todas as abellas, Willy ten que aprender a ser o gardián da colmea... pero non é precisamente o mellor momento.
TELMO E TULA: Bocadillo de atún e batido de mango e piña
Telmo e Tula preparan para o xantar un bocadillo de atún.
TELMO E TULA: Pan da casa
Telmo e Tula preparan pan caseiro para o bocadillo da merenda.
CONTRAPTUS: O espantallo
Leonardo e Basil intentar escorrentar os paxaros que lle comen o millo ao veciño.
SUPER 4: O unicornio do terror
As fadas acoden a Medievalia pedindo axuda porque na Illa Encantada hai un unicornio malvado que ameaza con destruílo todo e facer que a violencia e o odio se estendan por todas os sitios.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 263
Emisión en directo do faladoiro do programa da Radio Galega 'Galicia por Diante'.
MONSTER ALLERGY: Terror nas profundidades
Zick e Elena van de excursión ao acuario.
AQUELANDO CON CHISPA: A formación do universo
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Experimentamos con conceptos da formación do universo, da expansión, do big bang.
LUCAS ETC: Capítulo 34
Lucas tenta entrar nunha discoteca.
LUCAS ETC: Capítulo 35
No colexio, Lucas tropeza cun rapaz que o desafía a unha pelexa.
HEIDI: O desexo de Clara
Comeza o día e Heidi e Clara prepáranse para ir a montaña, mais non todo será sinxelo para Clara. Con axuda de dous rapaces, consegue subir e Heidi ensínalle a cabana e os abetos. A Clara gustoulle tanto a montaña que quere quedar a durmir alí, así que consegue convencer a señorita Rottenmeier para quedar.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI III 127
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Celia ten que curar a Pedro, que asegura que as súas feridas foron causadas por un accidente. En realidade, ao avogado déronlle unha malleira para que deixase de axudarlles aos veciños poñendo atrancos ás obras do porto. El insiste en levar o caso de Isidro ante os tribunais.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI III 128
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Raúl promételle a Celia investigar a Óscar Osorio, pero ocúltalle que é o seu padriño.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI III 129
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Despois de moitos anos, Raúl reencóntrase este xoves co seu padriño en ‘Saudade de ti’. Óscar Osorio elóxiao polos seus logros profesionais, a pesar das baixas expectativas que o seu propio pai tiña postas nel, e ofrécelle o seu apoio e colaboración.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI III 130
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Celia discute con Raúl ao descubrir a relación que o une con Óscar Osorio. A doutora Eiroa decide aliarse con Pedro para descubrir a verdade sobre o accidente que sufriu o seu pai e así facer xustiza.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI III 131
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Celia prepara esta noite en 'Saudade de ti' a denuncia contra Óscar Osorio polo derrubamento da casa do seu pai, que acabou con el na UCI. A pesar de que Brais está entregado á súa relación con Noa, ela decide poñerlle fin e volver vivir coa súa nai.
SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI III 132
Terceira temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Inclúe novos personaxes e novas tramas, como a construción dun novo porto deportivo que dividirá a vila de Abrente. Esta noite, en 'Saudade de ti', continúa a investigación dos Eiroa sobre o pasado de Lucho e os seus pais.
MÁIS GALEGO: Baiona - Praia Ladeira
MÁIS GALEGO: Baiona - Praia Ribeira
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 03.09.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA 03.09.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 03.09.2025
BONANZA: BONANZA II 108
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
QUE SOE A MÚSICA!
Un grupo de esposas de militares decide crear un coro nunha base militar. Mentres os seus maridos loitan en Afganistán, elas pasan o tempo no coro, e xurde un gran vínculo entre elas. A música axudaralles a superar o medo que experimentan cada vez que os seus maridos van á guerra.
GRAZAS Á VIDA: Grazas á voz creativa
Programa protagonizado por homes e mulleres que pasan da idade de xubilación e atesouran gran experiencia. Queren dar grazas á vida polo vivido. Hai persoas que buscan incesantemente construír cousas, o que sexa: unha idea, unha comunidade, un soño, un edificio... Son as que moven o mundo, coma Nora Sola, co seu traballo radiofónico e televisivo, ou como empresaria da cultural, e María do Ceo, transmitindo a súa voz para establecer a comuñón entre os sons irmáns de Galicia e de Portugal. Son as convidadas de hoxe do programa.
VOGA VOGA MARIÑEIRO
Reality show en que cinco concursantes, sen experiencia náutica, surcan a costa galega nun veleiro de 14 metros. A súa meta será a de aprender a manexar un barco e o gañador obterá o título de patrón de embarcacións de recreo.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 03.09.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 03.09.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 03.09.2025
FESTIGALIANDO: FESTIGALIANDO VIII 64
Programa festeiro, que se achega á música e ao ambiente dos concertos e festivais.
FESTIGALIANDO: FESTIGALIANDO XI 113
Programa festeiro, que se achega á música e ao ambiente dos concertos e festivais. O 'Festigaliando' adéntrase hoxe no X Festival Osa do Mar de Burela para amosar a gran variedade musical e a oferta cultural dispoñibles neste certame.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
MÁIS GALEGO: Baiona - Praia Ladeira
MÁIS GALEGO: Baiona - Praia Ribeira
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1820
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
GALEGOS NO MUNDO: Bucarest
Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.