div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CSAG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

CHICO CHICA BOUMBA: Ourizo

Enrique pode perder o tren para marchar de vacacións porque uns ourizos non o deixan pasar.

07:05 h

BLOQUES DE CORES: É un mundo colorido

As cores están en todas partes e poden combinarse de moitas maneiras... o mundo está cheo de cor!

07:05 h

O DIARIO DE ALICE

07:10 h

BLOQUES DE CORES: Un Nadal colorido

Os bloques de cores colorean todas as cousas relacionadas co Nadal

07:15 h

KIWI: A limpeza

Os Kiwis deciden facer unha limpeza de primavera.

07:25 h

O CORDEIRO SHAUN: O cordeiro resorte

Conforme avanzan os días, chega un momento en que hai que pasar pola ducha. Este momento chegou para Timmy, moi ao seu pesar.

07:30 h

O CORDEIRO SHAUN: Prohibido bailar

O granxeiro trata de aprender bailes de salón usando a Pidsley como parella de baile. O escándalo que forman molesta tanto ás ovellas que Shaun decide detelos.

07:40 h

A ABELLA MAIA -3D: A forasteira

Hannah dille a Maia que non é unha abella de verdade e que non pode atopar casulos de resina para facer própole. Maia quere demostrar o contrario.

07:50 h

TELMO E TULA: Trufas de chocolate

Telmo e Tula preparan trufas de chocolate e aprenden a orixe do cacao

07:55 h

TELMO E TULA: Pizza margarita

Telmo e Tula preparan unha pizza margarita con moito queixo e moito tomate

08:05 h

CONTRAPTUS: Estrela fugaz

O ceo está fermoso cheo de estrelas e Leonardo quere contalas todas.

08:10 h

SUPER 4: Super 5

A princesa Léonore quere formar parte dos Super 4 e que se convertan así nos Super 5. Ninguén pensa que estea preparada para formar parte do equipo, así que póñena a proba para que demostre as súas habilidades.

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 261

09:30 h

MONSTER ALLERGY: Magnacat

Magnacat quere facer un trato con Zick para unir forzas e conquistar o resto das cidades.

09:50 h

AQUELANDO CON CHISPA: O nitróxeno líquido

Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Realizamos diferentes experimentos para analizar a temperatura do nitróxeno neste estado.

10:10 h

LUCAS ETC: LUCAS ETC 30

10:20 h

LUCAS ETC: LUCAS ETC 31

10:25 h

HEIDI: A promesa do doutor

Heidi interpreta mal a carta de Clara e pensa que ela vai vir xunto co doutor.

10:50 h

SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 115

Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. En 'Saudade de ti', Isidro está en desacordo con que Lucho recoñeza de forma oficial a paternidade de Noa. Brais móstrase remiso a eliminar as probas contra Álex porque cre que agochan algo.

11:25 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 116

Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Isidro non pode evitar contarlle a Belén que a súa filla ten a intención de marchar de Abrente, pero quere manter a súa decisión en segredo. Mentres tanto, o bebé só ten que gañar algo máis de peso para que lle dean a alta. Poida que sexa o momento de que Raúl e Mónica volvan ser unha parella. Ou iso é o que pensa Adela.

11:55 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 117

Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Isidro e Noa tratan de convencer a Celia para que non tome unha decisión da que se poida arrepentir, pero non hai maneira. Parece que só alguén tan teimuda como Teresa pode facer que a doutora Eiroa entre en razón. Pero a taberneira está demasiado ocupada dándolle un ultimato a Lucho: ou deixa de traballar para Gaspar ou xa se pode esquecer de Elba.

12:25 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 118

Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. A pesar de que Celia trata de manter oculta a súa decisión de marchar de Abrente, Álex non tarda en descubrir o seu segredo. Mentres tanto, Lucho comenta as súas intencións de pedirlle matrimonio a Elba. Noa e Dimas están encantados coa idea, pero se cadra Teresa non é da mesma opinión ca eles.

12:55 h

SAUDADE DE TI: SAUDADE DE TI II 119

Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. A situación de Elba é crítica e Teresa xa se pon no peor. Lucho debería pedirlle matrimonio canto antes, ou podería ser demasiado tarde. Co traslado xa concedido, Celia prepárase para marchar de Abrente. Raúl aínda non o sabe e parece que a doutora Eiroa non ten intención de contarllo.

13:30 h

SAUDADE DE TI: Capítulo 120

Segunda temporada da serie, que partía dun tráxico accidente de tráfico en que morreron dúas persoas e que sacudiu a vida de tres familias de Abrente. Os protagonistas terán que facer fronte a terribles sospeitas e ansias de vinganza nesta nova temporada, en que as intrigas amorosas estarán máis vivas ca nunca. Remata hoxe na TVG a segunda temporada de 'Saudade de ti' coa decisión final de Celia: Santi ou Raúl? A protagonista disponse a marchar de Abrente, pero antes escoitará algo moi importante que lle ten que dicir o enfermeiro.

14:05 h

MÁIS GALEGO: Nigrán - Praia de Patos

14:30 h

MÁIS GALEGO: Vigo - Praia de Samil

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 01.09.2025

Presenta Marta Darriba.

16:15 h

BONANZA: BONANZA II 106

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

17:00 h

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:00 h

SEN CÓDIGO POSTAL: Oleiros

Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. Os espectadores da TVG descubrirán hoxe os lugares máis máxicos do concello de Oleiros da man do programa 'Sen Código Postal'.

19:00 h

SEN CÓDIGO POSTAL: Viveiro

Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia.

19:55 h

GRAZAS Á VIDA: Grazas ao mar e aos peixes

Programa protagonizado por homes e mulleres que pasan da idade de xubilación e atesouran gran experiencia. Queren dar grazas á vida polo vivido. O programa ocúpase hoxe de dar ás grazas pola vida que chega do mar. Ademais de alimentos, o océano tamén atesoura misterios que axudan ás persoas a soñar. Sabeo ben unha peixeira de xenio e longa tradición familiar, Nieves Fontán, que vendeu peixe polas rúas de Portonovo e nas prazas de abastos desta vila e de Sanxenxo; tamén un mariñeiro de vocación, patrón de cerco: José Antonio Gómez “Joselito”, que traballou para o colectivo como patrón maior de Portonovo e presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra. O espazo da canle publica recollerá as súas experiencias.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 01.09.2025

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 01.09.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

22:30 h

HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: A muiñeira 'La Alfonsina'

Hai feitos que cambiaron o curso da historia, personaxes que marcaron unha época e anécdotas esquecidas, ou apenas esbozadas nun pé de páxina, que merecen formar parte do argumento principal. O 2 de xullo de 1861 estréase 'A Alfonsina', a muiñeira pola que pasaría á historia Canuto Berea Rodríguez. O afamado compositor era toda unha institución na Coruña na segunda metade do século XIX, tanto no ámbito artístico como no empresarial, no financeiro e ata no político.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACION ESTADO DO MAR SERÁN 01.09.2025

22:55 h

HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: Os gozos e as sombras dos Massó

Hai feitos que cambiaron o curso da historia, personaxes que marcaron unha época e anécdotas esquecidas, ou apenas esbozadas nun pé de páxina, que merecen formar parte do argumento principal. En 1932, Gaspar Massó, o gran patrón da industria pesqueira, inaugura un museo en Bueu que reflicte a historia familiar e a de moitos fomentadores cataláns que se asentaran en Galicia. O mesmo ano e na mesma vila, Gonzalo Torrente Ballester casa coa mestra Josefina Malvido. Unhas décadas despois esa breve estancia no Morrazo serviralle para escribir unha das súas obras cumio.

23:25 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

00:10 h

MÁIS GALEGO: Nigrán - Praia de Patos

00:35 h

MÁIS GALEGO: Vigo - Praia de Samil

01:00 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1818

Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

06:05 h

GALEGOS NO MUNDO: Salvador de Baía

Unha ollada á realidade de todas aquelas persoas que un día emprenderon unha vida nova noutro país e que agora achegan as súas vivencias desde as cidades máis afastadas e os lugares máis insospeitados, amosados en primeira persoa por galegos singulares.

div-crtvg-top2

Publicidade