TVG2 - CRTVG
CHICO CHICA BOUMBA: CHICO CHICA BOUMBA 19
O DIARIO DE ALICE
CHICO CHICA BOUMBA: O agocho secreto
A mamá de Estefanía escondeu as súas xoias favoritas debaixo do chan, pero xa non se lembra onde as gardou.
BLOQUES DE CORES: COLOURBLOCKS 2 35
O DIARIO DE ALICE: Cae algo do ceo
Alice esperta porque escoitou un grande estrondo. Son tronos e está moi asustada.
BLOQUES DE CORES: Colorear un arco da vella
Anil e Violeta andan buscando un arco da vella.
KIWI: KIWI 9
BLOQUES DE CORES: O EQUIPO DE IMPRESIÓN Ó RESCATE
O equipo de impresión dedícase a facerlles carteis a Vermello, Azul e Verde
O CORDEIRO SHAUN
KIWI: Unha foto de recordo
Unha apracible visita ao zoolóxico remata nun caos entre monos, xirafas, elefantes e leóns.
O CORDEIRO SHAUN: O parapente
O granxeiro practica un novo deporte emocionante como pasatempo. Antes de comezar a practicar cría que era simple, pero tras uns intentos dáse conta de que non é tan doado como lle parecía.
O CORDEIRO SHAUN
O CORDEIRO SHAUN: Xogo de sombras
Como non poden consolar a Timmy polo seu malestar, a tripulación de marionetas ponse ao choio para facer un divertido xogo de sombras e deste xeito animar a Timmy.
A ABELLA MAIA -3D
A ABELLA MAIA -3D: O mensaxeiro da raíña
Casandra decide organizar un concurso para seleccionar un aprendiz que faga as súas tarefas.
TELMO E TULA: TELMO E TULA 40
TELMO E TULA: Torta de queixo
Tula sabe que Telmo tolea polo queixo, por iso decide facerlle unha receita especial e só para el: unha torta de queixo ao forno.
TELMO E TULA: TELMO E TULA 41
TELMO E TULA: Bocadillo campesiño
Unha das cousas que máis lle gusta facer a Tula na cociña son os bocadillos. Por iso fai un moi especial para o seu amiguiño Telmo con queixo fresco, xamón de pavo, tomate e leituga.
CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 47
CONTRAPTUS: Febre do ouro
Léonard está completamente arruinado e precisa atopar ouro. Para atopalo hai que inventar un robot, pero que non lle guste moito o ouro.
SUPER 4: O BARÓN CLEANO
Os Super 4 son heroes que viven aventuras no mundo Playmobil
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 04.06.2025
MONSTER ALLERGY: MONSTER ALLERGY 47
Zick é un neno de 10 anos que nace co superpoder de descubrir os monstros que pasan desapercibidos para o resto de humanos. Cada episodio será un novo reto para el.
AQUELANDO CON CHISPA: AQUELANDO CON CHISPA II 42
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades.
AQUELANDO CON CHISPA: A química
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Neste programa traballarase coa química e diferentes reaccións químicas dun xeito moi divetido.
LUCAS ETC: Capítulo 18
Na casa das vacacións dos Goossens, Alphonse cóntalle a Lucas a historia de Balthazar, un antepasado seu obsesionado co tesouro que se cita na lenda de Rembrandt, segundo a cal hai un tesouro agochado.
LUCAS ETC: LUCAS ETC 18
LUCAS ETC: LUCAS ETC 19
HEIDI: QUERO IR AOS ALPES
As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó.
RÍAS BAIXAS
Leonor está contrariada, xa que Moncho propuxera a Uxía como a imaxe da nova campaña publicitaria de Brandán. A situación económica das adegas é moi preocupante e Manuel adopta unha solución moi comprometedora.
RÍAS BAIXAS
Gonzalo segue a utilizar a Da Silva contra Brandán para recuperar o poder na adega, pero o brasileiro, cada vez máis namorado de Gloria, négase por primeira vez a cumprir os mandatos do Lantaño.
RÍAS BAIXAS
Uxía ameaza a Moncho con entregarlle a Leonor a cinta de vídeo do seu encontro amoroso. Moncho busca a axuda de Gonzalo quen trata de solucionalo ao seu xeito. Leonor rexeita os agarimos de Moncho.
ALALÁ: Tombalombos Orquestra
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. A Tombalobos Orquestra é un grupo de 15 amigos da Coruña moi diferentes entre si. Excepto a música non teñen nada que ver uns e outros: Hai mestres de ensino, poetas, mestres de autoescola, funcionarios e militares… Desta curiosa mezcla sae un grupo que canta repertorio tradicional e de nova composición. Preocupados pola cultura e apegados á súa querida cidade da Coruña. Son xente aberta, animada, e cantan e bailan sen complexos. No tempo no que o equipo do Alalá estivo gravando coa Tombalobos Orquestra fixeron unha festa nunha taberna da Coruña, outra na casa dun dos membros fundadores en Zorrizo e montaron unha tremenda nunha cervexería de Culleredo. Non son músicos profesionais. Non viven da música e o que realmente lles gusta é estar en contacto coa xente e contaxiar o seu amor pola música.
ALALÁ: Tino Baz
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Pilar G. Rego vai ata A Guarda para falar co cantautor Tino Baz.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 04.06.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 04.06.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 04.06.2025
BONANZA: Meredith Smith
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe. Un amigo de Ben, que está nas súas derradeiras horas, pídelle axuda para atopar ao seu herdeiro.
TI VERÁS: TI VERÁS VIII 463
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
PARIS PODE ESPERAR
Anne atópase nunha encrucillada na súa vida. Casada cun produtor de cine de éxito, un día vese de forma inesperada viaxando en coche desde Cannes a París cun socio de negocios do seu marido. O que debería de ser unha viaxe de sete horas convértese nunha aventura de dous días repleta de diversión, con lugares pintorescos, boa comida e mellor viño, moita sabedoría e romance.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 17
Espazo que porá a proba os coñecementos de tres concursantes sobre Galicia e a nosa cultura. Duarte Galbán presenta este novo ‘quiz show’, apoiado por Mari Carmen, unha intelixencia artificial que selecciona preguntas e comarcas ao azar.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 19
Espazo que porá a proba os coñecementos de tres concursantes sobre Galicia e a nosa cultura. Duarte Galbán presenta este novo ‘quiz show’, apoiado por Mari Carmen, unha intelixencia artificial que selecciona preguntas e comarcas ao azar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O autor Manolo González presenta no ‘ZIGZAG’ o seu libro ‘O cineísta andarengo. A propósito de Bernardino de Lamas’, baseado nun pioneiro cineísta amateur galego.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 04.06.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 04.06.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
NOITE DE INVERNO, UNHA
UNHA NOITE DE INVERNO
Concerto gravado na Igrexa monasterial de Meira. O multiinstrumentista Abraham Cupeiro lidera esta proposta acompañado por unha coidada selección de artistas convidados: Davide Salvado, Matthew Ward, Alba Barreiro, Antonio Cienfuegos, Cibrán Seixo, e a acordeonista Sabela Caamaño.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TRAES UNHA CANTIGA?: TRAES UNHA CANTIGA? B
Programa que pon en valor a música galega dándolle visibilidade a unha tradición moi nosa: os cantos de taberna. Percorrerá varias vilas galegas en busca das cantigas máis populares da música de taberna. A través dun concurso, tres grupos de cada vila defenderán ante un xurado que a súa cantiga entre na listaxe das máis coñecidas de toda Galicia.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1730
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
O MELLOR TRACTOR DO MUNDO: O MELLOR TRACTOR DO MUNDO 2
Concurso para descubrir a persoa con máis maña á hora de dominar o seu tractor.
ACTUALIZAD@S: Saldo, saldo!
Un tema de actualidade a través da mirada de reporteiros que estarán onde acontezan as cousas e amosaranas tal e como son, achegando a súa ollada persoal.