TVG2 - CRTVG
CHICO CHICA BOUMBA: A Lama
Nesta ocasión Pedro quere levar á súa namorada a ensinarlle o seu paseo preferido, pero o camiño está cheo de lama. Non hai problema, a señorita Liolip e Burt están aquí para botarlle unha man
GALICIA NOTICIAS PEZAS: Queixo San Simón
O DIARIO DE ALICE: Episodio 41
Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.
BLOQUES DE CORES: Un Nadal colorido
Os bloques de cores colorean todas as cousas relacionadas co Nadal. Branco ten un papel protagonista por ser a cor da neve, pero todos os bloques van atopando o seu lugar.
BLOQUES DE CORES: A fábrica de mesturas
Púrpura convida os bloques de cores á súa fábrica de mesturas, onde aprenden como crear cores novas.
KIWI: O xigante
Os Kiwis queren coller mazás, pero por máis que o intentan non o conseguen.
O CORDEIRO SHAUN: O monopatín
Shaun quere probar a subirse nun monopatín.
O CORDEIRO SHAUN: O piano
O granxeiro castiga os oídos de todos na granxa coa súa torpeza tocando o piano.
A ABELLA MAIA -3D: Xuíz Cera de Abella
Ao visitar a colmea, o xuíz Cera de Abella descobre que Maia vive libre no prado.
TELMO E TULA: Barco de froita
Telmo e Tula fan un barco de froitas.
TELMO E TULA: Sobremesas con froita
Telmo e Tula queren insistir sobre o importante que é consumir comida sa, por iso preparan varias sobremesas a base de froitas.
CONTRAPTUS: Naceu unha estrela
Leonardo instala cámaras pola casa e decátase de que Basil ten moito talento artístico.
SUPER 4: Un dragón de máis
O Barón Negro quere ser o heroe de Medievalia e, para iso, intenta enganar o rei Kenric ofrecéndose voluntario para enfrontarse a un dragón que supón unha ameaza para o reino. O que empeza sendo unha artimaña do barón, acabará sendo unha ameaza de verdade e, por suposto, aí o barón xa non será tan valente.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 02.06.2025
MONSTER ALLERGY: A rebelión das sombras
Zick é un dos poucos humanos capaz de ver o mundo invisible dos monstros. El aínda non o sabe, pero, en realidade, é un domador de monstros cuns poderes extraordinarios.
AQUELANDO CON CHISPA: A viscosidade
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Comprobarase a viscosidade de varios produtos e realizarase unha proba moi divertida.
LUCAS ETC: Capítulo 14
Lucas e Swing xogan ao fútbol nun campo dunha banda á que non lle gusta compartir.
LUCAS ETC: Capítulo 15
É o aniversario de Lucas e, na casa, fanlle unha festa sorpresa.
HEIDI: A casa nova
As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó. O vello dos Alpes remata de arranxar a nova casa e comeza a mudanza cara á vila.
VIVIR AQUÍ: Estrelas de catro patas
Programa de reportaxes.
RÍAS BAIXAS
Os peores augurios sobre o bulto de Felisa confírmanse, e a noticia esténdese, co conseguinte estupor entre a xente. Xan, moi afectado, fai unha promesa para que a súa nai se cure: non manterá relacións sexuais. Pepe e Carmiña regresan e este sente a necesidade de ser pai.
RÍAS BAIXAS
Felisa regresa á casa tras a operación, que resultou un éxito, e recíbena cunha festa sorpresa. Pepe segue coa teima de patentar os seus inventos, e o seu sobriño Dani, de visita na súa casa, semella ser a mellor fichaxe.
RÍAS BAIXAS
Da Silva regresa do Brasil cun encargo de Gonzalo, un ácaro devastador que acabará coa colleita das viñas do outeiro. Gonzalo non tarda en pasarlle factura a Carmiña polo favor feito a Uxía.
ALALÁ: Treixadura ll - "Esa si que é muiñada"
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 02.06.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 02.06.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA 02.06.2025
NO FOCO: NO FOCO 31.05.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
BONANZA: O prófugo solitario
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS: TI VERÁS VIII 461
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
SEN CÓDIGO POSTAL: Vilagarcía de Arousa
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O carteiro da Galega visita hoxe Vilagarcía de Arousa.
SEN CÓDIGO POSTAL: Neda
Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. O programa coñecerá esta tarde todos os atractivos do concello de Neda.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O 'Zigzag' conversa hoxe no estudio co artista vigués Xosé Liz sobre o seu novo disco ‘Indala’, un traballo en solitario, fusión de folk e rock sinfónico.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 02.06.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 02.06.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.