TVG2 - CRTVG
O DIARIO DE ALICE
CHICO CHICA BOUMBA: The theater class
Benjamin quere matricularse nun curso de teatro.
GALICIA NOTICIAS PEZAS: Cachena evita broza
CHICO CHICA BOUMBA: CHICO CHICA BOUMBA 14
O DIARIO DE ALICE: Capítulo 38
Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.
BLOQUES DE CORES: CLARO E OSCURO
BLOQUES DE CORES: OS MATICES DO BOSQUE
Verde anda coloreando alegremente e descobre novos tons de verde, máis escuros e máis claros.
KIWI: KIWI 2
BLOQUES DE CORES: Claro e escuro
Verde organiza un grande espectáculo de maxia para presentar os seus novos tons de verde.
O CORDEIRO SHAUN
KIWI: Imos ao mar
Os Kiwis marchan en tren coa súa maleta cara ao mar.
O CORDEIRO SHAUN: Duro de roer
O rabaño está moi contento porque un afeccionado á ornitoloxía deixou o seu pito para patos na granxa.
O CORDEIRO SHAUN
O CORDEIRO SHAUN: Misión incaixable
O granxeiro está absorto tentando instalar o seu novo ordenador e o rabaño aproveita para poñerse a xogar ao fútbol.
A ABELLA MAIA -3D
A ABELLA MAIA -3D: Érase unha vez un limaco
Maia é unha abella que deixa a súa colmea para descubrir a beleza e os misterios da natureza.
TELMO E TULA: TELMO E TULA 30
TELMO E TULA: Sándwich tropical
Telmo e Tula gozan tanto na súa cociña que pensaron en facer unha receita doada: un sándwich. Así asegúranse de que todo o mundo o poda preparar. A piña, o queixo e o xamón doce son os ingredientes principais.
TELMO E TULA: TELMO E TULA 31
TELMO E TULA: San Francisco
Telmo e Tula queren innovar e deciden prepara un cóctel San Francisco! Están convencidos de que esta é a mellor bebida para calquera festa de aniversario e só leva ingredientes naturais: melocotón e mora.
XABARIN ANIVERSARIOS 05(MAIO ): XABARIN ANIVERSARIO 05.28 A
CONTRAPTUS: Os festexos
A súa maxestade vai celebrar unha festa na vila e invita a todo o pobo a levar as súas creacións. Leonardo decide facer unha estatua del mesmo e levala, pero bótano do lugar por non honrar a súa maxestade. Basil, pola súa parte, leva xogos para todo o mundo e rematan sendo un éxito.
CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 42
SUPER 4: Os ladróns de fadas
Os Super 4 son heroes que viven aventuras no mundo Playmobil
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: Episodio 193
Emisión en directo do faladoiro do programa da Radio Galega 'Galicia por Diante'.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 28.05.2025
MONSTER ALLERGY: MONSTER ALLERGY 42
MONSTER ALLERGY: The Great Champion
As aventuras dun neno de dez anos que polas súas alerxias descobre o invisible mundo dos monstros.
AQUELANDO CON CHISPA: AQUELANDO CON CHISPA II 37
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades.
AQUELANDO CON CHISPA: A elasticidade
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Amosaranse as diferentes propiedades dos materiais elásticos.
LUCAS ETC: LUCAS ETC 010
LUCAS ETC: Capítulo 10
Rompe un floreiro de Jeff e acusan a Lucas inxustamente.
LUCAS ETC: LUCAS ETC 11
LUCAS ETC: Capítulo 11
Lucas e Nathan rompen un cano da auga no soto e Bénédicte castiga o seu fillo a quedar no cuarto.
HEIDI: As estrelas dos Alpes
As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó. Heidi está moi contenta de volver á súa casa.
RÍAS BAIXAS
Serie. Gloria comunícalle a Telmo que acepta volver a Brandán e retomar o proxecto de expansión. Uxía visita a Gonzalo para ofrecerlle a súa axuda no que precise en pago polo que el fai por ela, ignorando que é o seu pai.
RÍAS BAIXAS
Serie. Teté refúxiase na casa de Olaia, despois de perder o bebé que esperaba. Diego négase a publicar a historia da familia para evitar sacar os trapos sucios. Gloria séntese decepcionada por isto.
RÍAS BAIXAS
Serie. Carmiña confírmalle a Uxía que é filla de Gonzalo. Leonor, en estado de coma, debátese entre a vida e a morte. Gonzalo non lle revela a Gloria e a César toda a verdade para protexer a Uxía, mesmo culpa a Diego e a dona María como autores do intento de asasinato de Gloria.
ALALÁ: O Xocas
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián. Informativo de proximidade que lle achega á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 28.05.2025
Presenta Marta Darriba. Edición do mediodía dos informativos diarios da canle autonómica galega. En 'Telexornal' ofrécense as noticias máis recentes tanto nacionais como internacionais.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 28.05.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
NO FOCO: NO FOCO 24.05.2025
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO
NO FOCO: Episodio 160
Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
O TEMPO: Episodio 2081
BONANZA: O dilema
No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS: TI VERÁS VIII 458
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
TI VERÁS: Episodio 458
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
18 COMIDAS
Unha viaxe a través de 18 comidas, entre almorzos, xantares e ceas, que nos fan partícipes deses momentos que poden cambiar unha vida. Unha ducia de historias ao longo dun único día que, como acontece na vida, teñen un percorrido imprevisible. Un músico de rúa que hai tempo que perdeu a súa oportunidade para ser feliz. Unha muller casada e cun fillo, que aínda soña co músico de rúa. Un macedonio perdido por desamor en Santiago de Compostela. Dous amigos que non durmiron e que queren seguir bébedos o que queda de día. Un home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega. Dous homes quérense pero agóchanse. Unha cociñeira soña con ser cantante. Unha moza quere o que un home non lle dá, mentres un camareiro morre por ela. Unha parella de anciáns que xa se dixo todo almorza, come e cea en silencio.
ZIGZAG: Episodio 3212
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. Abraham Cupeiro visita co seu disco ‘Loira’ o 'Zigzag', que tamén descobre en Vigo a mostra colectiva ‘Escoitar’, en homenaxe ás mulleres do mar galegas.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos.
A CRÓNICA: Episodio 1321
Espazo informativo realizado pola Radio Galega, con Luis Ojea e Silvia Pereira á fronte, que recolle as novas máis importantes do día en clave de análise coa opinión de firmas de relevancia en Galicia que valoran a actualidade.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 28.05.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 28.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
ALALÁ: Foliada en Carboeiro
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O cultural conversa hoxe no estudio con Leilía, banda que mañá recibe en Pontevedra o galardón de honra nos Premios Martín Códax da Música 2025.
ZIGZAG: Episodio 3211
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O cultural conversa hoxe no estudio con Leilía, banda que mañá recibe en Pontevedra o galardón de honra nos Premios Martín Códax da Música 2025.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián. Informativo de proximidade que lle achega á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.
PENSANDO EN TI: Episodio 1723
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1723
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
VIVIR AQUÍ: A factoría galega de defensa
Programa de reportaxes.
ACTUALIZAD@S: Enganchados á pesca
Un tema de actualidade a través da mirada de reporteiros que estarán onde acontezan as cousas e amosaranas tal e como son, achegando a súa ollada persoal.