TVG2 - CRTVG
GALICIA NOTICIAS PEZAS: Identificación Xeográfica pan
CHICO CHICA BOUMBA: Actitude boa
Jean Baptiste é un surfista famoso! Pero esqueceu as chanquetas e a area queima. A praia está chea de xente! Como vai ir ata o mar sen facer o ridículo? Seguro que ao mestre Tineto se lle ocorre algún baile para logralo.
O DIARIO DE ALICE: Debuxos faladores
Alice, con dor de gorxa, utiliza debuxos para comunicarse con Ana tentan descifrar os seus desexos.
BLOQUES DE CORES: Escolle parella
Os bloques de cores van bailar á pista de baile disco de D. J. Parrulo
BLOQUES DE CORES: Negro e branco
Negro e Branco chegan a Corlandia e empezan a descubrir este mundo novo. En primeiro lugar, Negro marca a contorna de todos os obxectos que vai atopando. Logo métese nunha cova escura e alí aparece Branco que pinta obxectos da súa cor.
KIWI: Que galiña máis grande
Twiki quere muxir como unha vaca e Twini atopa un ovo que rompe.
O CORDEIRO SHAUN: The Crow
A noite vai caer e Bitzer xunta e prepara ao rabaño para ir durmir, pero de súpeto aparece un ruidoso intruso que llo impide.
O CORDEIRO SHAUN: Shaun, o fuxido
O granxeiro descobre que Shaun é o culpable dos roubos de tortas que estivo sufrindo.
A ABELLA MAIA -3D: Un agasallo do ceo
Maia é unha abella que deixa a súa colmea para descubrir a beleza e os misterios da natureza.
TELMO E TULA: TELMO E TULA 28
TELMO E TULA: Galletas con forma de cogomelo
Telmo e Tula fan galletas con forma de cogomelo
CONTRAPTUS: A neneira-robot
Basil ten medo dos tronos e dos lóstregos, por iso non pegou ollo en toda a noite . Leonardo vai hipnotizalo coa súa máquina para que consiga durmir dunha vez, pero como non funciona crea un robot: a neneira-robot.
SUPER 4: INVASORES INVASIVOS
Os nosos heroes vanse ter que enfrontar a uns extraterrestres que chegan coa intención de destruír o planeta.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: Episodio 192
Emisión en directo do faladoiro do programa da Radio Galega 'Galicia por Diante'.
MONSTER ALLERGY: Apagón
Zick é un dos poucos humanos capaz de ver o mundo invisible dos monstros. El aínda non o sabe, pero, en realidade, é un domador de monstros cuns poderes extraordinarios.
AQUELANDO CON CHISPA: O efecto 'goldberg' e o efecto dominó
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Deseñaranse múltiples efectos dominó e ensinarase a traballar coa aplicación de "scratch".
LUCAS ETC: Capítulo 8
Malik déixalle unha pelota a Lucas e Nathan tíraa por accidente á casa do veciño.
LUCAS ETC: Capítulo 9
Lucas, Nathan e Mélo deciden montar unha festa.
HEIDI: Querida Montaña
As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó. Heidi marcha en tren para volver á montaña!
RÍAS BAIXAS
Serie. Dona María é dada de alta e informada de que a estiveran envelenando. Por outra parte, descúbrese que Gonzalo fora o que mandara incendiar a colección de Diego.
RÍAS BAIXAS
Serie. Uxía é vetada no desfile polas fotos nas que aparece núa, pero a rápida intervención de Gonzalo fai que esta participe no mesmo. Despois do encontro íntimo con Diego, Gloria atopa unha cinta rotulada co nome do seu pai, en que Manuel lles explica a Diego todo o que acontecera no pasado entre Ramón Lantaño e Ramiro Leiro. Diego non tarda en decatarse da desaparición da cinta.
RÍAS BAIXAS
Serie. Gloria empeza a sufrir unha serie de accións na súa contra, o que lle fai pensar que quizais sexa unha persoa non grata na vila. Por outro lado, Telmo, un dos socios da Adega, desesperado pola situación, pídelle que entre a formar parte do novo equipo. Gloria non acepta por temor a que as represalias vaian dirixidas, esta vez, contra Leonor.
ALALÁ: San Blas de Bembrive
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián. Informativo de proximidade que lle achega á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 27.05.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 27.05.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: O demo ao seu carón
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS: TI VERÁS VIII 457
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 27.05.2025
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
A XANTAR!
A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro. Non hai maior pracer para un galego que sentar á mesa e gozar da comida en boa compañía, pero se ademais é de balde, xa é outro cantar.
A XANTAR!
A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro. Non hai maior pracer para un galego que sentar á mesa e gozar da comida en boa compañía, pero se ademais é de balde, xa é outro cantar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O cultural conversa hoxe no estudio con Leilía, banda que mañá recibe en Pontevedra o galardón de honra nos Premios Martín Códax da Música 2025.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 27.05.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 27.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
RECANTOS CON FEITIZO: RECANTOS CON FEITIZO 6
As voces dos praceiros resoan con forza no programa, pois o Mercado de Abastos é a primeira das paradas. Os reporteiros visitan tamén a Fraga da Marronda e desfrutan dos produtos autóctonos en Arzúa e Vilamartín de Valdeorras. Finalizarán nun remanso de paz, nos balnearios de Verín.
HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: O bacallau do picadillo
Wenceslao Fernández Flórez era un home extremadamente fraco, non superaba os 70 quilos. E Picadillo, un home desmesurado. Din as crónicas que chegou a pesar 275 quilos. Experto en guisar bacallau, un bo día decidiu elaborar un prato singular e incluíu na receita o seu amigo.
CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS
CABALEIROS DO ZODÍACO: Cabaleiros do Zodíaco
CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS
CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS
CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1722
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
VIVIR AQUÍ: Mulleres, mar e camiño
Programa de reportaxes.
ACTUALIZAD@S: Na casa parroquial
Un tema de actualidade a través da mirada de reporteiros que estarán onde acontezan as cousas e amosaranas tal e como son, achegando a súa ollada persoal.