div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

GALICIA NOTICIAS PEZAS: Mindfulness

07:05 h

O DIARIO DE ALICE: O servizo postal de Alice

O servizo postal de Alice chega a calquera lugar, por moi difícil que sexa a viaxe, sempre fai entrega.

07:05 h

CHICO CHICA BOUMBA: O Alcatran

Enzo ten os pés pegados á estrada.

07:10 h

BLOQUES DE CORES: Vermello

Vermello chega a Corlandia un pouco desconcertado e empeza a descubrir este mundo novo.

07:15 h

BLOQUES DE CORES: Azul

Azul chega a Corlandia e empeza a descubrir este mundo que vai pintando coa súa cor.

07:20 h

KIWI: A limpeza

Os Kiwis deciden facer unha limpeza de primavera.

07:25 h

O CORDEIRO SHAUN: Shaun tolea

O granxeiro ten unha mesa de billar nova, pero Shaun, Bitzer e o rabaño xogan nela e estrágana accidentalmente.

07:35 h

O CORDEIRO SHAUN: Un mal vento

O granxeiro constrúe o seu propio aeroxerador para reducir a factura da luz.

07:40 h

A ABELLA MAIA -3D: Dixen eu iso?

Maia quere organizar unha festa sorpresa.

07:50 h

TELMO E TULA: Galletas de limón

Telmo e Tula preparan unhas deliciosas galletas de limón

08:00 h

TELMO E TULA: TELMO E TULA 19

08:05 h

CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 36

08:15 h

SUPER 4: A INVASIÓN VÉN DE FÓRA

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 20.05.2025

09:30 h

MONSTER ALLERGY: MONSTER ALLERGY 36

09:50 h

AQUELANDO CON CHISPA: AQUELANDO CON CHISPA II 31

Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades.

10:10 h

LUCAS ETC: LUCAS ETC 52

10:15 h

LUCAS ETC: LUCAS ETC 001

10:25 h

HEIDI: DOUS CORAZÓNS

As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó.

10:50 h

RÍAS BAIXAS

Serie. Tras o enterro de don Ramón, o notario procede á lectura da herdanza: Gonzalo herda a maior parte do patrimonio, Olaia recibe cartos, Diego unhas empresas madereiras, e dona María o pazo. Manuel, home de confianza do patriarca, herda unha batea.

11:45 h

RÍAS BAIXAS

Serie. Gonzalo ofrécelle a Gloria que se integre en Adegas Brandán, dirixidas por el, para tela preto. A fascinación por Gloria chegou ata tal punto que mesmo manda seguila para enterarse a que se dedica cando non está con el.

12:40 h

RÍAS BAIXAS

Serie. Gonzalo consegue que Gloria acepte traballar en Adegas Brandán, impedindo así que se integre en Adegas do Umia. Gloria, tras o rexeitamento inicial dos outros cooperativistas, consegue acadar o consentimento unánime. Manuel segue presionando a Gonzalo para que lle dea a Gloria o que lle pertence, pero Gonzalo sabe como facelo calar: a xeito de ameaza, sabotéalle a batea.

13:35 h

ALALÁ: Óscar Ibáñez

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.

14:10 h

ALALÁ: Uxía Senlle

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 20.05.2025

Presenta Marta Darriba.

16:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 20.05.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

16:25 h

O TEMPO

16:35 h

BONANZA: BONANZA II 168

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

17:20 h

TI VERÁS: TI VERÁS VIII 452

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:30 h

CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 20.05.2025

Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.

19:30 h

A XANTAR!

A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro. Non hai maior pracer para un galego que sentar á mesa e gozar da comida en boa compañía, pero se ademais é de balde, xa é outro cantar.

20:00 h

A XANTAR!

A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro. Non hai maior pracer para un galego que sentar á mesa e gozar da comida en boa compañía, pero se ademais é de balde, xa é outro cantar.

20:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. A actriz Lucía Veiga, que recibiu o Premio María Casares á mellor actriz protagonista na última edición, fala hoxe no 'Zigzag' do seu papel na obra ‘Iribarne’.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 20.05.2025

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 20.05.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

22:35 h

RECANTOS CON FEITIZO: RECANTOS CON FEITIZO 5

Programa que convida a descubrir os recunchos máis sorprendentes e auténticos de Galicia a través dos ollos de reporteiros e 'influencers'. Cada episodio amosa cinco lugares únicos, dende paisaxes naturais a espazos ateigados de historia e cultura. Unha viaxe chea de curiosidade, sorpresas e moitos 'selfies'.

23:20 h

HISTORIAS A PÉ DE PÁXINA: O valedor de Curros

En 1880 Curros Enríquez publica Aires da miña terra. A obra non gusta ao bispo de Ourense que a denuncia nos tribunais. O xuíz de Ourense condena a Curros a dous anos e catro meses de cárcere e imponlle unha multa de 250 pesetas. Mais o poeta non terá que cumprir condena ao ser absolto na Audiencia da Coruña grazas ao seu valedor: don Luciano Puga Blanco.

23:45 h

CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS

00:10 h

CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS

00:35 h

CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS

01:00 h

CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS

01:25 h

CABALEIROS DO ZODÍACO: HAI MOITAS LÚAS

01:50 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1715

Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

05:55 h

NO CARRO DA MÚSICA: The Rapants

Un programa feito por e para a Xeración Z, con entrevistas a artistas emerxentes galegos.

06:05 h

ACTUALIZAD@S: VIDA DE CASINO

Un tema de actualidade a través da mirada de reporteiros que estarán onde acontezan as cousas e amosaranas tal e como son, achegando a súa ollada persoal.

div-crtvg-top2

Publicidade