TVG2 - CRTVG
CHICO CHICA BOUMBA: O fútbol
Chico Chica Boumba vai aprender a xogar ao fútbol.
O DIARIO DE ALICE: O dragón ben educado
Alice é unha nena de cinco anos que fará viaxar aos máis pequenos a través do seu diario ilustrado e as conversacións coa súa mamá. No seu colorido mundo, acompáñana o seu can Adam e o seu gato Lily, a súa mellor amiga Emile e os miles de pingüíns que habitan a súa imaxinación e que a axudarán resolver calquera problema.
BLOQUES DE CORES: É UN MUNDO COLORIDO
As cores están en todas partes e poden combinarse de moitas maneiras... o mundo está cheo de cor!
BLOQUES DE CORES: Un Nadal colorido
Os bloques de cores colorean todas as cousas relacionadas co Nadal. Branco ten un papel protagonista por ser a cor da neve, pero todos os bloques van atopando o seu lugar.
KIWI: Twiki está enfermo
Twiki ten unha gripallada que non pode con ela.
O CORDEIRO SHAUN: Problema porco
O granxeiro deixa aos porcos dirixir a granxa.
Bitzer da lagoa negra: O CORDEIRO SHAUN
Bitzer cae nunha poza de lama e sae del parecendo un monstro de lodo que asusta as ovellas. Despois duns momentos de pánico, Shaun descobre que o horrible monstro é Bitzer.
A ABELLA MAIA -3D: Voo nocturno
Ao regresar dunha festa, a raíña pérdese no bosque pola noite! Maia ten que atopala e levala de volta á colmea.
TELMO E TULA: Biscoito enrolado con marmelada de amorodo
Telmo e Tula fan un biscoito enrolado con marmelada de amorodo
TELMO E TULA: Sándwich de cangrexo e batido de plátano
Desta vez é Tula quen lle explica a Telmo cales son os ingredientes necesarios para facer un sándwich de cangrexo. Tamén deciden acompañalo cun batido de plátano e marmelada de amorodos.
CONTRAPTUS: Televísame
Leonardo ten que desprazarse ata o palacio real para recoller un premio. Malia a súa ausencia por un día, deixará a casa vixiada porque inventou un aparello que lle transmitirá todo o que suceda: un televisor.
SUPER 4: VOLVEMOS EN PAZ
Alex o cabaleiro, a pirata Ruby, o axente Gene e a fada Faísca son os heroes e as heroínas de 'Super 4'. Van vivir moitas aventuras recreando o universo Playmobil.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 13.05.2025
Emisión en directo do faladoiro do programa da Radio Galega 'Galicia por Diante'.
MONSTER ALLERGY: Un reino para Bombolo
Zick é un dos poucos humanos capaz de ver o mundo invisible dos monstros. El aínda non o sabe, pero, en realidade, é un domador de monstros cuns poderes extraordinarios.
AQUELANDO CON CHISPA: Os avións de madeira
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Falamos dos primeiros avións de madeira da historia.
AQUELANDO CON CHISPA: Os avións de madeira
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Falamos dos primeiros avións de madeira da historia.
LUCAS ETC: Episodio 44
Se o pai de Lucas non paga farán del un bufón.
LUCAS ETC: Capítulo 45
Mélodie marcha á Arxentina.
HEIDI: MIAU ABANDONADO
As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó. A señorita Rottenmeier descobre a Miau e quere sacalo da casa, Heidi e Clara quedan moi tristes.
FURALLOLOS: FURALLOLOS 2
Programa que xunta famosos para que midan as súas habilidades aos mandos do xogo ancestral do futbolín. Ao tempo que se desenvolve o duelo, haberá conversas a través das que coñecelos máis fondamente. Os convidados loitarán por un premio en forma de doazón benéfica.
PADRE CASARES: De vello, gaiteiro
O primeiro edil anda máis 'ledo' do normal e busca o amor carnal da súa esposa, Moncha, con demasiada asiduidade. A primeira dama, angustiada polo atarefado da súa vida marital, pedirá consello a don Crisanto. Pero talvez o ancián sacerdote non sexa a persoa máis indicada para axudar a Moncha nesta materia. Partidario de atallar o problema de raíz, o cura aconsellará a administración de bromuro, xa que Crisanto é un clásico ata para isto.
PADRE CASARES: Á novena vai a vencida
As baixas temperaturas están a incidir na afluencia aos actos litúrxicos. Fai tanto frío na capela que ata Elsa, a pastora, sufriu un episodio de alucinacións. O problema, coma sempre, é que non hai cartos para arranxos. Aos curas non lles quedará máis remedio que acudir ao bispo Casares en busca de financiamento. Pero cal será a súa resposta? Ademais, unha vez estea arranxada a calefacción, haberá que facerlles fronte ás avultadas facturas da luz.
PADRE CASARES: A patacada de Louredo
A colecta debe continuar e os seus veciños teñen que facerse co triunfo. Non polos anciáns do asilo, que tamén, senón, sobre todo, polo seu orgullo. En momentos como este, o primeiro edil sabe que facer: apelar ao 'Espírito de Louredo'. Pero todos sabemos que, cando isto ocorre, o resultado pode resultar excesivo. Aínda que Delmiro ten solución para todo. Que sobran patacas? Pois faise unha 'patacada', con concurso incluído.
ALALÁ: O bailabén
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá presenta o Bailabén, o libro que elaboraron dous experimentados mestres de baile: Edith Cotilla e Gustavo Couto. Un libro e un dvd con fotografías e explicacións suficientes para que calquera que non saiba facer un punto poida rematar de velo e ser capaz de bailar unha muiñeira ou unha xota con máis ou menos soltura.
ALALÁ: Charanga Os Breas
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. No ALALÁ de hoxe coñecemos á charanga Os Breas, que seguen animando as festas de Muros igual que o facían cando eran nenos, nun tempo en que a penas había músicos por esta zona.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 13.05.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 13.05.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: BONANZA II 163
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS: TI VERÁS VIII 447
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
CONEXIÓN GALICIA: CONEXIÓN GALICIA 13.05.2025
Espazo de análise informativa que conta cos grandes referentes do xornalismo galego en Madrid.
A XANTAR!
A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro. Non hai maior pracer para un galego que sentar á mesa e gozar da comida en boa compañía, pero se ademais é de balde, xa é outro cantar.
A XANTAR!
A guía máis completa e variada das bicocas gastronómicas, destinos en que un bandullo cheo non é sinónimo dun peto baleiro. Non hai maior pracer para un galego que sentar á mesa e gozar da comida en boa compañía, pero se ademais é de balde, xa é outro cantar.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. Faia presenta no ‘Zigzag’ o seu novo traballo en solitario, ‘Alvela’, onde a artista revisa arrolos, romances e outras cantigas tradicionais experimentando cos sons.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 13.05.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 13.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
NON CANTO POR CANTARE
As homenaxeadas nas Letras Galegas 2025 tecen unha historia sobre a transmisión que non é só a súa, é a de moitas outras. ‘Non canto por cantare’ celebra o rexurdir da música popular nos torreiros do século XXI, conectando o pasado co presente. Microserie documental que dá a coñecer o universo da música tradicional, no pasado e no presente. Os seis capítulos amosan a evolución da música popular galega a través das mulleres que a mantiveron viva e celebra o rexurdir do folclore neste século XXI.
GARDIÁNS DA NOITE: Infracción contra o corpo
Ao ver que Tanjiro segue intentando defender a Nezuko do seu status, Rui lamenta como se converteu nunha demo e anhela aínda máis ese forte vínculo familiar que non ten.
GARDIÁNS DA NOITE: O patrón
Tanjiro é sometido a xuízo ante os piares do Corpo de Matademos e o seu patrón por levar consigo a súa irmá que é un demo.
GARDIÁNS DA NOITE: A reunión dos piares
No xuízo, o piar Sanemi tenta co seu sangue a Nezuko para demostrar que non se poden fiar dela, pero esta logra resistirse. Finalmente o patrón acepta a Tanjiro e súa irmá no corpo e mándaos á Quinta das Bolboretas para se recuperaren.
GARDIÁNS DA NOITE: Rehabilitación
Tanjiro, Inosuke e Zenitsu reciben tratamento na Quinta das Bolboretas, dirixida por Shinobu. Alí comezan un duro proceso de rehabilitación para recuperar as forzas.
GARDIÁNS DA NOITE: Kanao Tsuyuri, a sucesora
Tanjiro adestra para manter a plena concentración respirando continuamente, como Fai Kanao, o discípulo de Shinobu. Cando ven que a súa parella é capaz, Inosuke e Zenitsu comezan a pretender facer o mesmo para non quedar atrás.
GARDIÁNS DA NOITE: Unha misión nova
Muzan Kibutsuji reúne as demostracións menores e encárgalles o único supervivente. A curta Kasugai aparece na Quinta das Bolboretas cunha nova misión para Tanjiro e os seus compañeiros.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1708
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
ACTUALIZAD@S: COLLEITAS
Cada época do ano ten os seus produtos de tempada: en outono os cogomelos, en inverno os grelos, en primavera as fresas, no verán o centeo... Pero algúns están presentes no mercado todo o ano porque se cultivan en invernadoiros ou se crían no mar.