TVG2 - CRTVG
CHICO CHICA BOUMBA: O comedor
Axuda a unha rapaza a atopar os seus amigos nun comedor.
O DIARIO DE ALICE: O pingüín voador
O Señor Pingüín quere ser unha ave voadora, e Alice tenta axudalo de todas as formas posibles
BLOQUES DE CORES: Claro e escuro
Verde organiza un grande espectáculo de maxia para presentar os seus novos tons de verde.
BLOQUES DE CORES: ROSA
Rosa chega a Corlandia e empeza a facerse preguntas sobre si mesmo.
KIWI: Unha foto de recordo
Unha apracible visita ao zoolóxico remata nun caos entre monos, xirafas, elefantes e leóns.
O CORDEIRO SHAUN: Que pasa, can?
Shaun e os seus amigos saen ao ceo nun globo aerostático.
O CORDEIRO SHAUN: Kikiri-Shaun
O raposo arrebata o galo e non hai quen esperte a granxa.
A ABELLA MAIA -3D: Expreso libelula
Unha libélula perde o primeiro paquete que ten que entregar na súa vida.
TELMO E TULA: Torta de chocolate
Telmo e Tula preparan unha torta de chocolate.
TELMO E TULA: Tosta de anchoas e tomate
Telmo e Tula fan unha tosta de tomate e anchoa.
CONTRAPTUS: O duplicador
Abride ben os vosos ollos e admirade o que o espírito máis grande deste planeta creou. Aquí está o Duplicador! Multiplica a materia, nada menos.
SUPER 4: SÚPER MALOS
O FALADOIRO DE GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 09.05.2025
Emisión en directo do faladoiro do programa da Radio Galega 'Galicia por Diante'.
CAFÉ SEN GOTAS: Episodio 299
Faladoiro na biblioteca xeral do Parlamento.
MONSTER ALLERGY: O espertar do dragón
Patty y Mattie, unhas compañeiras de clase de Zick e Elena, son secuestradas por un Mugalak chamado Mug-mug.
AQUELANDO CON CHISPA: O baleiro
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Expoñemos técnicas de facer baleiro e damos todas as claves para fabricar unha bomba de baleiro.
HEIDI: QUE LONXE ESTÁN OS ALPES
As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó. Heidi explícalle a Clara como é o seu día a día na montaña.
PADRE CASARES: O admirador secreto
Parece que a pastora non impón tanto respecto ás súas alumnas, que nin se preocupan xa de apagar o móbil antes de comezar os seus exercicios. Que se chamadiñas, que se mensaxiñas e o non parar do toniño do WhatsApp.... Non son o máis apropiado nun suposto ambiente de relaxación. A Elsa non lle quedará máis remedio que requisar os teléfonos das súas alumnas. Outro que quedará sen móbil temporalmente será don Perfecto. O novo cura viu nas novas tecnoloxías a mellor das axudas para o seu labor pastoral. Axuda espiritual vía chat e consultas por mensaxería son algúns dos adiantos que ofrece aos seus fregueses. A quen non lle fai demasiada graza tanto adianto é a don Crisanto, celoso de que o seu compañeiro de traballo se lle quede coa clientela. A solución: quitarlle o móbil tamén. En ausencia de Maite, Elsa fíxose cargo dunha das súas clases de ioga. Pero parece que a pastora non impón tanto respecto ás súas alumnas, que nin se preocupan xa de apagar o móbil antes de comezar os seus exercicios.
PADRE CASARES: Que vén Horacio
Nun novo arrebato de loita pola igualdade de sexos e a conciliación da vida familiar, esíxenlle ao alcalde a construción dun parque infantil en Louredo. Unha idea sensata, viable e práctica, pero que se topa cunha inxente cantidade de problemas. Por exemplo: o concello non dispon de terreos para iso. A solución: expropiarllos á única persoa propietaria dunha leira adecuada, que non é outra que don Crisanto. Pero é de sobras sabido que Delmiro de valor non anda sobrado, polo que Maite será a encargada de trasladar a noticia. Non tardará en desatarse unha batalla campal ao máis puro estilo de Louredo. Maite promete dar moita guerra. Nun novo arrebato de loita pola igualdade de sexos e a conciliación da vida familiar, non se lle ocorrerá nada mellor que esixirlle ao seu alcalde a construción dun parque infantil en Louredo.
PADRE CASARES: O silencio das ovellas
O primeiro edil, que de prudencia non anda moi sobrado, nun ataque de anticlericalismo, gravará un 'Delmiro responde' dos que fan historia. Non faltarán insultos para os católicos de Louredo. Pero serán as mensaxes contra a integridade física de Don Crisanto as que calen, para mal, entre a súa audiencia. Os veciños de Louredo están de parabéns. Por fin, a localidade vai contar cun parque infantil como Deus manda... ou como mande o alcalde, porque a cousa non está do todo clara.
ALALÁ: Antonio Mato
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Din que o maior éxito dun compositor de música para gaita, é que ás súas pezas pasen ao pobo e as adopte como propias. Diso pode estar ben orgulloso o gaiteiro que acompañaremos esta noite na Coruña: Antonio Mato.
ALALÁ: Nela, o gaiteiro
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 09.05.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 09.05.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
BONANZA: Episodio 161
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS: TI VERÁS VIII 445
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
LARPEIROS: Bótalle sucre
Guerra entre reposteiros e reposteiras, este é o reto desta semana do programa máis larpeiro da panorama audiovisual, nunha nova edición que leva un título que fala de por si, Bótalle azucre.
LARPEIROS: Moito morro
Benigno preparará unha receita esquisita: "solombo de porco en salsa de vermú". E para conseguir os ingredientes, quen mellor que o intrépido xornalista Tomás Alonso.
LARPEIROS: O rei de espadas
Hoxe Benigno obsequiaranos coa preparación dun prato exquisito: peixe espada con arroz e navallas. Tomás Alonso, unha vez máis, irá na procura dos ingredientes necesarios para a receita.
LARPEIROS: Un novo galo no curral
No programa onde os que mandan son os "Larpeiros", nesta ocasión o mestre de todos eles, Benigno, preparará para todos os espectadores un polo que lle ensinou a facer un amigo seu do Bierzo
LARPEIROS: Un nadador de fondo
De que vai isto? Pois do peixe sapo, un peixe estupendo na cociña, de carne branca e firme que Benigno cociñará dunha maneira ben distinta: "Peixe sapo en salsa vermella".
GRANDES LUGARES: Mezonzo (Vilasantar) + Sela (Arbo)
A través dun percorrido polos seus habitantes, costumes e peculiaridades, o programa presta atención a lugares especiais, ao seu modo de vida, ás súas orixinais iniciativas, aos aspectos menos coñecidos do seu día a día e tamén ás historias máis persoais.
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 09.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
EIFFEL
Unha vez finalizada a súa colaboración na Estatua da Liberdade, o célebre enxeñeiro Gustave Eiffel está na cima do mundo. Agora, o goberno francés está a meterlle presión para deseñar algo espectacular para a Exposición Universal de París de 1889, pero Eiffel non está interesado. De súpeto, todo cambia cando no seu camiño se cruza unha misteriosa muller do seu pasado e o lume da súa paixón prohibida se reaviva, inspirándoo a cambiar a imaxe de París para sempre.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. 'Zigzag' conversa no estudio coa cantante de jazz Verónica Ferro sobre os seus traballos e proxectos inmediatos.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1704
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
ACTUALIZAD@S: Extraescolares
A vitalidade dos máis pequenos moitas veces non ten límite. O intenso horario escolar non parece suficiente para acougar as enerxías infantís, por iso cada vez son máis os rapaces que se apuntan a todo tipo de actividades extraescolares.