div-crtvg-top1

Publicidade

Menu Display

Logo de CRTVG

Camiño de navegación

Publicador de contidos

07:00 h

CHICO CHICA BOUMBA: CHICO CHICA BOUMBA 52

07:00 h

O DIARIO DE ALICE

07:15 h

KIWI: KIWI 8

07:20 h

O CORDEIRO SHAUN

07:20 h

KIWI: Un cobertor para tres

Os Kiwis van de campamento.

07:30 h

O CORDEIRO SHAUN

07:40 h

A ABELLA MAIA -3D

07:50 h

TELMO E TULA: TELMO E TULA 2

08:00 h

TELMO E TULA: TELMO E TULA 3

08:05 h

CONTRAPTUS: CONTRAPTUS 28

08:30 h

O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 08.05.2025

Emisión en directo do faladoiro do programa da Radio Galega 'Galicia por Diante'.

09:30 h

MONSTER ALLERGY: MONSTER ALLERGY 28

09:30 h

MONSTER ALLERGY: Un monstro para dous

Un criminal chamado Scabby escápase de prisión.

09:50 h

AQUELANDO CON CHISPA: AQUELANDO CON CHISPA 23

Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final.

09:55 h

AQUELANDO CON CHISPA: A solubilidade

Experimentamos diferentes técnicas para traballar coa solubilidade.

10:00 h

LUCAS ETC: LUCAS ETC 34

10:05 h

LUCAS ETC: LUCAS ETC 40

10:10 h

LUCAS ETC: Capítulo 40

No museo, Swing descobre que as rapazas fixeron unha clasificación dos máis guapos da clase e Swing, que quedou primeiro, pensa que é irresistible.

10:15 h

LUCAS ETC: LUCAS ETC 41

10:20 h

LUCAS ETC: Capítulo 41

Lucas descobre que na casa dos Goossens non se celebra o Nadal porque a nai dos rapaces morreu nesa época. Decide facer un Nadal ás agachadas para Manon, porque ela nunca viviu esta festividade.

10:25 h

HEIDI: OXALÁ FOSE QUEN DE VOLAR

As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó. Heidi comeza as clases con Clara, pero como estas son tan aburridas a pequena queda durmida.

10:50 h

PADRE CASARES: A conversión de Delmiro

Un accidente, facendo das súas, provocará no primeiro edil un cambio radical e sorprendente. O ateo máis ateo de todos os tempos sorprenderá os seus veciños cunha misteriosa conversión. Esta situación promete facer rir, e moito, á audiencia da TVG, sufrir a algún que outro personaxe e divertirse moito ao resto, por suposto, a costa do seu alcalde, xa que intentarán facer da súa vontade un pandeiro.

11:50 h

PADRE CASARES: Educando a Delmiro

Delmiro cambiou máis do que a algúns lles gustaría e as consecuencias comezan a ser preocupantes. Así o cre Moncha, a súa muller, que se viu substituída no corazón do seu home polo fervor relixioso. Delmiro quere renunciar aos placeres terrenais para ordenarse sacerdote e iso inclúe, por suposto, a renuncia aos vínculos do matrimonio. E se non hai matrimonio, non hai gananciais. É dicir, a primeira dama verase obrigada a buscar un emprego. Pero para intranquilo Perfecto, que ata sofre de urticaria desde que o fixeron partícipe, baixo segredo de confesión, das artimañas de don Crisanto. Pois el foi quen, coa axuda de Moncha, fixo crer en Deus a Delmiro e a el lle corresponderá, coa axuda de Perfecto, solucionar este entorto.

12:40 h

PADRE CASARES: Auga corrente non mata xente

Unha estraña urticaria cebarase cos veciños da parroquia, e onde apuntarán as primeiras sospeitas? Evidentemente, ao bar de Lidia e Sindo. A batalla promete ser moi cruenta...

13:35 h

ALALÁ: Pandereteiras de Utreira

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá presenta ás mozas de Ultreia, que levan dezasete anos tocando xuntas. Recollendo pezas nas catro provincias e polas zonas que comparten cultura con Galicia, como o Bierzo, Asturias, Zamora e o norte de Portugal. Pezas que despois tentan transmitir ó público con fidelidade, sen apenas arranxos. Pero cunha técnica froito de moitos anos de ensaio xuntas que fai que sexa unha verdadeira delicia escoitalas.

14:15 h

ALALÁ: Teresa dos Cucos

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. A protagonista do Alalá de hoxe é Teresa dos cucos. Teresa canta, canta todo o día. Non deixou de cantar nunca, a pesar dos traballos e dos atrancos que a vida lle ía poñendo diante. Sabe moitísimas coplas. As coplas que soaban por Malpica cando ela era unha nena e que hoxe só lembran algúns maiores tan cantaríns e festeiros coma ela.

15:00 h

GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián.

15:30 h

TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 08.05.2025

Presenta Marta Darriba.

16:15 h

TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 08.05.2025

Información deportiva a cargo de Terio Carrera.

16:25 h

O TEMPO

16:25 h

O TEMPO

Toda a información meteorolóxica e do estado da mar.

16:35 h

BONANZA: BONANZA II 160

Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.

17:25 h

TI VERÁS: TI VERÁS VIII 444

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:20 h

DESCÚBREME: Noia

"Descúbreme" é un programa documental que fai un percorrido por diferentes rutas de Galicia en coche. Cada capítulo arranca indicando a distancia en quilómetros desde as cidades de Galicia ata o inicio da ruta.

18:45 h

DESCÚBREME: Verín

"Descúbreme" é un programa documental que fai un percorrido por diferentes rutas de Galicia en coche. Cada capítulo arranca indicando a distancia en quilómetros desde as cidades de Galicia ata o inicio da ruta.

19:05 h

DESCÚBREME: O Grove

"Descúbreme" é un programa documental que fai un percorrido por diferentes rutas de Galicia en coche. Cada capítulo arranca indicando a distancia en quilómetros desde as cidades de Galicia ata o inicio da ruta.

19:35 h

DESCÚBREME: Monforte

"Descúbreme" é un programa documental que fai un percorrido por diferentes rutas de Galicia en coche. Cada capítulo arranca indicando a distancia en quilómetros desde as cidades de Galicia ata o inicio da ruta.

20:00 h

DESCÚBREME: Ribeira

"Descúbreme" é un programa documental que fai un percorrido por diferentes rutas de Galicia en coche. Cada capítulo arranca indicando a distancia en quilómetros desde as cidades de Galicia ata o inicio da ruta.

20:30 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O cultural ‘ZIGZAG’ atende a celebración, esta próxima fin de semana en Venecia, da Bienal de arquitectura na que dous galegos, Roi Salgueiro e Manuel Bouzas, teñen un protagonismo especial como comisarios do Pavillón Español. A súa proposta en Venecia pretende explorar estratexias para a descarbonización da arquitectura conxugando a ecoloxía coa economía. Unha aposta que ten moito que ver coa produción de madeira e a xestión do bosques. Ademais, visitará o estudio a creadora galega Cris Balboa quen estrea a peza ‘Roland mon amour’ no Festival Escenas do Cambio en Compostela. O colaborador de cine Jesús Silva falará da programación galega no festival Play Doc e da chegada aos cines da cinta ‘Unha quinta portuguesa’, este venres 9 de maio. O programa pechará o seu tempo cun vídeo de Ardentía.

20:55 h

A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 08.05.2025

22:00 h

TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 08.05.2025

Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.

22:30 h

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

22:30 h

CRÓNICAS DA TRANSICIÓN: CRONICAS DA TRANSICIÓN 3 - NAS VÉSPERAS DUNHA DEMOCRACIA PELEXADA

Na última etapa da ditadura agroma o sindicalismo labrego e obreiro como resistencia ás políticas opresivas. En 1968 Santiago de Compostela súmase á mobilización estudantil e nos anos setenta prodúcense importantes folgas en Vigo e Ferrol. A sociedade empeza a tomar conciencia do impacto que tivo o franquismo sobre a cultura galega, a represión lingüística e o papel da muller.

23:35 h

CRÓNICAS DA TRANSICIÓN: CRONICAS DA TRANSICIÓN 4 - A RESILIENCIA GALEGUISTA: INTERIOR E EXTERIOR

O golpe de Estado de 1936 trunca o soño galeguista, que acadara o seu cénit unhas semanas antes coa aprobación do Estatuto de Autonomía. Moitas galegas e galegos, como Castelao, tiveron que exiliarse e continuar co activismo na distancia. Outros, como Ramón Piñeiro, lideraron o galeguismo desde dentro, preservando a lingua e a cultura a través de faladoiros e de iniciativas como Editorial Galaxia.

00:40 h

ZIGZAG

Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. O dúo musical Fillas de Cassandra presenta hoxe en ‘Zigzag’ o seu novo traballo ‘Hibernarse’ e fala dos seus variados proxectos.

01:05 h

PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1703

Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.

06:05 h

ACTUALIZAD@S: VETERANOS EN FORMA

A afección ao deporte non ten idade. De feito, moitos xubilados aproveitan a súa madurez para dedicarse en corpo e alma ao exercicio físico. Algúns coa intención de participar nalgunha competición de veteranos, pero a maioría por divertirse.

div-crtvg-top2

Publicidade