TVG2 - CRTVG
CHICO CHICA BOUMBA: O autobús
Hai demasiada xente no autobús se Zoe non sobe vai chegar tarde.
O DIARIO DE ALICE: Episodio 23
Adorable, imaxinativa e algo extravagante, Alice comparte connosco a súa vida a través das conversas que ten coa súa nai Ana.
BLOQUES DE CORES: CARAPUCHIÑA VERMELLA
Púrpura decide representar ‘Carapuchiña Vermella’ e todos os bloques de cores o axudan
BLOQUES DE CORES: ESCOLLE PARELLA
Os bloques de cores van bailar á pista de baile disco de D. J. Parrulo
KIWI: O xigante
Os Kiwis queren coller mazás, pero por máis que o intentan non o conseguen.
O CORDEIRO SHAUN
Unha nave espacial absorbe a Shaun e ao gato. A mañá seguinte os dous aparecen cunha sorpresa… o gato volveuse cordeiro e o cordeiro gato.
O CORDEIRO SHAUN: Dous son compañía
Lola e Shaun, amor a primeira vista.
A ABELLA MAIA -3D: Pole multicolor
Willy participa nun concurso de bolas de pole e é axudado por un vagalume.
TELMO E TULA: Sándwich con forma de teléfono móbil
Telmo e Tula preparan sándwiches cunha forma peculiar
TELMO E TULA: Macedonia de froitos do bosque
Telmo e Tula preparan unha macedonia con froitos do bosque
TELMO E TULA: Macedonia de froitos do bosque
Telmo e Tula preparan unha macedonia con froitos do bosque
CONTRAPTUS: A porta automática
Un xenio debe facer polo menos un invento por día.
SUPER 4: MAXIA GRIS
Fourchesac apropiouse da Maxia Gris e cruza a Illa Encantada para absorver a maxia que hai alí sen control.
O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE: O FALADOIRO DO GALICIA POR DIANTE 07.05.2025
Emisión en directo do faladoiro do programa da Radio Galega 'Galicia por Diante'.
MONSTER ALLERGY: O señor das bruxas
Un novo inimigo, Moog Magister, planea levar a todos os monstros á antiga Armería.
AQUELANDO CON CHISPA: A tinta
Programa de divulgación científica orientado a público de todas as idades. Cada capítulo xira arredor dun eixe temático, que vertebra un conxunto de seccións con contidos complementarios entre si e que levan a un grande experimento final. Falamos da arte de tinguir e das diferentes formas de fabricar tinturas.
LUCAS ETC: Capítulo 38
A familia decide celebrar o aniversario de Manon nun restaurante. O malo é que a data coincide cun compromiso previo que Lucas tiña xa con seu pai.
LUCAS ETC: Capítulo 39
Toda a familia vai á praia e levan un bolso en que teñen cousas importantes.
HEIDI: UNHA VIDA NOVA
As aventuras de Heidi comezan cando a nena é enviada a vivir co seu avó, un vello malhumorado que vive nos Alpes suízos. Pouco a pouco, o vello vaise afeccionando á súa neta, que vive infinidade de aventuras cos seus amigos, Pedro e Clara, o can "Néboa", a cabriña "Folerpiña" e o seu paxariño Pichi. Un día, Heidi é levada á cidade para acompañar a Clara, unha nena minusválida moi solitaria, e a pobre Heidi vese na situación de ter que aprender a vivir usando maneiras educadas e sufrir as rifas da institutriz de Clara, a Señorita Rottenmayer. Despois de moito tempo, o pai de Clara decátase que Heidi está moi triste e déixaa regresar onde o seu avó. A Señorita Rottenmeier é moi esixente con Heidi.
PADRE CASARES: Elvis vive
O día a día parece pasarlle factura á pobre Amelia, que, alertada polos comentarios dalgúns dos seus veciños, decide realizar un cambio de imaxe. Para algúns pode ser unha decisión radical, para aqueles que non saben que en Louredo os comentarios poden ser demoledores. E cando de cambio de imaxe se trata, Puri é a indicada. Aínda que nesta ocasión o seu traballo non será suficiente para a gobernanta da casa reitoral, que busca algo máis radical. Pouco familiarizada coa cosmética e coas tendencias actuais, Amelia excederase un pouco na súa nova maquillaxe. Tanto que as comparacións non se farán esperar.
PADRE CASARES: Auga bendita
Miñato é pillado coas mans na masa unha vez máis. Puri cazouno en actitude moi pouco digna entre os froitos da súa horta. Unha escena demasiado escatolóxica para que a peiteadora considere o consumo humano da súa produción. Pero é todo un malentendido. Realmente Miñato estaba a buscar materia prima para un novo negocio: a produción e venda de augardente caseira. O que non sabe o chapuzas é que Elsa, con quen Puri comparte vivenda, ten unha receita infalible. Unha apócema secreta que, ben comercializada, podería facelos ricos a todos. Só require de tres elementos imprescindibles: materia prima, Elsa e discreción. Pero, tratándose de Louredo, axiña toda a vila tratará de participar do próspero negocio, para máis inri ilegal.
PADRE CASARES: Adeus, Louredo
Don Rodrigo colga a sotana. A súa decisión esperta en Horacio Casares recordos aparentemente superados. Don Horacio recíbeo no seu despacho do bispado para ultimar os detalles da súa despedida. Pero aínda quedan unhas cantas cousas por facer e a máis difícil vai ser comunicar a súa decisión aos veciños de Louredo e, moi especialmente, a don Crisanto. Porén, cometerá o erro de falar en primeiro lugar con Delmiro. Unha indiscreción de Moncha fará que a noticia corra como a pólvora por Santo Antonio de Louredo, cuxos veciños non tardarán en facer o que adoitan en ocasións como esta: buscar culpables entre as súas filas, enredar e xerar conflitos. Neste caso, a elixida será Maite, sedutora oficial da comarca, e os argumentos, tan sólidos, que farán crer á propia funcionaria na súa culpabilidade.
ALALÁ: Noitarega
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá viaxa ata Vigo para coñecer ó grupo 'Noitarega'.
ALALÁ: O GAITEIRO DE CASTELO: RUBEN GONZALEZ
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alá entrevista ao Gaiteiro de Castelo. Ten 85 anos, é un home moi querido, con moito enxeño, xeneroso e que loitou moito por conseguir o seu ansiado soño: ser gaiteir.
GALICIA NOTICIAS: GALICIA NOTICIAS MAÑÁ
Presenta Raúl Quián.
TELEXORNAL MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL MEDIODIA REDIFUSION LINGUAXE SIGNOS 07.05.2025
Presenta Marta Darriba.
TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL DEPORTES MEDIODÍA LINGUAXE SIGNOS 07.05.2025
Información deportiva a cargo de Terio Carrera.
O TEMPO
O TEMPO
BONANZA: BONANZA II 159
Serie. No estado de Nevada, ao sur de Virxinia City, entre Reno e máis aló de Carson City, esténdese os máis de 1.500 km2 do rancho A Ponderosa, propiedade dos Cartwright: Ben, o pai e os seus tres fillos Adam, Hoss, e o pequeno Joe.
TI VERÁS: TI VERÁS VIII 443
Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
DE VIAXE CO PAPA FRANCISCO
A TVG achega o documental ‘De viaxe co Papa Francisco’, un retrato intimo do pontífice, a través do seu labor polo mundo e o seu compromiso cos pobos máis desfavorecidos.
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 26
Espazo que porá a proba os coñecementos de tres concursantes sobre Galicia e a nosa cultura. Duarte Galbán presenta este novo ‘quiz show’, apoiado por Mari Carmen, unha intelixencia artificial que selecciona preguntas e comarcas ao azar.
NO FOCO: Oficios artesáns
Reportaxes de actualidade.
ZIGZAG
Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado de luns a venres por Pilar G. Rego e por María Solar os domingos. Os espectadores achegaranse á obra ‘As marxes’, de Mario Cortizo, na que cobran as voces das cantareiras gravadas pola etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth hai 45 anos e que se presentará esta semana no RESIS, o Festival de Música Contemporánea da Coruña. No estudio, contarase este mércores con Kirenia Martínez Acosta, directora do festival ‘Escenas do cambio’, que arranca este xoves 8 de maio en Santiago de Compostela. Ademais, o colaborador Mario César Vila falará das últimas escavacións na Illa de Tambo e da Domus Mitreo de Lugo, recentemente incorporada á rede museística da Xunta de Galicia.
A CRÓNICA: A CRÓNICA (DIARIA) 07.05.2025
TELEXORNAL SERÁN LINGUA DE SIGNOS: TELEXORNAL SERÁN REDIFUSIÓN LINGUAXE SIGNOS 07.05.2025
Presenta Pablo Muñoz. Mercedes Seixo encárgase da información deportiva.
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR SERÁN: INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN
ALALÁ: Dez anos
A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En 'Alalá' non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional. Os protagonistas do 'Alalá' son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá celebra os seus dez anos de emisións.
DETECTIVE CONAN, O: Episodio 771
Adaptación do cómic manga do mesmo nome, que narra as aventuras de Heiji máis coñecido como o detective Conan, un adolescente de Osaka.
DETECTIVE CONAN, O: Episodio 772
Adaptación do cómic manga do mesmo nome, que narra as aventuras de Heiji máis coñecido como o detective Conan, un adolescente de Osaka. Kazuha Toyama é a súa mellor amiga e está namorado secretamente dela, aínda que lle custe admitilo. Heiji é extrovertido, dinámico e moi amigable. Dispón dunha mente privilexiada e ningún delincuente pode escapar da súa perspicacia.
DETECTIVE CONAN, O: Shinichi Kudo's Aquarium Case (Part 2)
Adaptación do cómic manga do mesmo nome, que narra as aventuras de Heiji máis coñecido como o detective Conan, un adolescente de Osaka.
DETECTIVE CONAN, O: Episodio 774
Adaptación do cómic manga do mesmo nome, que narra as aventuras de Heiji máis coñecido como o detective Conan, un adolescente de Osaka. Kazuha Toyama é a súa mellor amiga e está namorado secretamente dela, aínda que lle custe admitilo. Heiji é extrovertido, dinámico e moi amigable. Dispón dunha mente privilexiada e ningún delincuente pode escapar da súa perspicacia.
DETECTIVE CONAN, O: Episodio 775
Adaptación do cómic manga do mesmo nome, que narra as aventuras de Heiji máis coñecido como o detective Conan, un adolescente de Osaka. Kazuha Toyama é a súa mellor amiga e está namorado secretamente dela, aínda que lle custe admitilo. Heiji é extrovertido, dinámico e moi amigable. Dispón dunha mente privilexiada e ningún delincuente pode escapar da súa perspicacia.
PENSANDO EN TI: PENSANDO EN TI 1702
Programa de madrugada da Radio Galega, dirixido e presentado por Raquel Rosa, que tamén se emite cada noite en directo pola G2. 'Pensando en ti' cédelle o protagonismo absoluto á participación dos oíntes, que comparten en vivo e a través do teléfono, nun ton distendido, experiencias persoais e opinións sobre todo tipo de temas.
ACTUALIZAD@S: TEMPLOS DE RUXERRUXE
Os salóns de peiteado e as barberías de aldea pódense considerar os derradeiros refuxios da rexouba local, o lugar onde os veciños se enteran das últimas novidades. Son negocios do rural nos que aínda se palpa a sensación de "pertenza a unha comunidade".